Tagfrancia

A Unión Europea e as súas contradicións

As dúas cabezas da Unión Europea andan revoltas. Alemaña, que é a maior economía da UE, xa que ten un PIB de nada menos que 3,263 mil millóns de euros en 2017 (3,934 PPA 2016), conseguiu, despois de moitos atrancos, formar un governo favorábel aos intereses do capital. Mais faino sacrificando o bipartidismo sistémico, que tanto axudou á dar aires de pluralidade a unha democracia formal. O novo governo de Merkel é máis feble que o anterior.

Continue reading

Nova contra-reforma laboral á vista

O pasado venres, Emmanuel Macron, presidente de Francia, asinou varios decretos de reforma laboral que non foron debatidos na Asemblea Nacional, xa que previamente esta outorgoulle esa facultade. Trátase de cambios que terán unha inmediata e profunda repercusión en Francia, e a medio prazo no conxunto da Unión Europea e en todo o mundo. Son un paso máis nun escenario construído á imaxe do gran capital transnacional, que hoxe ten un inmenso poder económico, mediático e político. Non se pode obviar, que estas reformas laborais regresivas están en sintonía coas realizadas antes no Estado español e coas que se acaban de aprobar en Brasil, a primeira potencia industrial de América Latina, coincidindo coa decisión de Temer de privatizar as principais empresas públicas.

Continue reading

A guerra siria entra nunha nova fase

Todos os actores presentes no escenario sirio ficaron sen dúbida sorprendidos pola rapidez coa que o exército gobernamental, coa colaboración da aviación e da mariña rusas, foi quen de superar as defensas do Estado Islámico na cidade de Deir-Ez-Zor. Hai que ter en consideración, que nesta urbe, a máis importante do leste de Siria, e cunha parte ocupada, concentráronse as tropas do EI que fuxiron de Mosul e doutras partes de Iraq. Falábase mesmo de que ía ser a capital do Califato, en substitución de Raqqa. Trátase dunha cidade estratéxica, no centro da zona petroleira máis importante de Siria, próxima á fronteira iraquí, e formando parte da franxa densamente poboada do río Éufrates.

Continue reading

O problema está no sistema

Estudosos do mundo do traballo, como o mexicano Adrián Sotelo Valencia e o brasileiro Ricardo Antunes, veñen alertando hai décadas sobre o medre da precarización laboral. Ambos ou dous argumentan que esta é unha tendencia mundial, aínda que máis forte nos países da periferia. Adrián Sotelo dinos no seu último libro, que a precariedade sempre existiu, que o seu retroceso relativo dependeu da correlación de forzas, da fortaleza da clase traballadora. Pola súa banda, Antunes destaca nunha recente entrevista, que na escravitude o traballador era vendido e na terciarización é alugado.

Continue reading

Democracia e governabilidade

Analizando os resultados das eleccións francesas resulta evidente que algo funciona mal no sistema electoral. Esta é a única conclusión á que se pode chegar, tendo un mínimo de sentido crítico, cando a representación parlamentar non expresa fielmente a vontade popular. Un feito moi grave, especialmente cando se comproba que a abstención (57,4%) supera os que votaron, e que un partido obtén o 61% da Asemblea Nacional co 16% dos censados. Non se trata dunha eiva sen transcendencia, xa que afectará á povoación de Francia nos vindeiros anos en todos os aspectos da súa vida, e dado a importancia dese país, a todos os países que integran a Unión Europea.

Continue reading

A maioría sistémica está garantida en Francia

Todo parece indicar que nas vindeiras eleccións lexislativas na Francia, para alén dos resultados concretos que acaden as siglas do grupo que apoiou a Emmanuel Macron para a presidencia, este vai ter garantido o apoio ao seu programa durante o mandato. Ate agora, foi quen de arrastrar boa parte do Partido Socialista e personalidades da dereita. E con seguridade, tecerá sen moita dificultade acordos con ducias de políticos locais que teñen garantida a elección no seu distrito á marxe da marca política coa que se presenten.

Continue reading

A loita obreira segue viva

Na información, os grandes medios dánlle pouca importancia aos conflitos laborais e reivindicacións sindicais. Porén, na práctica as protestas ligadas ás condicións de traballo van en aumento coa globalización neoliberal. E no caso concreto de Galiza, constitúen máis da metade das mobilizacións rexistradas. Pode que non conten co mesmo arroupe político que hai unhas décadas, e que as protestas non estean tan ligadas a un proxecto político e a unha folla de ruta común da clase traballadora. Mais, aínda sendo accións defensivas e pouco estruturadas, non deixan de ser transcendentes. Máxime se temos en consideración o seu número, o grao de participación, e que reflicten problemas que atinxen a máis do 80% da povoación activa, así como indirectamente a pensionistas, dependentes, desempregados, e afectan á demografía.

Continue reading