Tagpensions

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Despois dos salarios tócalle ás pensións

A Ministra de Emprego e Seguridade Social Fátima Báñez propón que o período de tempo pra o cálculo das pensións de xubilación atinxa toda a vida laboral, e que o/a afectado/a elixa aqueles anos que o beneficien. O período sobre o que se calculan hoxe, é de 21 anos. No 2022 aumentará a 25. Semella unha proposta positiva, máxime cando hai tanta precariedade e déronse tantos despedimentos de persoas de máis de 50 anos. Mais ten trampa, e beneficiará a unha minoría, xa que deberán ter máis de 38 anos cotizados, e só poderán seleccionar cinco. Ademais, non se pode ignorar que as pensións aumentaron un 0,25% cando a inflación o fixo en 1,6% no ano 2016 e 1,2% no 2017. Dende o ano 2013, perderon 3,5 puntos de capacidade adquisitiva.

Continue reading

Medra a desigualdade e as pensións están en perigo

Gobernantes, partidos e sindicatos fixeron valoracións do ano que pasou, e deron a coñecer as súas prioridades para o 2018. Nun informe do gabinete económico da CIG, en referencia á evolución das condicións da clase traballadora na Galiza, conclúese que: “medra a precariedade laboral, diminúe o poder adquisitivo e aumenta a desigualdade”. É unha valoración que contrasta radicalmente co optimismo do Presidente da Xunta de Galiza quen destacaba, días antes, o crecemento da economía e das exportacións galegas, as cifras excepcionais de turistas e o retroceso do desemprego.

Continue reading

Retroceso na Arxentina

Nas últimas eleccións arxentinas, renováronse parcialmente as cámaras lexislativas. Nalgunhas provincias, tamén se elixiron governadores e lexisladores. Cambiemos e aliados conseguiron un amplo triunfo. De aí que Macri pensase que tocaba o ceo, e considerase que era o momento de levar adiante o groso do seu programa neoliberal. Presentou no Congreso unha ringleira de reformas que pretenden reducir salarios, pensións e a presión impositiva sobre as empresas. Lembremos que no inicio da súa presidencia, xa elevou os prezos dos servizos básicos (os tarifazos), fixo acordos onerosos pra as arcas públicas cos fondos voitres, e virou nas relacións internacionais pra arroupar as políticas dos Estados Unidos e os seus socios na rexión. Macri é representativo dunha nova dereita, sen deixar de manter unha relación estreita con Temer, Santos, Peña Nieto, etc.

Continue reading

Que provoca o déficit nas pensións?

O informe do FMI sobre o Estado español recoméndalle ao Goberno que retarde a idade de xubilación, que non actualice as pensións, e que limite o seu incremento nun 0,25% anual. O pretexto: o déficit do sistema. Este organismo internacional entende que esas medidas deberían manterse cando menos ate o ano 2022. Isto implicaría un retroceso importante nos ingresos das persoas pensionistas, xa que só nos últimos dous anos, co medre da inflación e un aumento limitado a 0,25% nas pensións, estas perderon este ano e os dous anteriores un total de 5% de poder adquisitivo. Este retroceso súmase ao 3% que minguaron durante a crise.

Continue reading

Distribución da renda e pensións

Unha boa parte das familias galegas están integradas por pensionistas. E ademais, deles dependen para sobrevivir moitas persoas que se atopan no desemprego (un 40% destes últimos leva máis de dous anos no paro). Polo tanto, as pensións son unha cuestión importante, máxime nun país avellentado como Galiza. Daquela que as políticas regresivas que aplica o Goberno teñen un efecto moi grave, que vai en aumento co paso dos anos. Teñamos en consideración que os crecementos serán inferiores ao medre do IPC, neste e nos próximos anos, segundo os analistas. Por outra banda as pensións galegas xa son das máis baixas do Estado español. Só nos últimos seis anos, perderon un sete por cento do seu poder adquisitivo.

Continue reading

Oportuna cortiña de fume

No debate sobre o Estado da Autonomía, o Presidente centrou boa parte da súa intervención no conflito entre o Governo español e Catalunya, desviando a atención dos moitos e graves problemas que ten o noso país. Segundo a súa visión, Galiza sería a cara boa, tanto no aspecto democrático como no económico-social. E Catalunya, unha nación sometida a unha minoría que, nunha arroutada, provocou a ruptura social, e non respecta a democracia. Este foi o guión de Núñez Feijóo e o seu partido sobre o que debía ser o resume final do debate, co engadido dalgunhas políticas que transmitisen unha sensación de avance. Estas medidas concretaríanse na atención a máis 10.000 dependentes e a oferta de contratación de 14.000 funcionarios/as ate o ano 2020.

Continue reading