Taghoras extras

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Ollo! As estatísticas non son imparciais

Desde que comecei a ter interese na cuestión política, sendo un mociño, dinlle moita importancia aos dados estatísticos, porque permitían contrastar as vivencias persoais cunha avaliación da realidade que podía ser máis obxectiva. Esta tendencia a procurar unha base estatística para a análise fortaleceuse na Universidade de Bos Aires participando na actividade política nunha esquerda marxista que todo o contrastaba. Mais as enquisas non reflicten sempre con exactitude a realidade económica e social, xa que as persoas que as elaboran non viven á marxe dos intereses políticos e económicos. De aí que unha utilización mecánica conduce moitas veces a realizar valoracións que acaban sendo erradas, que non contribúen ou mesmo poden restar ao obxectivo liberador. Non é un tema secundario, máxime cando aspectos como a loita de clases e a cuestión nacional son temas moi sensíbeis, centrais para consolidar a hexemonía do capitalismo.

Continue reading