Tagxubilacion

As pensións, máis que unha protesta puntual

As mobilizacións dos últimos meses en relación coa perda de valor adquisitivo e o futuro das pensións reflicten que este é unha das cuestións que máis preocupan as clases populares. E non só a quen perciben algún tipo de pensión pública, senón tamén a aqueles que deberían recibilas no futuro.Lembremos que nunha gran parte das familias, as pensións serven para axudar a fillos/as e netos/as, ou pola contra, estes axudan a pais e nais, avós e avoas. Malia todos os intentos de fragmentar a sociedade, moitas familias socializan os ingresos, e son o primeiro e máis importante chanzo de solidariedade.

Continue reading

Un debate que vai alén das pensións

Resulta difícil de entender que, coas eleccións municipais tan próximas, o PP non fixese un intento serio de neutralizar as protestas dos/as pensionistas. Por exemplo, comprometéndose Rajoy no debate parlamentar a un aumento das pensións igual ao IPC, e e algo maior nas que son máis baixas. Non foi así e reafirmouse nos seus argumentos tradicionais. Sobre todo en que na creación de máis emprego está a solución.

Continue reading

Despois dos salarios tócalle ás pensións

A Ministra de Emprego e Seguridade Social Fátima Báñez propón que o período de tempo pra o cálculo das pensións de xubilación atinxa toda a vida laboral, e que o/a afectado/a elixa aqueles anos que o beneficien. O período sobre o que se calculan hoxe, é de 21 anos. No 2022 aumentará a 25. Semella unha proposta positiva, máxime cando hai tanta precariedade e déronse tantos despedimentos de persoas de máis de 50 anos. Mais ten trampa, e beneficiará a unha minoría, xa que deberán ter máis de 38 anos cotizados, e só poderán seleccionar cinco. Ademais, non se pode ignorar que as pensións aumentaron un 0,25% cando a inflación o fixo en 1,6% no ano 2016 e 1,2% no 2017. Dende o ano 2013, perderon 3,5 puntos de capacidade adquisitiva.

Continue reading

Distribución da renda e pensións

Unha boa parte das familias galegas están integradas por pensionistas. E ademais, deles dependen para sobrevivir moitas persoas que se atopan no desemprego (un 40% destes últimos leva máis de dous anos no paro). Polo tanto, as pensións son unha cuestión importante, máxime nun país avellentado como Galiza. Daquela que as políticas regresivas que aplica o Goberno teñen un efecto moi grave, que vai en aumento co paso dos anos. Teñamos en consideración que os crecementos serán inferiores ao medre do IPC, neste e nos próximos anos, segundo os analistas. Por outra banda as pensións galegas xa son das máis baixas do Estado español. Só nos últimos seis anos, perderon un sete por cento do seu poder adquisitivo.

Continue reading

Reflexións arredor do debate das pensións

OLYMPUS DIGITAL CAMERARematar coas pensións públicas, ou cando menos deixalas reducidas a un carácter asistencial, é un dos obxectivos de sempre do capital, xa que estas significan un negocio seguro, máxime tendo en conta o avellentamento da povoación e a crise sistémica. Daquela que os medios de comunicación de masas aproveiten toda circunstancia que coiden propicia, para bater contra a oposición das clases populares ás medidas de privatización. Este é un deses momentos, tanto pola esixencia da UE de diminuír o déficit público, en 5.500 millóns de euros, como porque os ingresos no sistema de pensións son inferiores aos gastos (en 15 mil millóns de euros) e o Fundo de Reserva está a piques de se esgotar. Durante o seu mandato, Rajoy utilizou 41.600 millóns de euros deste Fundo, un 4% do PIB. E, mesmo sabendo da gravidade da situación, Fátima Báñez acaba de anunciar que está en estudo ampliar a tarifa plana dos autónomos; algo que afecta negativamente os ingresos da Seguridade Social. Hoxe, por exemplo, os novos autónomos pagan 50 euros mensuais durante os primeiros seis meses da súa actividade, que se poden prorrogar durante outros dous tramos de idéntico tempo con aumentos progresivos da cota, moi por debaixo da tarifa mínima de 267 euros. Para alén de que esta subvención sexa correcta ou non, o lóxico é que se pagase con cargo aos orzamentos do Estado, xa que se trata de gastos para a promoción do emprego. Outro tanto pódese dicir das subvencións á contratación, á conversión de contratos fixos en indefinidos, etc.

Continue reading

As pensións a debate

imaxe-phpO sistema de pensións mantén un déficit importante, duns 15 mil millóns euros/ano, e o Fundo de Reserva perdeu durante a lexislatura de Rajoy case tres veces esa cantidade (41.600 millóns). A patronal e o Goberno aproveitan a conxuntura para propoñer unha nova reforma. Segundo eles, esta deberíase tratar de urxencia no “Pacto de Toledo”, para lle dar unha escenificación de consenso. Axúdalles nesta estratexia a esixencia da Unión Europea dun novo axuste nas contas públicas de 5.500 millóns de euros, para cumprir co déficit pactado, e unha actitude desmobilizadora por parte dos sindicatos e dos partidos da chamada esquerda (sistémica).

Continue reading

Traballar despois de xubilado/a

2011 01 14 vigo persoas maiores P1090450 (3)Semella que á ministra Fátima Báñez, ou asesores, ocorréuselle a idea de que os xubilados/as podan compatibilizar esta situación cun traballo remunerado, mantendo íntegro o ingreso da pensión, pensando que este será o único xeito que teñan de sobrevivir a medida que se vaian sumando recortes nesta prestación pública. Porque dende a última reforma, feita polo seu partido, as pensións foron perdendo poder adquisitivo, xa que os aumentos foron inferiores ao IPC. As causas son evidentes: precariedade laboral, salarios máis baixos, traballo en negro, e subvencións nas cotas da Seguridade Social aos empresarios. Por se non abondase, a taxa de desemprego esta rente do 20%, nun mercado laboral mundializado coa finalidade de frear calquera reivindicación laboral. Ademais, o traballo dos pensionistas agravaría a cuestión do paro.

Continue reading