Tagnacionalismo

Xohán Vicente Viqueira

Nunca entendín moi ben porque hai historiadores/as que reducen a tan poucas figuras aqueles/as que dende o nacionalismo loitaron a prol do país. Tampouco se comprende que se dea tan pouca relevancia á revolución de 1846. E sobre todo, aos motíns, folgas e protestas das clases populares, fosen estas das xentes do agro, do mar ou da fábrica, ou de todas elas asociadas en obxectivos comúns. O galeguismo sempre foi unha construción colectiva, como todos os procesos político-sociais que teñen por obxectivo a defensa dos intereses das clases populares.

Continue reading

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Orde de prioridades: a abstención ou a base do PP?

Cando se afirma que o PP é maioritario na Galiza, pártese dunha visión da realidade socio-política restrinxida exclusivamente aos resultados electorais. Esta valoración ignora a abstención e os/as novos votantes. Tamén obvia o feito de que a abstención comprende persoas que o son de xeito permanente e outras que, segundo a conxuntura, deixan de participar. Por exemplo, porque se senten defraudadas polo partido ao que votaban, ou non se ven representadas por ningún dos existentes. E esta actitude de afastamento da política institucional afecta hoxe, por distintas razóns, tanto á dereita, como aos social-liberais, socialdemócratas e nacionalistas. Falamos dunha porcentaxe significativa do censo electoral, aínda que varía segundo o tipo de elección e a conxuntura socio-política.

Continue reading

Sangue e bágoas, dignidade e rebeldía na loita contra os foros

Hai agora 110 anos, o 5 de xaneiro de 1908, constituíuse o Directorio Antiforista de Teis. Abríase deste xeito unha nova etapa, máis organizada e menos espontánea, na loita das xentes do rural contra os foros. Estes afogaban o desenvolvemento agrario e da sociedade galega en xeral. A xeneralización dos foros como contrato agrario deuse na Galiza dende a Idade Media, e converteuse en hexemónico entre os labregos e labregas. O pagamento das rendas facíase en especie e en diñeiro, sendo maioritaria a primeira forma (98,3%). Ate a desamortización de 1836, as institucións relixiosas eran as maiores outorgantes de foros. Despois, a maioría deles pasarían a mans de pequenos rendeiros urbanos, aínda que eran os grandes propietarios os que controlaban o rural, os caciques, grazas ao seu peso político e relacións coas estruturas de poder.

Continue reading

Historias e debates do pasado?

O próximo ano vén ateigado de lembranzas. Benvidas sexan, se valen pra coñecer mellor a historia e recoñecer as/os que destacaron pola súa entrega, na maioría das veces, milleiros de persoas anónimas. Estas datas deben valer asemade pra aprender delas, dos acertos e dos erros. Polo seu significado, terá un lugar sobranceiro a lembranza do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo e do seu Manifesto, que reclamaba unha autonomía integral pra Galiza e propuña un programa moi avanzado no económico e social. Estiveron representadas 67 sociedades agrarias e cinco centros culturais. Mandaron adhesións, cinco federacións agrarias, once concellos, e 40 asociacións. Hai outras efemérides a non esquecer, como o 50 aniversario da revolta estudantil e obreira de maio en Paris. E que meses antes, o 15 de xaneiro, comezou a folga universitaria de Santiago de Compostela, iniciada en Ciencias e que se alargara a outras facultades, prolongándose as mobilizacións e paros masivos ate o 2 de maio, desafiando a ditadura franquista.

Continue reading

Tempos revolucionarios

Hai corenta e cinco anos, nacía ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). Unha organización nacionalista que, durante toda unha década, acadou unha gran implantación na Universidade e no Ensino Secundario do país. Foi a predecesora do que logo foron os CAF e os CAE. ERGA tiña como obxectivo ser o xermolo dunha organización de masas, dun sindicato de estudantes. Considerábase que o estudantado constituía un grupo social con reivindicacións propias: un ensino nacional, popular e científico.

Continue reading

Forza ou razón, ese é o dilema

Que a capacidade de decidir o presente e o futuro de cada nacionalidade debe residir naqueles que forman parte dese colectivo, non debería supor dúbida. Responde a un criterio democrático básico. Hai partidos que obvian ou relativizan este dereito. Como os que pretenden converter as conquistas históricas, que cos séculos se transformaron en convivencias de facto, nunha realidade ligada ao progreso da humanidade. Mais na práctica, susténtanse en mecanismos punitivos e xurídicos ao servizo de bloques hexemónicos nacidos do uso da forza.

Continue reading