Tagservizos publicos

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

O sindicalismo dá alternativas

Debateuse no Parlamento Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) proposta pola CIG, que consta de 100 medidas para desenvolver a economía e crear emprego, así como mellorar as condicións laborais e garantir a plena democracia. Deste xeito, o sindicalismo nacionalista quere rexeitar de modo práctico as acusacións de que a clase traballadora galega carece de alternativas propias para este momento, e que calquera solución depende en exclusiva dos empresarios/as.
Continue reading

Servizos públicos e envellecemento demográfico

A Xunta de Galiza láiase porque a grave situación demográfica do noso país pode obrigar a que se reduzan as prestacións públicas básicas. Máis unha vez bota balóns fóra, quere converter a vítima en culpábel, xa que parecería que a responsabilidade é da xente que non quere ter fillos ou non traballa abondo.  A menos que, como na época da ditadura franquista, use a escusa de que os galegos e galegas emigran porque lles gosta a aventura. Agora ben, se fose deste xeito ¿por que o seu partido leva décadas animando os empresarios para que invistan fóra, e alentando na mocidade a mobilidade xeográfica, como sinónimo de progreso? Esquece ademais que a dereita goberna Galiza dende hai tres décadas, agás dous períodos de seis anos en total. Polo tanto, ten unha evidente responsabilidade no relativo ao cativo desenvolvemento da economía, aos baixos salarios, á precariedade laboral, á emigración da mocidade e, como consecuencia de todo isto, á baixa natalidade e envellecemento da poboación.
Continue reading

Baixan os custes coa xestión privada?

O mantra da empresa privada, de que sempre é símbolo de eficacia, non é algo que só predican os empresarios, o que sería lóxico xa que é do que obteñen beneficios, senón que forma parte tamén da filosofía dos gobernos da Unión Europea. Isto non é casual, porque está asociación construíuse en función dos grandes grupos económicos; lembremos que a súa orixe é a asociación do aceiro e do carbón. O PSOE durante os seus anos de goberno fixo algunhas privatizacións, mais aproveitando a crise, agora o PP está inmerso nunha verdadeira cruzada privatizadora. Faino por dúas vías, nuns casos transferindo a xestión, e noutros reducindo as prestacións públicas, para que a poboación teña que procurar servizos esenciais no mercado.
Continue reading

Os lucros non saen da nada

Os directivos das grandes empresas dan por rematada a crise (veremos as que subsisten das pequenas), mentres que ao mesmo tempo a inmensa maioría da sociedade non olla o final do túnel. E, por se non abondase, anúncianse máis medidas que agravan as súas condicións de vida e traballo. Polo que é lóxico que os focos estean dirixidos á lacra do desemprego, a emigración da mocidade, e a queda dos servizos e prestacións públicas. Trátase de aspectos esenciais na vida das familias que xeran situacións dramáticas, cada vez máis cotiáns, como amosan os datos de Eurostat que dan unha cifra de 28% da povoación por debaixo da liña da pobreza.
Continue reading

Os fectos da crise e as contrareformas para a clase traballadora galega

O economista xefe do FMI nun recente informe recoñecía que as políticas de axuste que se están a aplicar no conxunto da UE, porén moi especialmente en Grecia, Irlanda, Portugal e o estado español, non están a dar os resultados que esperaban, e que se cadra se pasaron un pouco na limitación do gasto publico. Malia esta afirmación non esperemos grandes mudanzas dun xeito voluntario, xa que as clases dominantes europeas teñen uns obxectivos claramente marcados: rebaixar as condicións de vida das clases populares, para manter e ampliar a taxa de lucros. Algo que non admite concesións, nun mercado globalizado, con novas potencias competidoras e cun futuro con escaseza de materias primas e recursos enerxéticos.
Continue reading

Privatizalo todo

A solución dos problemas do momento semella que pasa por privatizalo todo, aínda que non se emprega desta volta como argumento aquel de fai uns anos de que así se millora a xestión dos recursos, ninguén o aceptaría despois dunha crise tan fonda, que foi empurrada pola especulación financeira e as sucesivas burbullas xeradas na economía. O privado xa non é sinónimo de eficiencia. Por iso, agora afírmase que son necesarios os recursos privados para manter o investimento nos servizos públicos básicos e que as empresas (as grandes) son fundamentais pra recuperar o emprego e dar folgos á economía.
Continue reading