Tagportugal

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Lusco e fusco das municipais portuguesas

Os resultados das eleccións municipais en Portugal veñen ratificar a corrección das políticas anti-austeridade, que o Partido Socialista (PS) se vira forzado a pactar co Partido Comunista Portugués (PCP) e máis o Bloco de Esquerda (BE). As concesións que fixo garantíronlle a Antonio Costa ser nomeado Primeiro Ministro en decembro 2016, impedindo que Passos Coelho, de centro dereita (PDS) se mantivese no cargo. Téñase en consideración que o actual Presidente do país, Marcelo Rebelo de Sousa (elixido en marzo 2016), está ligado ideoloxicamente ao PDS, polo que existe unha cohabitación, ou reparto do poder. Ademais, cómpre lembrar que durante o governo de José Sócrates (2005-2011), o PS aplicou todas as receitas de axuste propostas pola Comisión Europea e máis o BCE, e tendo finalmente que dimitir por unhas acusacións de corrupción, polas que foi condenado.

Continue reading

Oportuna cortiña de fume

No debate sobre o Estado da Autonomía, o Presidente centrou boa parte da súa intervención no conflito entre o Governo español e Catalunya, desviando a atención dos moitos e graves problemas que ten o noso país. Segundo a súa visión, Galiza sería a cara boa, tanto no aspecto democrático como no económico-social. E Catalunya, unha nación sometida a unha minoría que, nunha arroutada, provocou a ruptura social, e non respecta a democracia. Este foi o guión de Núñez Feijóo e o seu partido sobre o que debía ser o resume final do debate, co engadido dalgunhas políticas que transmitisen unha sensación de avance. Estas medidas concretaríanse na atención a máis 10.000 dependentes e a oferta de contratación de 14.000 funcionarios/as ate o ano 2020.

Continue reading

Galiza, país industrial

Segundo o director do IGAPE, creáronse dende maio de 2015 nada menos que 11.500 empregos no sector industrial. Ou sexa, en pouco máis de dous anos completouse un 23% do que a Xunta se marcaba como meta nun lustro, na Axenda de Competitividade de Galiza Industria. Polo que, pra completar o obxectivo, habería que triplicar o crecemento ate o ano 2020. A meta ten fundamento, dadas as potencialidades da nosa nación en recursos primarios e enerxéticos, polo que atinxir o 20% de povoación ocupada na industria non tería que ser unha utopía. Se fose así só seriamos superados por Navarra (27,2%), Rioxa (23,3%) e o País Vasco (22,9%). Óllese que estas últimas están na área de incidencia de Bilbao.

Continue reading

Mudar o que nos hipoteca

Os graves incendios que atinxiron os distritos de Leiría, Coimbra e Castelo Branco en Portugal, nos pasados días, con máis de 60 persoas mortas e graves destrucións, son unha traxedia para o rural e un aviso para os gobernos. O tipo de especies que se están a plantar non teñen moitas veces en consideración o medio ambiente e o cambio climático. Só se contempla o rendemento económico do produto a curto prazo. Non sempre se fai por cobiza. En moitos casos é por pura supervivencia, debido á perda de valor da produción agraria tradicional. Mais o acontecido en Portugal ben podería suceder na Galiza. Temos moitas semellanzas. Este ano é especialmente caloroso, e ren fai pensar que o vindeiro será distinto ou que as previsións non serán máis negativas.

Continue reading

O exemplo portugués

Os nosos irmaus do sur son hoxe unha referencia pra os partidos de esquerda doutros países da Unión Europea, especialmente despois da evolución tan negativa de Syriza en Grecia. E con seguridade, alentará aínda máis esta impresión positiva que Bruxelas retire Portugal da lista negra de países con déficit excesivo, na que en troques mantén o Estado español. Mais o aspecto de maior importancia son os dados sobre a evolución das condicións laborais. A taxa de desemprego era de 10,1% no primeiro trimestre, fronte ao 12,7% no ano 2015. O salario medio no ano 2016 foi de 17.521 euros, un 1,39% máis que o ano anterior. Reverteuse a tendencia regresiva do anterior governo de dereita (CDS-PP). Téñase en consideración que na Galiza, a taxa de paro é do 17,4%, e os salarios aumentaron só o 0,2% no ano 2016.

Continue reading

Lóxica globalizadora

Empresarios e medios amosan preocupación porque auxiliares da industria automotriz estanse a instalar no norte de Portugal. Seica é porque ofrecen solo regalado e descontos fiscais, o que se considera unha competencia desleal. Hai quen engade que os salarios son alí moi inferiores. Polo que sería necesario definir con claridade as regras de xogo.

Continue reading