Tagugt

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Pacto da Moncloa, Constitución e autonomías

Nesta conxuntura acumúlanse tres crises: a económico-social, a democrática, e a nacional. Polas contradicións que estas xeran, o chamado por algúns “Réxime do 78” perdeu a capacidade que tiña pra manter sen contratempos a viabilidade dos intereses das clases dominantes. En calquera caso, pra alén das valoracións que fagamos no específico, sobre cales deben ser as saídas ao conflito catalán, este amosa o esgotamento dos acordos de governabilidade de hai catro décadas. Están en cuestión o marco económico-social, as regras democráticas, e o papel das nacionalidades. Lembremos que unha parte do nacionalismo xa considerou daquela o Estado das Autonomías como unha simple e insuficiente descentralización administrativa. As súas eivas agraváronse coa LOAPA primeiro, e coa entrega de competencias á UE despois.

Continue reading

Conflitividade laboral, loita e traizóns

Dicíame un dirixente sindical do transporte da CIG, que hai seis anos que non se negocia o convenio do sector da provincia de Pontevedra. Como consecuencia, un condutor/ra gaña 900 euros brutos ao mes. Ese mesmo día, un condutor de camións de mercadorías comentábame nun bar do barrio, que o seu salario era algo superior polos pluses de perigosidade. Porén, non deixaba de ser insuficiente para facer fronte aos gastos. Mais onde ía ir el con máis de 55 anos? Deseguido preguntábase onde estaban os sindicatos. Eu respondíalle que non todos eran iguais. E el recoñecía que moitos traballadores e traballadoras non denunciaban e aceptaban condicións laborais indignas, por medo a non conseguir emprego ou temor a perdelo, freando así a acción sindical.

Continue reading

A unidade, para que e con quen?

Dáse a coincidencia de que as tres grandes centrais sindicais de Galiza están nestes días realizando congresos, nos que renovan en boa medida as súas direccións. Así e todo, o que máis chama a atención é que dende as fileiras de CC.OO. e UGT, nas roldas de prensa se poña o acento na cuestión da unidade sindical, en claro ton de reproche á CIG. Lembremos que entre as dúas centrais estatais existe dende hai décadas unha alianza no fundamental, para alén dalgunhas diverxencias conxunturais ou circunscritas ao ámbito das empresas ou ao sectorial.

Continue reading

Todos por Galiza!!!

Esta foi a consigna coa que hai vinte e cinco anos, o 2 de abril de 1992, as centrais obreiras e labregas do país convocaron unha folga xeral nacional. No Eixo, voceiro da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), do mes de febreiro, facíase mención ás razóns da convocatoria: Nos últimos anos a situación socioeconómica de Galiza foise agravando: medre do paro rexistrado (un 16%), perda de miles de postos de traballo na industria (peche de Motores Deutz, Exminesa, Pebsa, Citroen Ourense; perda de emprego en Bazán, Astano, Barreras, etc.; difícil situación de Santa Bárbara, Coalsa, Refrey, Álvarez …), salarios máis baixos que no resto do Estado, e un aumento progresivo da precariedade laboral (sobre un 30% de eventuais)”.

Continue reading

Un debate histórico, ruptura ou transición

Sen dúbida 2016 é un ano ateigado de novas que dan para facer unha extensa reflexión e un bo artigo. Neste curto período podemos destacar: a pequena guerra mundial en Siria, que a esta altura xa ten gañadores, e non precisamente o imperialismo hexemónico; o retroceso dos governos progresistas na América Latina; as convulsións internas do capitalismo que marcan un cambio de tendencia no proceso de globalización (Brexit, triunfo de Trump, resultado do referendo en Italia); os múltiples indicios de que a crise volve; e uns resultados nas eleccións galegas que dan unha nova oportunidade ao BNG. Agora ben, como coido que estes temas foron abondo tratados e seguirémolos debatendo o vindeiro ano, permítame o lector/a que retroceda catro décadas e lembre algúns acontecementos na Galiza daquel tempo. 1976 foi, xunto con 1977, un ano chave, de conxuntura. Entendendo como tal un período de forte disputa no que estaba morrendo unha etapa e nacendo outra que responde mellor á correlación de forzas do momento, polo que pode implicar tanto un avance como un recuar social e democrático. Do pasado sempre se aprende, especialmente cando se refuga reproducir mecanicamente as alternativas para enriquecer a análise.

Continue reading

Crise (axuste laboral e social) e representación sindical

11-06-16 mani e asemblea 001qA crise iniciada no ano 2008 tivo un impacto importante nas condicións laborais, mesmo na mobilización sindical, e por suposto na representación sindical nas empresas. Sirva como exemplo un dado: nas eleccións sindicais do período 2003-2007 elixíronse na Galiza 19.680 delegados/as, no último proceso electoral 2011-2015 foron 15.423, ou sexa: un 21,6 % menos. Un reflexo da morea de peches de empresas, regulacións, e do medre da precariedade nas relacións laborais, que en moitos casos condicionan a elección de delegados/as polo aumento da presión patronal (non poucas veces represión, con ameazas, acoso e despedimentos).

Continue reading