Tagliberdade

Unha iniciativa acertada en Catalunya

Son dos que pensa que o nacionalismo catalán, cando menos os partidos con maior peso electoral, valoraron incorrectamente o carácter do capitalismo na súa fase imperialista. Polo tanto, tamén o fixeron co papel máis simbólico que real dos mecanismos democráticos, e sobre cal era a correlación de forzas na práctica, tanto en Cataluña, como no Estado español e na Unión Europea. Ademais, nesta conxuntura, no contexto mundial, a confrontación entre potencias pola distribución da riqueza e do poder acadou unha intensidade que non deixa moita marxe ao diálogo, á negociación, en case ningún ámbito, a menos que ao imperialismo non lle quede outra alternativa. Así o amosan as guerras de Oriente Medio, e as sancións económicas cada vez máis comúns contra as potencias e países que desafían a orde imperial, ou que procuran manter políticas soberanas.

Continue reading

As eleccións europeas

Unha recente enquisa, encol das eleccións europeas, amosaba que a maioría da poboación olla a Unión Europea e as súas institucións, como algo alleo, xa que no Estado español a metade dos electores non votaría. Unha porcentaxe semellante á do ano 2009. Tamén é esclarecedor que neste período aumentasen nun 15% as persoas que coidan que foi negativa a entrada na UE, malia a inmensa propaganda a prol da Unión. Outras enquisas reflicten que entre un 40-45% dos consultados desexan abandonar a eurozona e que un 72% desconfía de Bruxelas. Mais, esta reivindicación dun amplo sector da sociedade non se recolle por ningún dos principais partidos, aínda que fagan unha valoración moi crítica da UE.
Continue reading

A Comuna: traballadores no poder

Hai 140 anos Paris converteuse primeiro en centro da maior experiencia colectiva de democracia popular. Un avance político e social histórico que foi truncado pola dura represión das clases dominantes. Carlos Marx analizou en A Guerra Civil en Francia este momento álxido da loita de clases. A Comuna non tivo tempo material pra se desenvolver, só durou pouco máis de dous meses en condicións de moitas dificultades e cercada.
Continue reading