Tagrural

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

Sangue e bágoas, dignidade e rebeldía na loita contra os foros

Hai agora 110 anos, o 5 de xaneiro de 1908, constituíuse o Directorio Antiforista de Teis. Abríase deste xeito unha nova etapa, máis organizada e menos espontánea, na loita das xentes do rural contra os foros. Estes afogaban o desenvolvemento agrario e da sociedade galega en xeral. A xeneralización dos foros como contrato agrario deuse na Galiza dende a Idade Media, e converteuse en hexemónico entre os labregos e labregas. O pagamento das rendas facíase en especie e en diñeiro, sendo maioritaria a primeira forma (98,3%). Ate a desamortización de 1836, as institucións relixiosas eran as maiores outorgantes de foros. Despois, a maioría deles pasarían a mans de pequenos rendeiros urbanos, aínda que eran os grandes propietarios os que controlaban o rural, os caciques, grazas ao seu peso político e relacións coas estruturas de poder.

Continue reading

Gobernar carecendo de alternativas

A conselleira de medio rural, Ángeles Vázquez, contestaba o seguinte a un xornal que lle fixo unha entrevista, nesta última fin de semana: “necesito unha resposta aos incendios, e non a teño; non sei a quen combater”. En resumo, asume que as políticas que están a realizar, non valen ou cando menos non son suficientes. Algo que resulta evidente cando valora medidas que non teñen en consideración aspectos tan esenciais, como o tipo de especies co que reforestaron o noso monte: piñeiro e eucalipto. Máxime cando o cambio climático é tan manifesto. Sobre os inconvenientes destas especies hai ducias de informes de especialistas. E con secas prolongadas, son unha bomba de reloxería. Combater o drama, con máis brigadas, contratacións máis longas, e máis medios contra-incendios, sen dúbida é algo e urxente. Porén, ignora a importancia estratéxica dun plano de reforestación que substitúa esta vexetación por outra autóctona. Algo disto recoñece na entrevista. Mesmo admite que a administración debería implicarse máis no tema. Entón, por que non o fai?

Continue reading

Os incendios como síntoma

A gravidade dos incendios producidos a pasada fin de semana, pon de manifesto comportamentos delituosos, así como responsabilidades políticas. Asemade, verificouse que a solidariedade é un valor que non se perdeu na nosa sociedade. Os lumes abrangueron practicamente toda Galiza, con perdas humanas, danos en casas e edificacións, explotacións agrícolas, no espazo forestal e na paisaxe. Días antes xa ardera moito territorio, por exemplo na provincia de Ourense, alertando de que unha variación meteorolóxica adversa podía crear un desastre.

Continue reading

Non facer do lume unha lotaría

Entendo que a esta altura, ninguén pode saber con precisión, ate o final do vrau, cantas serán as hectáreas queimadas, e destas, cantas de monte arborado ou de mato. Se ollamos cara os nosos irmaus de Portugal, case que nos podemos sentir privilexiados. Mais, aínda queda aínda moito tempo de calor, a seca é moi grande, e os pronósticos meteorolóxicos son que a vaga de calor se alargue máis ca outros anos. Son moitas as variábeis que non dependen da vontade das persoas e que non se poden resolver no momento. O cambio do clima é evidente, aínda que haxa quen o negue, como Trump.

Continue reading

Mudar o que nos hipoteca

Os graves incendios que atinxiron os distritos de Leiría, Coimbra e Castelo Branco en Portugal, nos pasados días, con máis de 60 persoas mortas e graves destrucións, son unha traxedia para o rural e un aviso para os gobernos. O tipo de especies que se están a plantar non teñen moitas veces en consideración o medio ambiente e o cambio climático. Só se contempla o rendemento económico do produto a curto prazo. Non sempre se fai por cobiza. En moitos casos é por pura supervivencia, debido á perda de valor da produción agraria tradicional. Mais o acontecido en Portugal ben podería suceder na Galiza. Temos moitas semellanzas. Este ano é especialmente caloroso, e ren fai pensar que o vindeiro será distinto ou que as previsións non serán máis negativas.

Continue reading

Contra o lume hai solucións

lume-galiza-nunca-maisOs incendios deste ano, que arrasaron en moi poucos días milleiros de hectáreas de monte e puxeron en perigo zonas habitadas, demostran claramente que non son abondo os medios empregados pra defensa dos ecosistemas, e ante a perda de valor económico do rural como consecuencia do abandono das terras e o despovoamento. Dirase que é un ano excepcional e que tampouco o norte e centro de Portugal puideron evitar esta traxedia. En realidade, hai anos que o clima é cada vez máis estremo, o cambio é unha realidade, e que os nosos irmáns do sur cometan os mesmos erros non é ningún alivio.

Continue reading