Tagmulleres

O trato da dependencia é só a punta do iceberg

Sen dúbida algunha, un dos grandes problemas das sociedades “avanzadas” é o das persoas maiores e dependentes. Unha responsabilidade que no noso país recae en boa medida na familia, e sobre todo nas mulleres. E isto significa en moitos casos unha hipoteca por anos, tanto do tempo de lecer como daquel necesario para manter relacións con persoas da súa mesma idade ou co resto da familia. Semella unha sobrecarga inxusta, ligada a situacións de idade, enfermidade, incapacidade e aos recursos económicos que posúan os/as directamente afectados e a familia. Na práctica, castíganse dobremente as clases populares.

Continue reading

Un futuro de paro e precariedade

Os datos da EPA do segundo trimestre deste ano son esmagadores, nada menos que 275.900 desempregados e desempregadas para Galiza, unha porcentaxe do 21%. Hai quen dirá que é menor que a media do Estado español, mais non se pode ignorar que o noso país ten unha natalidade regresiva e unha taxa de emigración moi alta. Facer comparacións, como as que fai o Goberno galego, esquecendo estes feitos, é absurdo. Para a nosa realidade demográfica e reparto da renda esta taxa de desemprego é unha traxedia.
Continue reading

Mulleres no Arsenal

Se cadra un dos antecedentes máis antigos da participación feminina nun conflito, cun claro contido laboral no noso país, foi aquel que aconteceu no Arsenal no ano 1810, e que remataría de xeito tráxico coa decapitación en A Coruña de Antonia Alarcón, considerada a dirixente da revolta. A súa cabeza foi colocada no estremo dunha pica na Alameda, diante da porta do Arsenal, como macabra demostración de como se pagaba o desafío ao poder.
Continue reading

Mulleres (xénero e clase)

Na historia do noso país hai mulleres que destacaron en todas as épocas, ocupando un lugar sobranceiro non só nos libros, senón que tamén no imaxinario popular. Ese é o caso da mítica Reina Lupa, Ines de Castro, María Pita, Rosalía de Castro, María Soliña, Pepa a Loba. Hai mulleres, como María Castaña, que son parte do vocabulario da xente, mesmo en países de América Latina, onde houbo unha grande emigración galega, xa que ao se referir a tempos bravos e moi lonxanos fano coa expresión “iso pasaba en tempos de María Castaña”. Mais hai outras mulleres menos coñecidas que tiveron no seu intre moita sona, como Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, Sofia Casanova e María Casares, a “bela Otero” e Juana de Vega, ou que compre resgatar do esquecemento, como Exeria, que deixou un importante relato da viaxe que fixo a Xerusalén a finais do século cuarto.
Continue reading