Tagguerra fria

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

Non Aliñados, a forza da distensión

1966-delhi-indira-tito-nasserO 24 de outubro de 1966, hai agora medio século, comezaba en Nova Delhi a Conferencia Tripartita do Movemento de Países Non Aliñados (MNOL), na que participarían Indira Gandhi pola India, Nasser por Exipto e Tito por Iugoslavia. Este movemento internacional aínda segue activo, mais cun papel pouco relevante, por mor da globalización e do pensamento único. As últimas reunións dos non aliñados foron en Teherán, no ano 2012, e na Illa de Margarita, en Venezuela, no ano 2016. Neste encontro destacáronse como prioridades, entre outras, a refundación da ONU, a defensa do povo palestino, o fin do bloqueo a Cuba, e a descolonización de Porto Rico. Actualmente o MNOL está presidido por Nicolás Maduro, presidente de Venezuela.

Continue reading

Para alén da guerra fría

ataque israel sobre gaza

ataque israelí contra gaza

Son moitos os analistas que valoran que imos camiño dunha nova guerra fría, mais tal como están as cousas, coincido con esa minoría que certifica que xa ficamos metidos nela ate o pescozo, e que mesmo a tendencia dominante semella conducir a unha solución violenta das diferenzas entre as potencias. Sen dúbida a situación na Ucraína é a que mellor reflicte a agudización das contradicións e dos métodos que o imperialismo hexemónico está disposto a utilizar para as resolver ao seu favor. As preguntas son: ficará o conflito militar en confrontacións localizadas? non se estará xogando con lume, máxime cando as potencias involucradas posúen armamento nuclear?

Continue reading

Ucraína, un antes e un despois

O enfrontamento entre as potencias atlantistas e Rusia polo control de Ucraína, amosa que a loita pola hexemonía non se limita á competitividade na economía, senón que se alarga ao eido da confrontación política, militar e tamén da información. Non ficamos diante dun enfrontamento entre dous modelos de sociedade; ambas as partes defenden o capitalismo neoliberal. O que está en disputa é se as potencias hexemónicas (os Estados Unidos e máis os seus aliados, entre os cales a UE) aceptan a existencia dun mundo multipolar. Por iso resulta cínico acusar a Rusia de invadir Crimea, cando iso mesmo teñen feito as potencias dominantes dende Granada ate Afganistán, Libia ou Costa de Marfil. Tampouco se pode ignorar que Estados Unidos ten 200 bases militares no exterior e que cada vez estreita máis o seu cerco sobre Rusia e China.
Continue reading

Unha nova Guerra Fría

Estiven en Siria en 1994, no 13º Congreso da Federación Sindical Mundial. Pareceume un país cun nivel económico medio. Chamoume a atención a variedade étnica, que mesmo se apreciaba na indumentaria: árabes, circasianos, curdos, etc. Siria conta cun forte exercito, consecuencia do conflito latente con Israel, a fronteira con Turquía (membro da OTAN), e a inestabilidade do Líbano. Fago estas consideracións xa que coido moi simplistas os paralelismos que se realizan con Europa, tanto polo grao de desenvolvemento económico, como polo diferente contesto socio-político da contorna.
Continue reading