Tagestratexia

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading

As renuncias comezan na praxe cotiá, tamén as transformacións

Aínda que semelle unha contradición, hai un nexo entre aquelas forzas e dirixentes que poñen énfase esencialmente no concreto e aquelas que, pola contra, antepoñen o aspecto xeral. Ou sexa, entre aquelas que se gaban de reivindicar cuestións tácticas (sexan sectoriais, locais ou dun segmento social), e as que coidan que o único que importa é o que atinxe aos aspectos estratéxicos. Na primeira opción, a escusa é que realizan unha política de masas que ten en consideración o nivel de conciencia social. Na segunda, valórase como determinante o debate e a mensaxe, para así guiar as clases populares polo camiño do cambio. A ponte que ambas as posturas colocan entre o concreto e o xeral é tan estreita e circunstancial, que non permite aos/as simpatizantes, e nos casos máis estremos mesmo aos/as militantes, ligar axeitadamente a realidade coa proposta política.

Continue reading

Pra alén dos resultados electorais

2009 03 10 coruña P107026922Ficou atrás unhas das campañas electorais con maior intervención mediática. Máis centrada nas formas que nos proxectos políticos, na empatía do espectador cos líderes dos partidos estatais, así como daquilo que interesa en Madrid e lle dá un protagonismo. Semella unha consecuencia lóxica, aínda que non sexa positiva pra periferia, da centralización nesta cidade do poder político, económico, e dos grandes medios de información (aínda que en moitos casos sexa intermediaria dos centros de poder globalizado). En fin, tanto estes aspectos, como os resultados electorais e posíbeis acordos, darán moito do que falar e analizar. Sobre todo, coido transcendente valorar se estas eleccións marcan unha tendencia pra esta etapa ou responden exclusivamente a esta conxuntura (axuste laboral e social, conflito catalán, etc). Esta é unha cuestión esencial, porque de cal sexa a resposta depende a estratexia futura, tanto daqueles partidos que tiveron bos resultados como dos que sufriron un retroceso.

Continue reading

A importancia da folla de ruta

1979 09 08 asembleia anpg Scan0015Hai poucos días saíu no xornal dixital Rebelión un artigo de Stathis Kouvelakisi, grego e profesor de filosofía no King College de Londres, no que cuestionaba o acordo dos partidos de esquerda e progresistas en Portugal para desprazar ao PSD/CDS. Consideraba que era un erro por parte do BE e do PCP o pacto de Governo porque o PSP non ía cumprir a súa parte. Puña como exemplo o comportamento do sector máis morno e maioritario de Syriza, e ademais matizaba que o programa asinado en Portugal era menos ambicioso que o da “esquerda radical” grega, que puña o acento na reestruturación da débeda.

Continue reading

Un camiño ateigado de eivas

5596b095aba44-18760323403_c0796df931_bDías atrás, Núñez Feijóo felicitaba Anova e outras forzas do nacionalismo polo acordo para formar unha candidatura conxunta con Podemos e EU, cara as vindeiras eleccións xerais. O argumento do Presidente da Xunta é sinxelo: este sector do nacionalismo foxe da vía soberanista e do exemplo catalán, fortalecendo o marco estatal. Sen dúbida Feijóo aproveita as contradicións destas forzas, e de X.M. Beiras, que mentres predican a República Galega, acoden ás eleccións coaligados con forzas de ámbito estatal.

Continue reading

Os límites do cambio

votar_eleccionesNon está claro que as eleccións municipais muden a fondo o panorama político, como auguran algúns analistas, nen sequera nas cidades galegas. As enquisas evidencian unha maior diversidade de forzas. Mais como esta tendencia dáse tanto na esquerda como na dereita, tanto nos partidos nacionalistas como nos españolistas, a suma final pode deixar todo aproximadamente como está, cando menos no referente ás consecuencias políticas. A excepción, que non a regra, poden ser determinados concellos, nos que a mudanza política se tería producido igual, con seguridade, á marxe do nacemento das novas forzas emerxentes, chámense estas Podemos, Mareas ou Ciudadanos.

Continue reading

O BNG está en condicións de enfrontar os futuros retos

2015-04-25 bng acto pontevedra P1020096A presentación de 259 candidaturas polo BNG para as eleccións municipais é unha demostración de que a fronte superou as rupturas de Anova e Compromiso por Galicia, e tamén algunhas das súas consecuencias. Son máis de catro mil candidatos/as en toda a Galiza! Isto implica que mantén unha militancia moi activa, que a mensaxe penetra alí onde chega, que existe un traballo recoñecido socialmente, e que como resultado, foi quen de gañar a moitos/as simpatizantes. Ningunha outra forza que cuestione o sistema, nen sequera algunhas que se consideran nun vertixinoso ascenso, foron quen de conseguir, sumándoas todas, nen a metade de candidaturas. Hai que recoñecer o esforzo feito polo BNG neste aspecto, comezando polos dirixentes da organización, e sobre todo, o acerto dos criterios definidos. Isto non quere dicir que non se podan mellorar, nen que non houbese algúns erros. Mais no fundamental, cumpríronse os obxectivos que a organización se marcou para estar presente en todos os recunchos da nación nas eleccións municipais.

Continue reading