Tagmuller

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

Economía e igualdade de xénero

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un documento do Fundo Monetario Internacional (FMI) destaca que a igualdade entre homes e mulleres fortalece a economía. Aporta un argumento máis para rexeitar todo tipo de discriminación de xénero. Aínda que, para alén desta valoración, tampouco pode existir un trato desigual por motivos de raza, orixe, etc. Isto é o fundamental, o xusto. No traballo só se deben considerar os aspectos profesionais. Engade o FMI que a incorporación da muller á empresa compensa o avellentamento da poboación, algo obvio.

Continue reading

Homes e mulleres

Dinos Ángeles Caso no seu libro Ellas Mismas, que: “De feito a Idade Media foi unha das épocas menos patriarcais de todas as da Europa cristiá, e a presenza feminina en traballos que agora nos parecen tipicamente masculinos, como a ferrería ou a condución de carretas e carros, está de sobra acreditada”. Fago mención a este texto porque amosa que o papel da muller na sociedade tivo avances e retrocesos, como o tiveron outros aspectos sociais, ou tamén a relevancia dos distintos povos do mundo. Ás veces confundimos o avance científico e técnico, co progreso da humanidade en termos de igualdade, soberanía e xustiza. E non sempre é así.

Continue reading

Poñer vinte mil mulleres a parir

A esta conclusión, amplamente divulgada polos medios, chegou o Foro Económico de Galicia, como saída máxica á dramática situación demográfica na Galiza, onde morre moita máis xente que nace. A solución sería “importar” 20.000 mulleres inmigrantes por ano ate o 2050 (700.000 en total), que dende o primeiro intre se adiquen a ter fillos e fillas (non se di como se garante que así sexa, e se asemade contemplan que veñan homes e familia). Como se a cuestión fose tan sinxela e se tratase de algo semellante a ir ao mercado e adquirir galiñas poñedoras. A conclusión é tan ofensiva, tanto para a muller como en particular para as inmigrantes e para a xente do país, e ao mesmo tempo tan simplista e mercantilista, así como de desleixo a respeito das mudanzas de todo tipo que implicaría, que un non pode menos que sentir xenreira. Este Foro con ideas “tan brillantes” seica está integrado por profesores universitarios e investigadores, empresarios e altos directivos, así como xornalistas, segundo informa a páxina web da entidade.
Continue reading

Estase a facer do traballo un inferno

No intre actual, o desemprego, os desafiuzamentos, o saqueo das preferentes, a corrupción e a especulación financeira son os temas que destacan os meios de comunicación. Son cuestións moi preocupantes, mais hai moitas outras que afogan a vida cotiá das clases populares, por exemplo, o ataque sistemático contra aqueles sectores produtivos básicos do país, a lingua e a identidade nacional, a redución das prestacións sociais básicas, o aumento da fiscalidade, a rebaixa e endurecemento das pensións, ou o medre da explotación laboral. Encol deste último aspecto, que abrangue a maioría da poboación activa, quero facer unhas breves reflexións.
Continue reading

Crise e cuestión de xénero

O poder económico é cuestión de homes, abonda con ollar o listado da revista Forbes, e isto mesmo reprodúcese no eido político, aínda que hoxe en menor medida. A igualdade de xéneros está lonxana no mundo, mais algúns países van por diante neste obxectivo e non todos teñen antecedentes de discriminación semellantes. Canto máis rápido se consiga a igualdade en todos os ámbitos, máis libres e dignos seremos todos. Porén a oposición de sectores retrógrados non cede, como reflicte o vergoñento salvaxismo da violencia de xénero.
Continue reading

Novo rol da muller no mundo do traballo

Non se pode falar de democracia sen igualdade de xénero, e moito menos cando a violencia contra as mulleres é pan de cada día. Tampouco hai dúbidas de que o poder económico é cousa de homes, abonda ollar o listado da revista Forbes. E esta tendencia reprodúcese no eido político, aínda que hoxe en menor medida. A igualdade de xéneros está lonxana no mundo, mais algúns países van por diante neste obxectivo e non todos teñen antecedentes de discriminación semellantes. A oposición de sectores retrógrados aducindo razóns diversas non cede. Cómpre polo tanto dar unha batalla cotiá, e non deixar pasar ningún caso de discriminación de xénero. Para construír unha sociedade mellor, canto máis rápido se consiga a igualdade en todos os ámbitos máis avanzaremos na xustiza social e na soberanía dos pobos.
Continue reading