TagHistoria

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Tempos revolucionarios

Hai corenta e cinco anos, nacía ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). Unha organización nacionalista que, durante toda unha década, acadou unha gran implantación na Universidade e no Ensino Secundario do país. Foi a predecesora do que logo foron os CAF e os CAE. ERGA tiña como obxectivo ser o xermolo dunha organización de masas, dun sindicato de estudantes. Considerábase que o estudantado constituía un grupo social con reivindicacións propias: un ensino nacional, popular e científico.

Continue reading

Recuperando a nosa historia

Que se realice unha exposición de obxectos suevos na cidade de Ourense, con máis de trescentas pezas procedentes de 10 países, é unha boa iniciativa. O fundamental é que axudará a divulgar unha etapa esencial da historia do País, e da nosa a vinculación e mestizaxe con este povo xermánico, con orixe primitivo nas costas bálticas, e que deu lugar ao que se considera o primeiro reino da Europa occidental xurdido despois da caída do Imperio Romano de Occidente.

Continue reading

O derradeiro 1º de maio que se reprimiu

Morrera o ditador Francisco Franco en novembro de 1975 e asumira a presidencia de governo Adolfo Suárez en xullo de 1976. Eran moitas as expectativas de cambio, cunha clase obreira moi mobilizada, e cun movemento estudantil e labrego en expansión (Encrobas, Xove, etc.), facendo piña cos primeiros. En 1975, comezara na Galiza un novo auxe das folgas reivindicativas, superando así a dura represión contra os paros de marzo de 1972 polo conflito da Bazán no Ferrol, e das dúas semanas de folga en Vigo en setembro dese mesmo ano. Os conflitos pola negociación colectiva alargáronse a partir de 1977 das grandes empresas ás medianas e pequenas, a través dos convenios provinciais de sector, e a todo o ámbito galego. En Ourense por exemplo, ao convenio da construción (marzo), e pouco despois ao da madeira (maio).

Continue reading

A redención dos foros, unha conquista

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No ano 1926, hai nove décadas, durante a ditadura de Primo de Rivera, aprobouse o Decreto-Lei pra redención forzosa dos foros, que eran unha pesada lousa sobre os labregos e labregas. Foi unha decisión meditada, e tiña como obxectivo frear a crecente axitación campesiña que atinxía moi especialmente o mundo rural galego. Contou co apoio das asociacións campesiñas máis importantes, comezando polo sindicalismo católico (CNCA), así como dunha fracción dos que querían a abolición. O sindicalismo abolicionista (CRAG) propuña que non se lle dese compensación económica aos posuidores dos foros e tiña unha forte tendencia rexionalista e de esquerdas.

Continue reading

Portugal 1974-75, as forzas armadas co povo

1974 04 25 lisboa abril revolucionO 25 de abril de 1974, un destacamento de militares portugueses da Escola Prática de Cavalaria de Santarém, con 25 tanques, baixo o mando do capitán Salgueiro Maia, ocuparon o Torreiro do Pazo, no centro de Lisboa. Deseguido fixeron o propio cos ministerios, o Banco de Portugal e Rádio Marconi. Previamente, Rádio Renascença emitiu para todo o país a primeira estrofa de “Grândola, Vila Morena”, de Zeca Afonso; esa foi a sinal para que encetaría a Revolución. A insurrección militar estivo coordinada polo maior Otelo Saraiva de Carvalho.

Continue reading

A revolución de 1846 fracasou en Ourense

Antoln-Faraldo_thumbHai 170 anos do levantamento en Lugo de sectores progresistas do exército contrarios a Narváez, quen presidía o Governo. Terían como aliados os “provincialistas”, que reivindicaban a unidade da provincia (Galiza) e un trato xusto. Estes últimos déronlle un perfil galeguista á insurrección, cando non foi apoiada no resto do Reino. Ao levantamento militar uniuse Compostela, a provincia de Lugo e Pontevedra. Formáronse xuntas revolucionarias e incorporáronse carabineiros e gardas civís, así como máis dun milleiro de voluntarios civís, entre eles universitarios. Despois da formación da Xunta Suprema de Galiza o día 15 de abril en Compostela, creáronse dúas divisións, duns 2.500 homes cada unha. A comandada por Solís tiña a finalidade de liberar A Coruña e Ferrol, e a que dirixía Leoncio Rubín de Celis, Ourense.

Continue reading