Tagrusia

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

Poñelo todo ao servizo do negocio

Os dous puntos máis quentes do planeta son o Oriente Medio e a península Coreana. Sen esquecer que en calquera intre os conflitos do Donbass e do Pacífico Sur poidan sumarse a esta lista. En todos os casos, e para alén dos actores locais e rexionais, existe unha liorta entre as principais potencias. Por unha banda Estados Unidos e aliados que queren manter a hexemonía absoluta, conseguida coa caída da Unión Soviética. E por outra banda, Rusia e China, potencias rexionais e países que defenden a súa soberanía, que queren un mundo multipolar. Non se trata de cuestións de simple protagonismo político. O que está en disputa é o papel de cada país na economía mundial, co que isto implica en desenvolvemento, beneficios empresariais e creación de emprego.

Continue reading

Rusia, o novo coco

Na época na que eu vivía na Arxentina, cando a situación social e laboral estaba moi tensa, fose con gobernos radicais ou de dereita, e sobre todo nas etapas de ditadura, axiña daban a voz de alarma de que albiscaran ou tiñan sospeitas de que había un submarino ruso (soviético) nas extensas e pouco protexidas costas do País. Evidentemente nunca houbo probas de tales feitos. Eran unha escusa para desviar a atención dos problemas internos, xustificar a merca de armamento, e tomar medidas restritivas.

Continue reading

A Revolución Rusa

O pasado 7 de novembro cumpríronse cen anos do maior acontecemento do século XX: a toma do poder polo Partido Bolxevique en Rusia. Un feito que condicionou a realidade política e social interna de todos os países do mundo. A Revolución tiña como unha das prioridades a xustiza social e a paz. Mais o acordo con Alemaña fíxose a costa de duras condicións e da perda de territorio. A posterior guerra civil, coa intervención das grandes potencias, tanto europeas como dos EE.UU. e Xapón, foi un período de sacrificios, que destruíu parte de Rusia. Reduciuse drasticamente a produción agrícola e industrial. Ademais a clase obreira baixou á metade. Petrogrado perdeu un terzo dos habitantes e Moscova o 50%. Precipitou cambios internos económicos e sociais, consolidando a socialización dos medios de produción. Rusia recuperouse rapidamente, e superou o desenvolvemento anterior á revolución.

Continue reading

Achégase o final do conflito sirio?

Nas últimas semanas, a guerra en Siria fíxose máis complexa. Non só porque Turquía xogue a varias bandas, coa finalidade central de evitar a constitución dunha ou varias repúblicas curdas na súa fronteira. Senón porque todo evidencia que o Daesh centra todos os seus esforzos en deter os progresos do exército sirio. Especialmente despois de que este recuperase Al Mayadin. Facilitan así o avance do SDF (a alianza de curdos e árabes auspiciada polos Estados Unidos e aliados), pola zona petroleira da marxe norte do Éufrates. Haberá algún tipo de acordo segredo neste sentido, tendo en consideración o apoio das monarquías da zona á oposición armada ao Governo de Assad?

Continue reading

A Unión Soviética ollada pola clase traballadora (dende dentro)

Está próxima a conmemoración do centenario da Revolución Socialista en Rusia. Ou sexa, da toma do poder polos soviets, baixo a dirección do Partido Bolxevique. Foi sen dúbida un acontecemento que transformou a humanidade. Un cambio que permitiu unha mudanza na correlación de forzas a nivel mundial e un avance inmenso, tanto na xustiza social, como nos dereitos nacionais. A profunda transformación da Unión Soviética, a loita heroica contra o fascismo, a costa de 27 millóns de vidas, deixou o capitalismo imperialista sen máscaras e debilitado, e permitiu un salto cualitativo despois da Segunda Guerra Mundial. Os avances da clase obreira en todo o mundo, e os procesos de liberación nacional, foron posíbeis grazas á consolidación dun amplo bloque de estados socialistas e de democracias populares. Estas conquistas permitiron albiscar un futuro cun mundo máis xusto, igualitario, solidario, no que as clases populares e os povos fosen os protagonistas.

Continue reading

Derrota do Daesh e fin da guerra en Siria

A guerra en Siria entrou nunha nova fase despois da toma de Deir-ez-Zor por parte do exército e forzas aliadas. É verdade que as tropas de Assad conseguiron, no fundamental, rachar o cerco do Estado Islámico sobre a cidade, mesmo se unha gran parte dela aínda continua ocupada por esta forza terrorista. Mais, non se pode restar valor á rapidez coa que ocuparon importantes zonas do deserto partindo de Palmira, ou reduciron militarmente áreas nas que o Daesh estaba moi implantado, ao leste de Salamiyah. Non ten menos valor, que cruzasen o río Éufrates, condicionando o avance das tropas curdas apoiadas polas potencias occidentais, cuxo rápido desprazamento parece facilitado polos propios grupos terroristas (como ten denunciado o mando ruso, ofrecendo vidos por Internet sobre o tema).

Continue reading