Tagslg

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Todos por Galiza!!!

Esta foi a consigna coa que hai vinte e cinco anos, o 2 de abril de 1992, as centrais obreiras e labregas do país convocaron unha folga xeral nacional. No Eixo, voceiro da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), do mes de febreiro, facíase mención ás razóns da convocatoria: Nos últimos anos a situación socioeconómica de Galiza foise agravando: medre do paro rexistrado (un 16%), perda de miles de postos de traballo na industria (peche de Motores Deutz, Exminesa, Pebsa, Citroen Ourense; perda de emprego en Bazán, Astano, Barreras, etc.; difícil situación de Santa Bárbara, Coalsa, Refrey, Álvarez …), salarios máis baixos que no resto do Estado, e un aumento progresivo da precariedade laboral (sobre un 30% de eventuais)”.

Continue reading

Non Xove Nuclear! Cando Fenosa recuou ante o povo

O 10 de abril de 1977, un domingo, hai agora corenta anos, realizouse a marcha contra o proxecto de Fenosa de construír unha central nuclear en Regodela, no concello de Xove, na Mariña luguesa. A convocatoria da mobilización foi asumida polas Comisións Labregas (que despois se denominarían Sindicato Labrego Galego). A marcha contou asemade co apoio activo dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), así como do conxunto do “movemento nacional popular galego (MNPG)”, ou sexa: ANPG, ERGA, SOG, etc.

Continue reading

A maior manifestación do campesiñado galego

Hai vinte cinco anos que se realizou na Coruña, o 28 de febreiro de 1987, a que foi a manifestación máis grande do sector agrario galego, cando menos numericamente falando, xa que unhas 100.000 persoas percorreron as rúas da cidade. Evidentemente non eran só labregos, xa que había persoas que se dedicaban a outras actividades se solidarizaron, porén, como destaca o semanario A Nosa Terra, neste caso tiña o valor engadido de reunir xente que se desprazou desde aldeas e lugares moi afastados.
Continue reading

O profundo laio do rural

Sen lugar a dúbidas o sector máis dinámico da actividade agraria no noso país está hoxe relacionado coa produción de leite, e nun segundo plano coa explotación de carne, viño, madeira… Adicanse a esta actividade unhas 13.000 explotacións gandeiras que producen 1/3 do leite do Estado español. É un sector onde todo o fixo a iniciativa privada, mediante créditos que agora poden seren un drama pra unha grande parte das familias entrampadas pola queda dos prezos do leite a niveis que están descapitalizando ás explotacións moi rapidamente. Os máis afectados son os máis mozos, que apostaron pola modernización das granxas, pola calidade da produción, e investiron todo o capital que tiñan e pediron créditos pra facer competitivas “a nivel europeo” as explotacións de leite. Houbo anos con prezos baixos e outros millores, porén desde fai un ano comezaron a caer ate niveis nunca vistos, nalgúns casos mesmo á metade, polo que xa non cubren os gastos da produción.
Continue reading

Prezo mínimo no leite

Todo indica que o acordo asinado por industrias e produtores de leite, que garante un contrato homologado, é un avanzo a respeito da situación anterior. Acadouse por mor da mobilización dos labregos e do esforzo da Consellaría de Medio Rural, dado as reservas da industria. Nunha aproximación ao tema esta podería ser a análise máis acaída, porén cando sabemos que non o vai asinar o sindicato agrario que máis teimudamente defendeu o contrato, e que ten unha longa tradición de loita, non podemos menos que nos preguntar cales son os motivos. O argumento do SLG é que o acordo vale de ben pouco se non se fixa un prezo mínimo.
Continue reading