Tagmarxismo

Máis debate, máis análise de fondo

Algúns dos organismos económicos internacionais que apostan pola globalización, como o FMI, revisaron á alza o medre do PIB no Estado español pra este e máis o vindeiro ano. Con tal motivo, tanto o Governo central como a Xunta de Galiza botan peito, e reafírmanse nas súas políticas de axuste pra os de abaixo. En realidade, trátase dunha rectificación dunhas décimas, que depende máis do contexto internacional, que das dinámicas económicas internas. Tanto o Governo central como a Xunta, especialmente esta última, teñen pouca ou ningunha iniciativa, aplican as decisións que se toman en Bruxelas, que só cuestionan en casos moi específicos. Só mostran os dentes cando atinxen aos grandes grupos económicos privados, como a banca, a enerxía e as telecomunicacións, con fortes intereses no Estado español e no exterior, como por exemplo na América Latina. En fin, como o papel de socios menores de Alemaña e Francia élles funcional, ceden en determinadas áreas pra garantir noutras a expansión exterior con privilexios. Non é unha cuestión de soberanía.

Continue reading

Vixencia da Teoría da Dependencia

Considero de moito interese o recente traballo do sociólogo mexicano Adrián Sotelo Valencia “Teoría da Dependencia; unha revalorización do pensamento de Marini para o século XXI”. O seu autor ten unha extensa produción de textos nos que analiza a cuestión do traballo nas economías dependentes. Varios dos seus libros foron publicados en galego pola Fundación Moncho Reboiras. Neste novo texto, despois de expoñer as distintas correntes económico-filosóficas, Sotelo detense máis de vagar a realizar dende a periferia, unha lectura marxista da dependencia. Argumenta polo miúdo as diferencias que esta corrente tiña co “desenvolvementismo (desarrollismo)” promovido dende a CEPALi por Raúl Prebich, na década dos cincuenta e sesenta do século pasadoii. Sobre este aspecto destaca Adrián Sotelo: A maioría dos autores entendía a “dependencia”, no espírito da concepción etapista e lineal de Rostow, como unha etapa máis na “sucesión lineal” para atinxir a fase plena do capitalismo e poñía o énfases na industrialización, o melloramento da distribución do ingreso e na posibilidade de acadar o desenvolvemento “autónomo” do capitalismo, tese esencial da CEPAL que nunca se cumpriu”. (https://www.lahaine.org/mundo.php/teoria-de-la-dependencia-una)

Continue reading

A análise estrutural-funcionalista fúrta a perspectiva de cambio

Unha grande parte das análises que se fan, especialmente nos medios, mais tamén dende os partidos e organizacións sociais, reproducen os métodos e obxectivos das clases hexemónicas. Reducen o enfoque ás contradicións concretas, e en moi raras oportunidades contextualizan o problema. Esta visión reducionista e deformada das contradicións é un atranco para a comprensión da cuestión nacional, como un problema que atinxe todos os aspectos da vida. Non se relacionan as mudanzas na economía ou o retroceso dos sectores produtivos (por exemplo na Galiza o agro-gandeiro, pesca, naval, etc.), co cultural e o lingüístico, nen co contexto exterior, nen co papel que se lle impón a cada país na cadea de valor. E que este papel está en función do grao de soberanía nacional e do conflito de intereses coas corporacións das potencias hexemónicas ou/e intermedias.

Continue reading

Os revolucionarios non morren se viven no povo

1996-05-cuba-habana-desfile-primeiro-de-maio-n264A xenreira coa que están a reaxer os medios sistémicos diante da morte de Fidel Castro, en contraste co recoñecemento por parte da esquerda e os governos antiimperialistas, amosa ate que punto as clases dominantes ollan con preocupación o futuro. Malia a hexemonía actual do capital, temen a revolta social, e comprenden que a Revolución Cubana é un perigoso exemplo, mesmo coas intervencións e bloqueos exteriores e as eivas internas. Daquela que non sexa casual que queiran vender idea de que “terminou unha era”. É dicir, que as revolucións populares son cousa do pasado. Mentres que as guerras, a violencia, a desfeita da natureza, o aumento da desigualdade, xustifícanse coa necesidade de alargar a “democracia” e a competividade. Porén, é un engado que non se sustenta porque contrasta coa realidade, máxime cando todo o sacrificio esixido ao povo transfórmase en lucros para as grandes corporacións e fortunas. Unha explotación que vai a máis, que resulta insoportábel, especialmente nos territorios oprimidos, aínda que a globalización non se faga hoxe só en beneficio das potencias occidentais.

Continue reading

O que define unha liña política é a praxe ¿non é así Sr. Beiras?

Segundo varios medios de comunicación, o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, ten claro que, hoxe por hoxe, o independentismo non é o camiño para acadar un estado soberano en Galicia. “Eu son independentista e marxista, pero nunca exercín como tal”, apuntou nunha entrevista en RNE, segundo o xornal dixital Galicia Confidencial do 16 de marzo. Non deixa de chamar a atención que alguén que se reclama marxista esqueza despois que, segundo unha concepción materialista da realidade, o que caracteriza unha persoa ou organización é a unidade entre a teoría e a práctica social, ou sexa: a súa praxe.
Continue reading

Dialéctica da dependencia

Na década dos sesenta e setenta un grupo de pensadores marxistas da América Latina fixeron unha importante contribución para a caracterización dos países dependentes, partindo da realidade obxectiva de que neste contexto a clase traballadora estaba sometida a unha super-explotación. A súa achega é coñecida como a Teoría da Dependencia. Destacando entre os impulsores da mesma: Theutonio dos Santos, André Gunder Frank, Ruy Mauro Marini, Celso Furtado, Vania Bambirra, etc. Tamén o exipcio Samir Amin está moi influenciado por esta tendencia. A Teoría da Dependencia xurdiu ligada aos estudos da CEPAL, na etapa que esta organización das Nacións Unidas para a América Latina estaba dirixida por Raúl Prebich entre 1950-1963, aínda que Marini se enfrontou as súas propostas desenvolventistas, representadas entre outros polo brasileiro Fernando Henrique Cardoso.

Continue reading

Marxistas de internet

Sempre pensei que a electrónica é un avance inmenso que ofrece grandes oportunidades á humanidade, aínda que, todo depende de como se empregue. Por exemplo, a televisión tanto pode ser un medio para ampliar os coñecementos da xente como para dar folgos á alienación. A utilización da técnica en cada intre histórico e país depende das ideas dominantes das clases hexemónicas. A globalización neoliberal afortalou a evasión e o espectáculo (ou sexa o afastamento da realidade) en detrimento do coñecemento, a participación e a información rigorosa.
Continue reading