Tagmovemento obreiro

Que é, e para que serve a unidade de clase?

Todas as enquisas reflicten que a maior inquedanza da xente está relacionada co traballo, ben sexa en referencia ás condicións laborais como ao desemprego. É lóxico, porque o traballo segue sendo un aspecto central na vida das persoas, malia os avances tecnolóxicos e o mundo virtual. E sendo certo que hoxe, con menos man de obra e horas traballadas, conséguese máis produción de bens que antes da crise, tamén é verdade que apareceron ou se ampliaron actividades que absorben moito emprego. Esta dualidade non se resolveu en favor da clase traballadora. Polo que, dunha banda mantense moi alta a reserva de man de obra (desemprego, inmigración), e pola outra, a maioría das persoas asalariadas realizan horas extras a esgalla polas que non se cotiza e moitas delas tampouco se pagan. Forma parte dunha economía en precario, e en boa medida en negro, que está en ascenso, que conta coa complicidade dun Governo que está ao servizo exclusivo das clases dominantes.

Continue reading

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Un salario mínimo de mil euros

En novembro do ano pasado, o Congreso aprobaba unha proposición de lei de Podemos, que contou co apoio do PSOE, co obxectivo de aumentar o salario mínimo interprofesional (SMI) ate os 950 euros para o ano 2020. Porén, a disolución das Cortes impediu a súa tramitación. E o pacto posterior entre PP e PSOE, fixou o SMI en 707,6 euros ao mes en 14 pagas. Semella que isto afogou o debate. Algo que ten lóxica, porque os acordos previos entre os partidos da oposición con maior representación parlamentar partían dunha postura tímida e incoherente. Asemade, téñase en conta que a Carta Social Europea propón que o SMI corresponda ao 60% do salario medio. Ou sexa, no caso do Estado español, serían 933 euros en 14 pagas. Máis de 200 euros por riba do pactado entre o PP e o PSOE.

Continue reading

Sindicalismo e política no Uruguai

O Uruguai, onde por certo emigrou tanta xente da Galiza, é unha das poucas nacións onde existe unha central sindical única de traballadores/as. Non é por imposición do governo, senón como consecuencia da experiencia histórica da clase traballadora dese país, que comprobou as vantaxes da unidade, malia que existan dificultades pra conservala nos momentos de maior confrontación. Evidentemente, a unión só se pode garantir na práctica partindo dunha premisa: manter a independencia de clase, sexa cal sexa o partido no poder. Por esta razón, aínda que o PIT-CNT chame a votar nas eleccións políticas pola “Fronte Amplia”, e que esta governe o país, a central utiliza a mobilización para presionar cando o considera necesario.

Continue reading

Clase e soberanía, a mesma loita

Dicíame hai uns días un compañeiro que, sendo certo que na Galiza existe unha interdependencia entre loita de clases e cuestión nacional, acadar a soberanía é unha condición principal para rematar coa explotación. Non hai dúbida de que ten toda a razón, especialmente cando se trata do noso país, de como foi conquistado, do papel colonial que cumpre historicamente no Estado español (EE). Mais tamén da fortaleza do proceso de concentración e centralización da riqueza e do poder, da correlación de forzas, e da actitude diante do feito nacional, tanto por parte de Madrid como de Bruxelas. Só mediante un Estado Galego é posíbel superar o capitalismo e construír o socialismo. E mesmo así, haberá moitos atrancos por diante.

Continue reading

A conflitividade laboral colle folgos

Aínda que a actual vaga de conflitos laborais comezou o pasado xuño, todo indica que están a acadar a súa maior extensión no mes actual. É algo que chama a atención, xa que coas vacacións reláxanse as tensións derivadas das relacións dentro da empresa. Este ano non é así, o que reflicte a agudización das contradicións traballo-capital, malia que as estatísticas amosen unha caída do desemprego, así como unha mellora entre as familias que teñen atrancos pra chegar a final de mes. O medre da conflitividade pon en cuestión estes dados. Ou cando menos, deixa en evidencia que non reflicten correctamente a situación dunha boa parte da sociedade, e que a precarización nas súas diversas variantes está a abranguer todos as actividades.

Continue reading

As renuncias comezan na praxe cotiá, tamén as transformacións

Aínda que semelle unha contradición, hai un nexo entre aquelas forzas e dirixentes que poñen énfase esencialmente no concreto e aquelas que, pola contra, antepoñen o aspecto xeral. Ou sexa, entre aquelas que se gaban de reivindicar cuestións tácticas (sexan sectoriais, locais ou dun segmento social), e as que coidan que o único que importa é o que atinxe aos aspectos estratéxicos. Na primeira opción, a escusa é que realizan unha política de masas que ten en consideración o nivel de conciencia social. Na segunda, valórase como determinante o debate e a mensaxe, para así guiar as clases populares polo camiño do cambio. A ponte que ambas as posturas colocan entre o concreto e o xeral é tan estreita e circunstancial, que non permite aos/as simpatizantes, e nos casos máis estremos mesmo aos/as militantes, ligar axeitadamente a realidade coa proposta política.

Continue reading