Tagsolidariedade

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

O trato da dependencia é só a punta do iceberg

Sen dúbida algunha, un dos grandes problemas das sociedades “avanzadas” é o das persoas maiores e dependentes. Unha responsabilidade que no noso país recae en boa medida na familia, e sobre todo nas mulleres. E isto significa en moitos casos unha hipoteca por anos, tanto do tempo de lecer como daquel necesario para manter relacións con persoas da súa mesma idade ou co resto da familia. Semella unha sobrecarga inxusta, ligada a situacións de idade, enfermidade, incapacidade e aos recursos económicos que posúan os/as directamente afectados e a familia. Na práctica, castíganse dobremente as clases populares.

Continue reading

Falsas saídas

Rajoy conseguiu a través da aplicación do 155, e sen a esperada confrontación na rúa coa base do independentismo, recuperar o control das institucións catalás. Sendo isto un éxito diante do seu electorado e dun amplo sector da sociedade do Estado español (EE), que rexeitan calquera cesión de capacidade de decisión ás nacionalidades históricas, non é menos certo que se trata dunha solución con moi pouco percorrido. Os motivos disto: a diferente conformación partidaria no Estado español e en Cataluña; o auxe da centralización e concentración da riqueza e do poder; os problemas ecolóxicos e a depredación de recursos; e a aguda confrontación en todos os ámbitos entre as grandes potencias.

Continue reading

Os incendios como síntoma

A gravidade dos incendios producidos a pasada fin de semana, pon de manifesto comportamentos delituosos, así como responsabilidades políticas. Asemade, verificouse que a solidariedade é un valor que non se perdeu na nosa sociedade. Os lumes abrangueron practicamente toda Galiza, con perdas humanas, danos en casas e edificacións, explotacións agrícolas, no espazo forestal e na paisaxe. Días antes xa ardera moito territorio, por exemplo na provincia de Ourense, alertando de que unha variación meteorolóxica adversa podía crear un desastre.

Continue reading

Fidel Castro: soberanía e socialismo

O pasado mes de novembro de 2016, morría aos 90 anos Fidel Castro, o líder da Revolución Cubana. Foi sen dúbida unha das figuras máis relevantes no ámbito político mundial desde que o Exército Rebelde entrou na Habana. Sería apoiado nesta conquista final pola folga xeral revolucionaria entre o 2 e 6 de xaneiro de 1959, conseguindo que o día 8 se implantase un Governo popular. A biografía de Fidel Castro Ruz está indisolubelmente ligada á defensa da independencia nacional de Cuba, secularmente ameazada polo imperialismo estadounidense, á loita contra a ditadura de Batista, e á construción dunha sociedade xusta e solidaria.

Continue reading

Solucións artificiosas

A iniciativa lexislativa popular sobre unha renda mínima garantida, presentada por CC.OO. e UGT, foi admitida a trámite no Congreso do Estado español, e contou co apoio de todos os partidos, agás o PP e Ciudadanos (non estaban presentes os partidos cataláns). Esta iniciativa pretende garantir unha renda a todas as familias que ingresen menos de 5.387 euros ao ano. Estas centrais españolas calculan que esta axuda indefinida deberíaselle conceder a 2.402.695 persoas, das que 105.187 na Galiza (un 4,37%). Outras das condicións son: que residan de forma ininterrompida durante os seis meses anteriores á solicitude no Estado español, ter entre 18 e 65 anos de idade, non percibir prestacións por desemprego, e atoparse inscrito cando menos durante os últimos doce meses como demandante de emprego.

Continue reading

Refuxiados, vítimas por partida dobre

refuxiadosDetrás do tema dos refuxiados está sobre todo o drama da guerra, do medo, ou da procura de solucións solidarias que permitan saír axiña dunha traxedia que semella non ter final. Alenta este estado de ánimo o alongamento do conflito e a importancia dos actores externos presentes, as masacres dos grupos terroristas, a falta de servizos básicos e a precariedade nos campamentos dos países fronteirizos, as dificultades en Siria, mesmo nas zonas que non están en guerra. Tamén ten o seu peso a oferta por parte de Alemaña e outros estados de saídas humanitarias, e a actitude simplista de partidos, institucións e ONGs que están a pensar nos réditos inmediatos pola “xenerosidade” amosada, máis que nas xustiza dos criterios ou nas consecuencias destas medidas para o futuro de Siria. Non hai dúbida ¡son vítimas!

Continue reading