Tagsanidade

A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron en termos reais. Aumentou a eventualidade e o emprego a tempo parcial. As pensións tamén perderon poder adquisitivo, e a fiscalidade reduciuse pra as grandes fortunas e as empresas, dando folgos á desigualdade. E, por se non abondase, un servizo tan esencial como é a sanidade, foi dando pasos atrás, tanto no copago de medicamentos, como na redución de medios nos hospitais e centros de atención primaria.

Continue reading

A utilidade das recomendacións do FMI

CartazParemosPP.grandeMáis unha vez o FMI recomenda ao Goberno español que faga recortes sociais, que considera esenciais para consolidar a recuperación da economía e do emprego. As medidas serían: a redución das indemnizacións por despedimento inxustificado nos contratos indefinidos; o copago do ensino e da sanidade; e o aumento dos impostos indirectos (IVE).

Continue reading

Obxectivos do TLC entre a UE e USA

tlc-noO tratado de libre comercio que se rematou de negociar con Canada (CETA), xa debatido e aprobado nas Cortes españolas e no Parlamento Europeo (neste último caso cun minuto de tempo para as intervencións no debate), pódese considerar o cabalo de troia do que se está a negociar en segredo cos Estados Unidos (TTIP), e doutro máis ambicioso no que participan dúas ducias de países (TISA). Hai que lembrar que, para ter vixencia na Unión Europea, estes tratados deben ser aprobados tanto polo Parlamento da Unión, como por cada un dos estados membros. Preténdese xustificar o TTIP como a única alternativa das vellas potencias imperialistas (Estados Unidos, Unión Europea e Xapón) para competir cos BRICS, polo que se está a negociar outro semellante na área do Pacífico.

Continue reading

Do déficit a regalar os cartos, mantendo o axuste

O BCE puxo a disposición da banca privada da eurozona 400 mil millóns de euros a un custe do 0,15%, seica coa finalidade de que estes cartos cheguen ás pequenas empresas e familias, a fin de incentivar a actividade económica e o consumo. Dise que ademais debilitará o euro diante doutras moedas favorecendo as exportacións. Todo moi lóxico e aparentemente positivo. Mais non está tan claro que a decisión do Banco Central Europeo cumpra estas expectativas. Primeiro, porque ningunha empresa expande a actividade económica se non aumenta previamente o consumo ou ten máis pedidos do exterior, algo difícil cun crecemento revisado á baixa. Segundo, porque ningún banco vai emprestar a familias e empresas sen ter a total seguridade de que recuperará o crédito, e as taxas de morosidade seguen máis altas que nunca.
Continue reading

Privatización e recortes no SERGAS

A Xunta de Galiza aprobou o 24 de marzo o Decreto de Xestión Clínica, sen atender á oposición das centrais sindicais con representación na sanidade, nen o Informe do Consello Consultivo que coida que o texto “está cheo de ambigüidades e de aspectos claramente negativos (…) que son especialmente rechamantes no relativo a Recursos Humanos, ao manexo de recursos económicos e nos sistemas de avaliación”. Deste xeito a Xunta bota adiante as Áreas de Xestión Clínica (AXC), malia o rexeitamento dos traballadores e traballadoras, que ficara demostrado no importante apoio á folga de dous días no mes de decembro, e na morea de manifestacións que se desenvolven dende hai meses.
Continue reading

Reforma fiscal: esmagar os de abaixo

Por se alguén pensaba que a recuperación do medre da economía ía significar un pequeno respiro pras familias das clases populares, o anuncio dunha nova reforma fiscal na que se pretende aumentar o IVE dos produtos de primeira necesidade deixa en evidencia que non vai ser así; que o axuste farase en beneficio das grandes empresas e fortunas. E de pouco vale que a OCDE chame a atención sobre a crecente desigualdade social no Estado español (a máis alta de Europa occidental), porque o Governo do Partido Popular asimila crecemento con garantir aos empresarios e directivos importantes lucros. Mais, na práctica, o aumento das rendas máis altas faise a costa da diminución dos ingresos da clase traballadora, autónomos e pequenos empresarios, polo que non ten porque significar necesariamente un crecemento da economía.
Continue reading

Corrupción política, beneficio empresarial

Semella unha lacra desta etapa histórica, xa que abrangue todos os estados do mundo. Falo da corrupción política. Agora ben, resulta evidente que esta sempre está ligada á actividade privada, ás empresas, que procuran mediante medios ilícitos conseguir contratos ou subvencións por parte das administracións públicas. No Estado español, a corrupción non é unha novidade, aínda que nos anos posteriores á queda do franquismo reducirase moito, porque a contestación popular contra a ditadura tamén implicaba o rexeitamento á depredación existente. Lembremos, un lacón para conseguir un certificado de boa conduta para poder emigrar, varios para entrar nalgún emprego público, e así ate o infinito. Tampouco se poden esquecer os grandes escándalos de corrupción do franquismo, como o aceite de Redondela, o envelenamento por metílico, Matesa, etc.
Continue reading