Tagseguridade social

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Despois dos salarios tócalle ás pensións

A Ministra de Emprego e Seguridade Social Fátima Báñez propón que o período de tempo pra o cálculo das pensións de xubilación atinxa toda a vida laboral, e que o/a afectado/a elixa aqueles anos que o beneficien. O período sobre o que se calculan hoxe, é de 21 anos. No 2022 aumentará a 25. Semella unha proposta positiva, máxime cando hai tanta precariedade e déronse tantos despedimentos de persoas de máis de 50 anos. Mais ten trampa, e beneficiará a unha minoría, xa que deberán ter máis de 38 anos cotizados, e só poderán seleccionar cinco. Ademais, non se pode ignorar que as pensións aumentaron un 0,25% cando a inflación o fixo en 1,6% no ano 2016 e 1,2% no 2017. Dende o ano 2013, perderon 3,5 puntos de capacidade adquisitiva.

Continue reading

As pensións no precipicio

Segundo denuncian os sindicatos, o pasado ano a Seguridade Social tivo un burato duns 19 mil millóns de euros no Estado español (existe unha caixa única). Destes, 10 mil millóns foron causados polo déficit de réximes especiais, as subvenciona á contratación e aos autónomos/as, e a xestión burocrática do sistema. A isto hai que engadir a fraude pola que moitos empresarios e empresarias non pagan as horas extras nen as cotizacións correspondentes das persoas contratadas, e sobre todo a caída dos salarios. En poucas palabras, semella que existe a intención de deteriorar o sistema e terminar co Fundo de Reserva para crear unha situación na que a redución das pensións se vexa como a única saída, e que os que podan opten por sistemas privados complementares.

Continue reading

Reflexións arredor do debate das pensións

OLYMPUS DIGITAL CAMERARematar coas pensións públicas, ou cando menos deixalas reducidas a un carácter asistencial, é un dos obxectivos de sempre do capital, xa que estas significan un negocio seguro, máxime tendo en conta o avellentamento da povoación e a crise sistémica. Daquela que os medios de comunicación de masas aproveiten toda circunstancia que coiden propicia, para bater contra a oposición das clases populares ás medidas de privatización. Este é un deses momentos, tanto pola esixencia da UE de diminuír o déficit público, en 5.500 millóns de euros, como porque os ingresos no sistema de pensións son inferiores aos gastos (en 15 mil millóns de euros) e o Fundo de Reserva está a piques de se esgotar. Durante o seu mandato, Rajoy utilizou 41.600 millóns de euros deste Fundo, un 4% do PIB. E, mesmo sabendo da gravidade da situación, Fátima Báñez acaba de anunciar que está en estudo ampliar a tarifa plana dos autónomos; algo que afecta negativamente os ingresos da Seguridade Social. Hoxe, por exemplo, os novos autónomos pagan 50 euros mensuais durante os primeiros seis meses da súa actividade, que se poden prorrogar durante outros dous tramos de idéntico tempo con aumentos progresivos da cota, moi por debaixo da tarifa mínima de 267 euros. Para alén de que esta subvención sexa correcta ou non, o lóxico é que se pagase con cargo aos orzamentos do Estado, xa que se trata de gastos para a promoción do emprego. Outro tanto pódese dicir das subvencións á contratación, á conversión de contratos fixos en indefinidos, etc.

Continue reading

Traballar despois de xubilado/a

2011 01 14 vigo persoas maiores P1090450 (3)Semella que á ministra Fátima Báñez, ou asesores, ocorréuselle a idea de que os xubilados/as podan compatibilizar esta situación cun traballo remunerado, mantendo íntegro o ingreso da pensión, pensando que este será o único xeito que teñan de sobrevivir a medida que se vaian sumando recortes nesta prestación pública. Porque dende a última reforma, feita polo seu partido, as pensións foron perdendo poder adquisitivo, xa que os aumentos foron inferiores ao IPC. As causas son evidentes: precariedade laboral, salarios máis baixos, traballo en negro, e subvencións nas cotas da Seguridade Social aos empresarios. Por se non abondase, a taxa de desemprego esta rente do 20%, nun mercado laboral mundializado coa finalidade de frear calquera reivindicación laboral. Ademais, o traballo dos pensionistas agravaría a cuestión do paro.

Continue reading

As pensións na corda frouxa

2008 08 26 melide 1450406Dise que a Unión Europea esíxelle ao Estado español que reduza o gasto público en 5.500 millóns de euros, pra cumprir os compromisos de déficit. Esta medida non axuda a consolidar o medre económico. Lembremos que este é conxuntural, xa que se sustenta no crecemento do turismo pola inestabilidade en países competidores, na queda do prezo do petróleo, na flexibilidade cuantitativa do BCE, e nunha mellor relación euro/dólar. Porén, o máis grave, é que este axuste non se resolva aumentando os ingresos (por exemplo, eliminando a última reforma do IRPF feita por Rajoy, onde as máis beneficiadas foron as rendas altas), senón reducindo servizos e prestacións sociais.

Continue reading

Pensións, no gume da navalla

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Governo do Partido Popular acudiu nos últimos anos, unha e outra vez, ao Fondo de Reserva da Seguranza Social pra pagar as pensións, utilizando o argumento de que os ingresos son menores que os gastos. Todo leva a pensar que se están facendo realidade as previsións máis pesimistas, que auguraban que en dous ou tres anos estaría crebado o sistema. Non é unha cuestión menor. Na Galiza afectaría a 1/3 das familias, a persoas que non teñen ningunha posibilidade de enfrontar un escenario tan complexo, como consecuencia das limitacións físicas propias de idade.

Continue reading