Tagfeijoo

A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron en termos reais. Aumentou a eventualidade e o emprego a tempo parcial. As pensións tamén perderon poder adquisitivo, e a fiscalidade reduciuse pra as grandes fortunas e as empresas, dando folgos á desigualdade. E, por se non abondase, un servizo tan esencial como é a sanidade, foi dando pasos atrás, tanto no copago de medicamentos, como na redución de medios nos hospitais e centros de atención primaria.

Continue reading

Cataluña como escusa

Todos os partidos do arco parlamentar criticaron o discurso de fin de ano do Presidente da Xunta Núñez Feijóo, que destacou polo seu esaxerado optimismo no económico e polo ataque a Cataluña. Sen dúbida esta mensaxe era esperada polos sectores máis reaccionarios da sociedade galega, e recolleu unha morea de aplausos na España profunda. Semella que a súa perspectiva estivese condicionada por ter un papel en Madrid, que ofrecer alternativas pra Galiza. Por exemplo, contra alta taxa de desemprego, a emigración da mocidade, os baixos salarios e a precariedade, o reto das pensións e da dependencia, a desfeita do rural e os atrancos do sector pesqueiro, etc. E como síntese de todas estas eivas e atrancos: a caída demográfica constante.

Continue reading

Lume, o escenario máis negativo

A Xunta quere canear as súas neglixencias en materia de loita contra o lume, botándolle toda a culpa do acontecido á trama incendiaria (a mesma que o PP negaba que existise durante o bipartito), facendo concentracións de cargos diante das institucións, polas vítimas, e pagando anuncios nos medios. Hai máis dunha razón para a traxedia vivida estes días polo noso País, parte de Asturias e Portugal. Ante todo están os incendiarios. Mais tamén, que o monte está descoidado pola desfeita do rural (pensemos só no prezo do leite e outros produtos, que non poden competir nun mercado aberto, industrializado e con condicións de traballo indignas, o abuso de substancias químicas, etc.). Como consecuencia: perda de poboación e avellentamento. Cómpre mudar o modelo de desenvolvemento, aquí e no resto do mundo. O sistema actual hipoteca o futuro da humanidade.

Continue reading

Oportuna cortiña de fume

No debate sobre o Estado da Autonomía, o Presidente centrou boa parte da súa intervención no conflito entre o Governo español e Catalunya, desviando a atención dos moitos e graves problemas que ten o noso país. Segundo a súa visión, Galiza sería a cara boa, tanto no aspecto democrático como no económico-social. E Catalunya, unha nación sometida a unha minoría que, nunha arroutada, provocou a ruptura social, e non respecta a democracia. Este foi o guión de Núñez Feijóo e o seu partido sobre o que debía ser o resume final do debate, co engadido dalgunhas políticas que transmitisen unha sensación de avance. Estas medidas concretaríanse na atención a máis 10.000 dependentes e a oferta de contratación de 14.000 funcionarios/as ate o ano 2020.

Continue reading

Galiza, país industrial

Segundo o director do IGAPE, creáronse dende maio de 2015 nada menos que 11.500 empregos no sector industrial. Ou sexa, en pouco máis de dous anos completouse un 23% do que a Xunta se marcaba como meta nun lustro, na Axenda de Competitividade de Galiza Industria. Polo que, pra completar o obxectivo, habería que triplicar o crecemento ate o ano 2020. A meta ten fundamento, dadas as potencialidades da nosa nación en recursos primarios e enerxéticos, polo que atinxir o 20% de povoación ocupada na industria non tería que ser unha utopía. Se fose así só seriamos superados por Navarra (27,2%), Rioxa (23,3%) e o País Vasco (22,9%). Óllese que estas últimas están na área de incidencia de Bilbao.

Continue reading

As trampas da dependencia

O Presidente Mariano Rajoy apresentou en rolda de prensa os últimos dados da EPA. Na mesma, lembrou asemade os do PIB e do comercio exterior, coa asistencia da totalidade do Goberno. A escenificación foi a propia dun momento transcendental, no que seica se demostraba na práctica o acerto das políticas do PP, tanto en relación co axuste no gasto social, como na regresiva reforma laboral. Medidas que el considera foron alicerce para o aumento do PIB de máis do 3% anual, para que crezan as exportacións, e para un forte medre da poboación ocupada.

Continue reading

Diagnose correcta e solucións anecdóticas

A nosa nación perdeu 10.825 habitantes o último ano. Considera o conselleiro Rey Varela que para explicar este recuar, “as causas económicas e de emprego son fundamentais, aínda que hai outras importantes como as que teñen que ver coa conciliación, a fixación da poboación no rural, as axudas ás familias”. Coido que é unha diagnose correcta. Porén o Presidente da Xunta, na súa valoración, aínda que fala de alentar unha inmigración controlada, fixo fincapé nas medidas tomadas polo seu goberno para atraer fillos/as de emigrantes. É como comezar a casa polo tellado. Polo que, entre a radiografía e as propostas existen contradicións demasiado evidentes como para que dean resultados positivos.

Continue reading