Tagmanifestacion

A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron en termos reais. Aumentou a eventualidade e o emprego a tempo parcial. As pensións tamén perderon poder adquisitivo, e a fiscalidade reduciuse pra as grandes fortunas e as empresas, dando folgos á desigualdade. E, por se non abondase, un servizo tan esencial como é a sanidade, foi dando pasos atrás, tanto no copago de medicamentos, como na redución de medios nos hospitais e centros de atención primaria.

Continue reading

Cal é o papel do poder xudicial?

A decisión do Tribunal Supremo (TS) de manter Oriol Junqueras en prisión preventiva, malia ser reelixido nas eleccións catalás do 21-D, e non ter marchado ao exterior para evitar a actuación da xustiza española, amosa a politización das máximas instancias do poder xudicial. Asemade, converte en acertada a postura de Puigdemont de se asilar en Bélxica, e dálle valor á desconfianza da xustiza daquel país en relación coa súa extradición. Outro tanto se pode dicir da detención de Jordí Sánchez e Jordí Cuixart, lideres da Assemblea Nacional Catalana e de Ómnium respectivamente, polos mesmos motivos e iguais argumentos. As resolucións da Audiencia e do TS, e a postura do fiscal, suman atrancos a unha saída dialogada en Cataluña. Tamén quitan credibilidade ao argumento das forzas hexemónicas, segundo o cal o independentismo tería os mesmos dereitos que as opcións políticas que defenden a unidade.

Continue reading

Todas e todos a prol da lingua galega

O vindeiro 13 de decembro, cúmprense tres décadas da masiva manifestación a prol da lingua galega, realizada durante o governo tripartito na Xunta (PSOE, CG e PNG). Nesta convocatoria acadouse un grao de unidade política e social que non se volveu repetir posteriormente. Mobilizáronse en Compostela sobre 20 a 25 mil persoas, segundo os organizadores. Foran convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) e sindicatos de traballadores/as e estudantís (CXTG, INTG, CCOO, CNT, CAF, Sindicato de Estudantes, etc). Contou tamén co apoio do PSG-EG, BNG, PCG e mesmo de persoeiros de Coalición Popular, do PSOE e do PNG. Adheriron rente de 50 corporacións municipais. A MNL convidara ao Governo galego a encabezar a manifestación. O semanario A Nosa Terra destacaba que só faltaban Coalición Galega (CG), e García Sabell, que era o delegado do Governo central (presidido por Felipe González, PSOE).

Continue reading

Cando os gandeiros tomaron as rúas

O 28 de febreiro de 1987 realizouse na Coruña a maior manifestación do agro galego. Estimouse en 100.000 persoas. O motivo era a cota do leite imposta pola entrada no Mercado Común no ano 1986. Esta era un corsé que impedía o desenvolvemento dunha actividade en rápida expansión, dadas as boas condicións do noso País para este tipo de produción. Na primeira liña deste movemento popular estaba o nacionalismo anticolonial, e moi especialmente as Comisiós Labregas, que valoraba a integración no MCE como a ruína do pobo galego, xa que hipotecaba o futuro. Outras forzas reducían os danos a uns poucos sectores, como o agrario, e entendían que a incorporación ía modernizar Galiza, desenvolver a industria, mellorar os servizos e prestacións sociais, e empurrar a economía.

Continue reading

Non hai tanto que o agro fervía

O 28 de febreiro de 1987 unha multitudinaria manifestación (estimada en cen mil persoas) percorría as rúas da cidade da Coruña en oposición á cota láctea imposta como consecuencia da entrada no Mercado Común Europeo no ano 1986. A cota implantárase no MCE desde o ano 1984, co pretexto de a produción ser superior á demanda. Para Galiza, onde o sector estaba en plena expansión debido a que o mercado do Estado español era deficitario, esta limitación significou unha mazada. Atrancábase o noso desenvolvemento e impedíase tirar rédito dos investimentos, en beneficio dos países con excedentes lácteos, que xa formaban parte do Mercado Común (Alemaña, Francia, Países Baixos).

Continue reading

Apuntamentos encol da manifestación de Queremos Galego

2013 05 17 compostela dia letras galegas P1070296 (17)A mobilización do pasado domingo a prol do galego foi un éxito de participación. Foino malia que os medios de comunicación máis importantes silenciaron en boa medida a convocatoria, e cando se viron obrigados a comentala, fixérono dándolle sobre todo a voz á Xunta do PP para desalentar a protesta. Foi acertado que Queremos Galego anunciase a manifestación con moita antelación, para xerar así expectativa e ademais puidese chegar a toda a base social do nacionalismo, que ten un metabolismo moi lento ao carecer de medios de comunicación de masas propios. Mesmo, neste caso, resultou secundario que a consigna e máis o cartaz necesiten dun intérprete para entender cal era o obxectivo da convocatoria.

Continue reading

A maior manifestación do campesiñado galego

Hai vinte cinco anos que se realizou na Coruña, o 28 de febreiro de 1987, a que foi a manifestación máis grande do sector agrario galego, cando menos numericamente falando, xa que unhas 100.000 persoas percorreron as rúas da cidade. Evidentemente non eran só labregos, xa que había persoas que se dedicaban a outras actividades se solidarizaron, porén, como destaca o semanario A Nosa Terra, neste caso tiña o valor engadido de reunir xente que se desprazou desde aldeas e lugares moi afastados.
Continue reading