Tagpublico

A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron en termos reais. Aumentou a eventualidade e o emprego a tempo parcial. As pensións tamén perderon poder adquisitivo, e a fiscalidade reduciuse pra as grandes fortunas e as empresas, dando folgos á desigualdade. E, por se non abondase, un servizo tan esencial como é a sanidade, foi dando pasos atrás, tanto no copago de medicamentos, como na redución de medios nos hospitais e centros de atención primaria.

Continue reading

As pensións a debate

imaxe-phpO sistema de pensións mantén un déficit importante, duns 15 mil millóns euros/ano, e o Fundo de Reserva perdeu durante a lexislatura de Rajoy case tres veces esa cantidade (41.600 millóns). A patronal e o Goberno aproveitan a conxuntura para propoñer unha nova reforma. Segundo eles, esta deberíase tratar de urxencia no “Pacto de Toledo”, para lle dar unha escenificación de consenso. Axúdalles nesta estratexia a esixencia da Unión Europea dun novo axuste nas contas públicas de 5.500 millóns de euros, para cumprir co déficit pactado, e unha actitude desmobilizadora por parte dos sindicatos e dos partidos da chamada esquerda (sistémica).

Continue reading

O público é máis xusto, e barato

2007 04 02 vigo servizos1138Segundo os medios, o BNG acordou que os eixos do seu programa nas eleccións municipais sexan: garantir un carácter universal aos servizos públicos e re-municipalizar os que teñan xestión privada. É unha decisión positiva, xa que a privatización non implicou un aforro económico e moito menos garantiu unha mellora. Segundo o informe de fiscalización do sector público, elaborado polo Tribunal de Contas, no ano 2011 o servizo de limpeza viaria en pobos e cidades no Estado español tiña un custe medio de 27,83 euros por habitante cando está privatizado, e de 16,23 cando se xestiona directamente polos concellos. Na recollida do lixo, o custe era de 53,9 euros/habitante na xestión privada, e de 37,54 euros cando esta era pública. As diferencias entre a xestión privada e pública son máis grandes canto maior é a poboación afectada.

Continue reading

Rebaixa fiscal: a quen beneficia?

Cristóbal Montoro acaba de anunciar unha reforma fiscal que presentou como unha rebaixa impositiva pra maioría das familias. Resulta evidente que esta medida ten como finalidade procurar a complicidade das persoas beneficiadas pola modificación, coa vista posta nos procesos electorais do ano 2015. Pra alén de cal sexa a razón pra esta reforma, e que en realidade se poda considerar como tal, xa que non son máis que rectificacións do actual sistema, o realmente importante é se ten un carácter progresista, ou sexa, se favorece as clases populares, ou máis unha vez é funcional aos que acumulan riqueza e poder.
Continue reading

Privatización e recortes no SERGAS

A Xunta de Galiza aprobou o 24 de marzo o Decreto de Xestión Clínica, sen atender á oposición das centrais sindicais con representación na sanidade, nen o Informe do Consello Consultivo que coida que o texto “está cheo de ambigüidades e de aspectos claramente negativos (…) que son especialmente rechamantes no relativo a Recursos Humanos, ao manexo de recursos económicos e nos sistemas de avaliación”. Deste xeito a Xunta bota adiante as Áreas de Xestión Clínica (AXC), malia o rexeitamento dos traballadores e traballadoras, que ficara demostrado no importante apoio á folga de dous días no mes de decembro, e na morea de manifestacións que se desenvolven dende hai meses.
Continue reading

Corrupción política, beneficio empresarial

Semella unha lacra desta etapa histórica, xa que abrangue todos os estados do mundo. Falo da corrupción política. Agora ben, resulta evidente que esta sempre está ligada á actividade privada, ás empresas, que procuran mediante medios ilícitos conseguir contratos ou subvencións por parte das administracións públicas. No Estado español, a corrupción non é unha novidade, aínda que nos anos posteriores á queda do franquismo reducirase moito, porque a contestación popular contra a ditadura tamén implicaba o rexeitamento á depredación existente. Lembremos, un lacón para conseguir un certificado de boa conduta para poder emigrar, varios para entrar nalgún emprego público, e así ate o infinito. Tampouco se poden esquecer os grandes escándalos de corrupción do franquismo, como o aceite de Redondela, o envelenamento por metílico, Matesa, etc.
Continue reading

O triunfo da teimosía

Que o Governo de Madrid tivese que desistir da privatización dos hospitais e centros de saúde é sen dubida unha vitoria para o conxunto dos pobos que integran o Estado español. Outro tanto cómpre dicir do acontecido no barrio do Gamonal en Burgos. Ten importancia, porque se dá no centro xeográfico do poder político das clases dominantes, e porque ademais atranca unha vía esencial no proceso de concentración e centralización da riqueza para aumentar as taxas de lucro: a privatización dos servizos públicos.
Continue reading