Tagxornadas loita

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

A oposición ao pacto social deu pulo ao sindicalismo nacionalista

As folgas de Ferrol en marzo, e de Vigo en setembro do 72, a ruptura nesta última de Organización Obreira con Comisións Obreiras, por mor do “Pacto pola Liberdade”, o sentimento de país nunha boa parte do movemento obreiro, e o éxito da creación de Estudantes Revolucionarios Galegos, animaron a dar vida na primavera de 1973 á Fronte Obreira da Unión do Povo Galego, e posteriormente, aos xermolos sindicais. En 1974, fundábase a Unión de Traballadores do Ensino de Galiza, e en maio de 1975, o Sindicato Obreiro Galego.

Continue reading