Tagxustiza

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

O trato da dependencia é só a punta do iceberg

Sen dúbida algunha, un dos grandes problemas das sociedades “avanzadas” é o das persoas maiores e dependentes. Unha responsabilidade que no noso país recae en boa medida na familia, e sobre todo nas mulleres. E isto significa en moitos casos unha hipoteca por anos, tanto do tempo de lecer como daquel necesario para manter relacións con persoas da súa mesma idade ou co resto da familia. Semella unha sobrecarga inxusta, ligada a situacións de idade, enfermidade, incapacidade e aos recursos económicos que posúan os/as directamente afectados e a familia. Na práctica, castíganse dobremente as clases populares.

Continue reading

A xustiza en mans de “seres superiores”?

Resulta evidente que o poder económico é o determinante. A Bolsa condiciona máis o poder executivo e lexislativo que as mobilizacións e os votos das clases populares. A primeira vota cada día, o povo só de cando en vez. Na loita de clases vai gañando o capital. Daquela que só se produzan algúns avances progresistas nuns poucos temas sociais, como nos dereitos individuais e de xénero. A cuestión é, se nestes casos, pesa máis a xustiza ou o feito de que non afectan a taxa de lucro, e se pretenden utilizar para fragmentar a oposición ao sistema? Se cadra é por ambas as razóns. Iso non lle resta valor e importancia a estes avances en aspectos inxustamente relegados ou non recoñecidos. Mais o que realmente chama a atención nesta etapa, ademais do aumento da explotación capitalista, é o crecemento da desigualdade entre clases e territorios, e como medrou a opresión nacional, ben sexa esmagando dereitos soberanos ou non recoñecéndoos. Outro tanto se pode dicir da acelerada destrución da maior parte do mundo rural, aquel tradicionalmente ligado á produción local, como consecuencia da globalización.

Continue reading

Distribución da renda e pensións

Unha boa parte das familias galegas están integradas por pensionistas. E ademais, deles dependen para sobrevivir moitas persoas que se atopan no desemprego (un 40% destes últimos leva máis de dous anos no paro). Polo tanto, as pensións son unha cuestión importante, máxime nun país avellentado como Galiza. Daquela que as políticas regresivas que aplica o Goberno teñen un efecto moi grave, que vai en aumento co paso dos anos. Teñamos en consideración que os crecementos serán inferiores ao medre do IPC, neste e nos próximos anos, segundo os analistas. Por outra banda as pensións galegas xa son das máis baixas do Estado español. Só nos últimos seis anos, perderon un sete por cento do seu poder adquisitivo.

Continue reading

Xudicializar un conflito político

O momento actual destaca polos pronunciamentos públicos do poder xudicial advertindo ao pobo catalán que non pode participar no referendo por ser ilegal. Acusacións de sedición pola fiscalía, multas exemplarizantes por parte do Tribunal Constitucional. Mentres o Goberno envía máis de catro mil policías, centos de gardas civís, e efectivos de intelixencia que non se mencionan. Choca que non exista a mesma dilixencia cando se trata da corrupción política e delitos cometidos por grupos empresariais. O Goberno e os partidos do sistema negan que isto sexa un “estado de sitio”, malia a ocupación do espazo público e limitación das liberdades. O uso da forza ten todas as características deste tipo de actuación. Só faltan os tanques nas rúas, pola evidente razón de que non son necesarios.

Continue reading

Igualdade de oportunidades? De que estamos a falar?

De vagar, tanto os medios de comunicación hexemónicos, como unha parte importante dos alternativos, comezan a se parecer como dúas pingas de auga, no referente á relevancia que lle dán á explotación laboral. Todos eles, de cando en vez, analizan como se perde poder adquisitivo e medra a desigualdade nos salarios, como aumentan os contratos temporais e a tempo parcial, e polo tanto a precariedade. Mesmo destacan que o desemprego se volve estrutural (seica debido á robótica e á globalización, que converten nun proceso “natural”, á marxe das vontades dos grupos de poder). Mais en ambos os dous tipos de medios, e partindo dun enfoque aparentemente contraposto, ninguén chega a conclusións económicas, sociais e políticas que vaian ao fundo do problema e propoñan alternativas que repartan con xustiza o traballo e os ingresos.

Continue reading

Natalidade e xustiza social

Unha cousa é poñer en práctica medidas que solucionen os problemas, e outra moi distinta, ter unha mensaxe e realizar accións que non fan máis que paliar un chisquiño os efectos máis regresivos. Evidentemente, estas solucións demagóxicas, nas que o importante é a propaganda para saír do paso, son habituais cando a resolución do problema implicaría confrontar cos intereses das clases dominantes. Este é o caso do retroceso demográfico e das pensións na Galiza, xa que ambas cuestións dependen das condicións laborais, e moi especialmente do reparto do traballo e dos ingresos.

Continue reading