Tagsoberania

Que é, e para que serve a unidade de clase?

Todas as enquisas reflicten que a maior inquedanza da xente está relacionada co traballo, ben sexa en referencia ás condicións laborais como ao desemprego. É lóxico, porque o traballo segue sendo un aspecto central na vida das persoas, malia os avances tecnolóxicos e o mundo virtual. E sendo certo que hoxe, con menos man de obra e horas traballadas, conséguese máis produción de bens que antes da crise, tamén é verdade que apareceron ou se ampliaron actividades que absorben moito emprego. Esta dualidade non se resolveu en favor da clase traballadora. Polo que, dunha banda mantense moi alta a reserva de man de obra (desemprego, inmigración), e pola outra, a maioría das persoas asalariadas realizan horas extras a esgalla polas que non se cotiza e moitas delas tampouco se pagan. Forma parte dunha economía en precario, e en boa medida en negro, que está en ascenso, que conta coa complicidade dun Governo que está ao servizo exclusivo das clases dominantes.

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading

Cataluña como escusa

Todos os partidos do arco parlamentar criticaron o discurso de fin de ano do Presidente da Xunta Núñez Feijóo, que destacou polo seu esaxerado optimismo no económico e polo ataque a Cataluña. Sen dúbida esta mensaxe era esperada polos sectores máis reaccionarios da sociedade galega, e recolleu unha morea de aplausos na España profunda. Semella que a súa perspectiva estivese condicionada por ter un papel en Madrid, que ofrecer alternativas pra Galiza. Por exemplo, contra alta taxa de desemprego, a emigración da mocidade, os baixos salarios e a precariedade, o reto das pensións e da dependencia, a desfeita do rural e os atrancos do sector pesqueiro, etc. E como síntese de todas estas eivas e atrancos: a caída demográfica constante.

Continue reading

A análise estrutural-funcionalista fúrta a perspectiva de cambio

Unha grande parte das análises que se fan, especialmente nos medios, mais tamén dende os partidos e organizacións sociais, reproducen os métodos e obxectivos das clases hexemónicas. Reducen o enfoque ás contradicións concretas, e en moi raras oportunidades contextualizan o problema. Esta visión reducionista e deformada das contradicións é un atranco para a comprensión da cuestión nacional, como un problema que atinxe todos os aspectos da vida. Non se relacionan as mudanzas na economía ou o retroceso dos sectores produtivos (por exemplo na Galiza o agro-gandeiro, pesca, naval, etc.), co cultural e o lingüístico, nen co contexto exterior, nen co papel que se lle impón a cada país na cadea de valor. E que este papel está en función do grao de soberanía nacional e do conflito de intereses coas corporacións das potencias hexemónicas ou/e intermedias.

Continue reading

Construír o cambio no imaxinario colectivo

A metade de todas as mobilizacións que se realizan na Galiza, e as máis numerosas en asistencia, teñen unha relación directa co mundo do traballo. Son a primeira preocupación para as clases populares, aínda que despois perda dimensión nos medios, e nos programas dos partidos políticos, mesmo os de esquerda, a diferenza de hai algunhas décadas. É unha consecuencia máis da caída do “socialismo real” e da hexemonía da globalización neoliberal, do capitalismo. Daquela que unha gran parte da clase traballadora, desempregada e precarizada, e con salarios ínfimos, que no esencial realiza traballos manuais, non milite politicamente, e opte pola abstención nos procesos electorais, en prexuízo das forzas antisistémicas.

Continue reading

Falsas saídas

Rajoy conseguiu a través da aplicación do 155, e sen a esperada confrontación na rúa coa base do independentismo, recuperar o control das institucións catalás. Sendo isto un éxito diante do seu electorado e dun amplo sector da sociedade do Estado español (EE), que rexeitan calquera cesión de capacidade de decisión ás nacionalidades históricas, non é menos certo que se trata dunha solución con moi pouco percorrido. Os motivos disto: a diferente conformación partidaria no Estado español e en Cataluña; o auxe da centralización e concentración da riqueza e do poder; os problemas ecolóxicos e a depredación de recursos; e a aguda confrontación en todos os ámbitos entre as grandes potencias.

Continue reading