Tagglobalizacion

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

Empresa pública ou privada?

Lendo hai uns días un artigo de Michael Roberts, sobre as empresas de propiedade pública, este daba un dato que contradí a idea dominante, cando menos nos países occidentais, a respecto de que estas son sinónimo de mala xestión. O economista británico afirma que “a industria estatal en realidade é un modelo económico de éxito” (http://www.sinpermiso.info/textos/modelos-de-propiedad-publica-para-un-futuro-cercano). Destaca que entre as cincocentas empresas internacionais de maior rendibilidade, a proporción de empresas públicas pasou do 9% en 2005 ao 23% en 2015. Dinos que isto é resultado en boa medida do éxito das empresas estatais chinas.

Continue reading

A cara escura das intervencións

O vindeiro 16 de marzo cúmprese medio século do asasinato masivo de civís en My Lai, en Vietnam, por parte de tropas norteamericanas. De inicio, presentaron oficialmente as 120 persoas masacradas como 90 combatentes vietcong e 30 civís acompañantes. Ou sexa, danos colaterais, aínda que na ocupación da aldea só se atopasen tres armas. A realidade foi, que pra obter méritos militares, e dado que estes estaban unidos ao número de baixas causadas ao “inimigo”, o tenente William Calley e os seus homes, despois de baixar dos helicópteros que os conduciran ao lugar, violaron mulleres e nenas, mataron o gando, puxeron lume ás casas, e como remate, reuniron os habitantes do poboado e asasináronos a todos (anciáns, mulleres e nenos/as en número de 507).

Continue reading

Vixencia da Teoría da Dependencia

Considero de moito interese o recente traballo do sociólogo mexicano Adrián Sotelo Valencia “Teoría da Dependencia; unha revalorización do pensamento de Marini para o século XXI”. O seu autor ten unha extensa produción de textos nos que analiza a cuestión do traballo nas economías dependentes. Varios dos seus libros foron publicados en galego pola Fundación Moncho Reboiras. Neste novo texto, despois de expoñer as distintas correntes económico-filosóficas, Sotelo detense máis de vagar a realizar dende a periferia, unha lectura marxista da dependencia. Argumenta polo miúdo as diferencias que esta corrente tiña co “desenvolvementismo (desarrollismo)” promovido dende a CEPALi por Raúl Prebich, na década dos cincuenta e sesenta do século pasadoii. Sobre este aspecto destaca Adrián Sotelo: A maioría dos autores entendía a “dependencia”, no espírito da concepción etapista e lineal de Rostow, como unha etapa máis na “sucesión lineal” para atinxir a fase plena do capitalismo e poñía o énfases na industrialización, o melloramento da distribución do ingreso e na posibilidade de acadar o desenvolvemento “autónomo” do capitalismo, tese esencial da CEPAL que nunca se cumpriu”. (https://www.lahaine.org/mundo.php/teoria-de-la-dependencia-una)

Continue reading

O bingo das criptomoedas

Hai medio mes, vendíase un ático en Tarragona por 40 bitcoins. O propietario puxo como condición que a transacción se fixese nesta criptomoeda. O valor era naquel intre equivalente a 550.000 euros. O bitcoin tiña multiplicado o seu valor en poucos meses, e comezou a cotizar no mercado de futuros da Bolsa de Chicago. Pasou pouco tempo, e cando algúns xa daban estas criptodivisas como un substituto das moedas oficiais con respaldo dos estados, o bitcoin encetou un acelerado descenso. Hoxe o valor daqueles 40 bitcoins sería 248.000 euros. O propietario perdeu máis da metade do que gañara. Isto é demostrativo do carácter especulativo das criptomoedas, de que se trata dun xogo de ruleta. Dependen da vontade dos grandes investidores/as e daqueles/as que teñen unha maior cantidade de bitcoins (dos que existe un número limitado). Asemade, as persoas e entidades creadoras destas moedas dixitais permanecen no anonimato.

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Poñelo todo ao servizo do negocio

Os dous puntos máis quentes do planeta son o Oriente Medio e a península Coreana. Sen esquecer que en calquera intre os conflitos do Donbass e do Pacífico Sur poidan sumarse a esta lista. En todos os casos, e para alén dos actores locais e rexionais, existe unha liorta entre as principais potencias. Por unha banda Estados Unidos e aliados que queren manter a hexemonía absoluta, conseguida coa caída da Unión Soviética. E por outra banda, Rusia e China, potencias rexionais e países que defenden a súa soberanía, que queren un mundo multipolar. Non se trata de cuestións de simple protagonismo político. O que está en disputa é o papel de cada país na economía mundial, co que isto implica en desenvolvemento, beneficios empresariais e creación de emprego.

Continue reading