Taggaliza

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Sangue e bágoas, dignidade e rebeldía na loita contra os foros

Hai agora 110 anos, o 5 de xaneiro de 1908, constituíuse o Directorio Antiforista de Teis. Abríase deste xeito unha nova etapa, máis organizada e menos espontánea, na loita das xentes do rural contra os foros. Estes afogaban o desenvolvemento agrario e da sociedade galega en xeral. A xeneralización dos foros como contrato agrario deuse na Galiza dende a Idade Media, e converteuse en hexemónico entre os labregos e labregas. O pagamento das rendas facíase en especie e en diñeiro, sendo maioritaria a primeira forma (98,3%). Ate a desamortización de 1836, as institucións relixiosas eran as maiores outorgantes de foros. Despois, a maioría deles pasarían a mans de pequenos rendeiros urbanos, aínda que eran os grandes propietarios os que controlaban o rural, os caciques, grazas ao seu peso político e relacións coas estruturas de poder.

Continue reading

Cataluña como escusa

Todos os partidos do arco parlamentar criticaron o discurso de fin de ano do Presidente da Xunta Núñez Feijóo, que destacou polo seu esaxerado optimismo no económico e polo ataque a Cataluña. Sen dúbida esta mensaxe era esperada polos sectores máis reaccionarios da sociedade galega, e recolleu unha morea de aplausos na España profunda. Semella que a súa perspectiva estivese condicionada por ter un papel en Madrid, que ofrecer alternativas pra Galiza. Por exemplo, contra alta taxa de desemprego, a emigración da mocidade, os baixos salarios e a precariedade, o reto das pensións e da dependencia, a desfeita do rural e os atrancos do sector pesqueiro, etc. E como síntese de todas estas eivas e atrancos: a caída demográfica constante.

Continue reading

Cason: traxedia ecolóxica e conflito laboral

Hai agora tres décadas, o 5 de decembro de 1987, embarrancou na Costa da Morte o Cason, un cargueiro de 22 mil toneladas baixo bandeira panameña. O problema deste accidente, para alén dos verquidos de gasóleo, era a carga que levaba no interior: 13 toneladas de sodio en barras. Estas, mesturadas con outros elementos que levaba o barco a bordo, convertíano nunha bomba, segundo informaba o semanario A Nosa Terra. A cuestión agravouse cando eses bidóns, en lugar de seren desembarcados nos portos máis próximos, foron de peregrinaxe por todo o norte de Galiza. Nun primeiro momento, os 225 bidóns tóxicos amoreáronse no porto do Brens. Porén, diante da protesta do veciños, decidiuse trasladalos a San Cibrao. Esta decisión terminou ampliando o problema, xa que o desprazamento realizouse con engano, alevosía e nocturnidade. Este sería un dos motivos que causou máis alarma na poboación e tería consecuencias particularmente graves na factoría de Alumina-Aluminio.

Continue reading

Tempos revolucionarios

Hai corenta e cinco anos, nacía ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). Unha organización nacionalista que, durante toda unha década, acadou unha gran implantación na Universidade e no Ensino Secundario do país. Foi a predecesora do que logo foron os CAF e os CAE. ERGA tiña como obxectivo ser o xermolo dunha organización de masas, dun sindicato de estudantes. Considerábase que o estudantado constituía un grupo social con reivindicacións propias: un ensino nacional, popular e científico.

Continue reading

Recuperando a nosa historia

Que se realice unha exposición de obxectos suevos na cidade de Ourense, con máis de trescentas pezas procedentes de 10 países, é unha boa iniciativa. O fundamental é que axudará a divulgar unha etapa esencial da historia do País, e da nosa a vinculación e mestizaxe con este povo xermánico, con orixe primitivo nas costas bálticas, e que deu lugar ao que se considera o primeiro reino da Europa occidental xurdido despois da caída do Imperio Romano de Occidente.

Continue reading