Tagintg

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Cason: traxedia ecolóxica e conflito laboral

Hai agora tres décadas, o 5 de decembro de 1987, embarrancou na Costa da Morte o Cason, un cargueiro de 22 mil toneladas baixo bandeira panameña. O problema deste accidente, para alén dos verquidos de gasóleo, era a carga que levaba no interior: 13 toneladas de sodio en barras. Estas, mesturadas con outros elementos que levaba o barco a bordo, convertíano nunha bomba, segundo informaba o semanario A Nosa Terra. A cuestión agravouse cando eses bidóns, en lugar de seren desembarcados nos portos máis próximos, foron de peregrinaxe por todo o norte de Galiza. Nun primeiro momento, os 225 bidóns tóxicos amoreáronse no porto do Brens. Porén, diante da protesta do veciños, decidiuse trasladalos a San Cibrao. Esta decisión terminou ampliando o problema, xa que o desprazamento realizouse con engano, alevosía e nocturnidade. Este sería un dos motivos que causou máis alarma na poboación e tería consecuencias particularmente graves na factoría de Alumina-Aluminio.

Continue reading

Todas e todos a prol da lingua galega

O vindeiro 13 de decembro, cúmprense tres décadas da masiva manifestación a prol da lingua galega, realizada durante o governo tripartito na Xunta (PSOE, CG e PNG). Nesta convocatoria acadouse un grao de unidade política e social que non se volveu repetir posteriormente. Mobilizáronse en Compostela sobre 20 a 25 mil persoas, segundo os organizadores. Foran convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) e sindicatos de traballadores/as e estudantís (CXTG, INTG, CCOO, CNT, CAF, Sindicato de Estudantes, etc). Contou tamén co apoio do PSG-EG, BNG, PCG e mesmo de persoeiros de Coalición Popular, do PSOE e do PNG. Adheriron rente de 50 corporacións municipais. A MNL convidara ao Governo galego a encabezar a manifestación. O semanario A Nosa Terra destacaba que só faltaban Coalición Galega (CG), e García Sabell, que era o delegado do Governo central (presidido por Felipe González, PSOE).

Continue reading

O valor de obxectivos e folla de ruta en común

Durante o ano 2015 houbo no noso País nada menos que 3.524 manifestacións. Delas, case a metade por razóns laborais. Isto indica cales son as prioridades sociais. Dá unha media de rente de 10 manifestacións ao día na Galiza. Non se pode dicir polo tanto, que o noso sexa un pobo que acepte pasivamente a explotación e a opresión, ou calquera outro tipo de inxustiza. Lembremos que se realizaron, dende a caída da ditadura, nada menos que 14 folgas xerais, tres delas en 1984. A primeira, convocada en toda Galiza exclusivamente pola INTG. Estas folgas non foron unha arroutada. Non naceron do espontaneismo. Respondían a un contexto de grande conflitividade laboral e de reivindicacións democráticas. Ademais viñan precedidas de campañas prolongadas, como as xornadas de loita de 1978, consistentes en divulgación, accións, mobilizacións e paros, que recollían as principais e urxentes reivindicacións da clase traballadora.

Continue reading

1977: os 25 días de folga de PLANOSA

Planosa era unha empresa do sector químico, pertencente ao grupo Rumasa, que producía elementos plásticos para vehículos, desde volantes e salpicadeiros até mangueiras. Ficaba en Vigo, na rúa Bailén, na zona da Travesía de Vigo. O cadro de persoal da fábrica era de 120 persoas, cun número de homes algo superior ao de mulleres.

Continue reading

Todos por Galiza!!!

Esta foi a consigna coa que hai vinte e cinco anos, o 2 de abril de 1992, as centrais obreiras e labregas do país convocaron unha folga xeral nacional. No Eixo, voceiro da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), do mes de febreiro, facíase mención ás razóns da convocatoria: Nos últimos anos a situación socioeconómica de Galiza foise agravando: medre do paro rexistrado (un 16%), perda de miles de postos de traballo na industria (peche de Motores Deutz, Exminesa, Pebsa, Citroen Ourense; perda de emprego en Bazán, Astano, Barreras, etc.; difícil situación de Santa Bárbara, Coalsa, Refrey, Álvarez …), salarios máis baixos que no resto do Estado, e un aumento progresivo da precariedade laboral (sobre un 30% de eventuais)”.

Continue reading

A necesaria (e difícil) converxencia da CXTG e da INTG

1990 05 01vigo  019, pode que maio 88O vindeiro 2 de abril, cúmprense 25 anos da confluencia da CXTG e da INTG para a formación da Converxencia Intersindical Galega, unha “confederación” na que cada central mantiña organismos de dirección e unha estrutura independentes. Deste xeito recuperábase o carácter de “sindicalismo máis representativo” para as centrais nacionalistas, e daba un paso de xigantes a coordinación na acción sindical. A Converxencia foi un precedente esencial para a constitución catro anos despois da Confederación Intersindical Galega (CIG). A decisión deu lugar, non só a unha central moito máis forte no organizativo, senón ademais cunha gran capacidade mobilizadora, para manter a iniciativa na loita contra o capital e a prol da soberanía da Galiza.

Continue reading