Tagnafta

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

Libre comercio con USA, reforma local, emprego xuvenil e unidade nacionalista

Un dos irmandiños que máis apreciaba na Irmandade Galega de Bos Aires era Moisés Da Presa. Nacionalista arredista, comunista (fundou o Partido Comunista Galego), membro da Pondal, publicou unha morea de artigos, primeiro na Fouce e despois na Nosa Terra. Neste periódico tiña unha columna baixo o título de Revoldaina, na que asinaba co alcume de Lourenzo Fragoso. Nela facía breves comentarios sobre temas da actualidade política, tanto da patria galega como da colectividade. Neste artigo para Sermos Galiza vou facer o propio, mais con moita menos retranca e capacidade de síntese da que tiña Da Presa; por certo, un vigués nado no Val do Fragoso.
Continue reading

Galiza e o tratado de libre comercio cos EE.UU.

A decisión do Governo norteamericano e da Comisión Europea de abrir negociacións pra estabelecer unha zona de libre comercio debería dar lugar a un amplo debate. O argumento, pra dar este paso, máis unha vez, é que permitirá aumentar un 0,5% o PIB. Pouco se di sobre as consecuencias que terá sobre os distintos sectores produtivos, por exemplo o agrícola-gandeiro, xa de por si esmagado pola abertura de mercados e a produción a prezos de dumping (subvencións). Lembremos que os Estados Unidos son unha potencia agrícola, onde se utilizan variedades xeneticamente modificadas na produción, e se abusa dunha man de obra clandestina procedente dos países latinoamericanos. Por non falar das consecuencias sobre as áreas da cultura e información, onde neste intre xa teñen unha clara hexemonía.
Continue reading