Tagesquerda

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

A esquerda romántica

Dise que a política é unha profesión máis, con algúns sacrificios que estarán compensados polo prestixio social. Fano persoas que non cuestionan o modelo e que, como máximo, queren facerlle algunhas rectificacións. Hoxe, son a inmensa maioría dos que presumen de formar parte da clase política. Teñen garantido aparecer nos medios, e non son poucos os que o fan con aire de realizados. Tamén existe un sector que procura cambios sistémicos, que adica horas e esforzo á causa militante na base, dando máis do que recibe. Posibelmente nunca teña unha recompensa, aínda que, se realiza activismo no sindicato, no barrio ou nunha asociación, será recoñecida polas persoas coas que comparte loitas.

Continue reading

Sindicalismo e política no Uruguai

O Uruguai, onde por certo emigrou tanta xente da Galiza, é unha das poucas nacións onde existe unha central sindical única de traballadores/as. Non é por imposición do governo, senón como consecuencia da experiencia histórica da clase traballadora dese país, que comprobou as vantaxes da unidade, malia que existan dificultades pra conservala nos momentos de maior confrontación. Evidentemente, a unión só se pode garantir na práctica partindo dunha premisa: manter a independencia de clase, sexa cal sexa o partido no poder. Por esta razón, aínda que o PIT-CNT chame a votar nas eleccións políticas pola “Fronte Amplia”, e que esta governe o país, a central utiliza a mobilización para presionar cando o considera necesario.

Continue reading

O exemplo portugués

Os nosos irmaus do sur son hoxe unha referencia pra os partidos de esquerda doutros países da Unión Europea, especialmente despois da evolución tan negativa de Syriza en Grecia. E con seguridade, alentará aínda máis esta impresión positiva que Bruxelas retire Portugal da lista negra de países con déficit excesivo, na que en troques mantén o Estado español. Mais o aspecto de maior importancia son os dados sobre a evolución das condicións laborais. A taxa de desemprego era de 10,1% no primeiro trimestre, fronte ao 12,7% no ano 2015. O salario medio no ano 2016 foi de 17.521 euros, un 1,39% máis que o ano anterior. Reverteuse a tendencia regresiva do anterior governo de dereita (CDS-PP). Téñase en consideración que na Galiza, a taxa de paro é do 17,4%, e os salarios aumentaron só o 0,2% no ano 2016.

Continue reading

A deriva dos partidos de esquerda

Os resultados electorais e as enquisas en varios países europeos reflicten o afastamento da clase obreira respecto dos partidos de esquerda, aos que desde a súa orixe nutriron de militantes, alimentaron as mobilizacións que convocaban e aos que confiaron o seu voto. Este proceso pode ser comprensíbel en relación coa socialdemocracia, mais amosa eivas de maior fondura, xa que tamén atinxe ás distintas variantes ou derivacións dos partidos comunistas e de forzas de liberación nacional e social, agás contadas excepcións. Esta ruptura entre a clase obreira e a esquerda maniféstase con maior forza nos países centrais do sistema, tal como se reflectiu por exemplo na votación do Brexit no Reino Unido ou nas eleccións norteamericanas.

Continue reading

Entre a política espectáculo e o cambio

Debo dicir que me preocupa a falta de discusión entre partidos sobre os proxectos. Falo das propostas sobre os obxectivos, as etapas, e a folla de ruta, sen lle restar valor ao organizativo, que o ten. Mais todo indica que neste intre, este é o único aspecto a debater para moitos partidos. Agora ben, sendo claros, para o pobo galego, coa que está caendo, tal como se evidencia na riada emigratoria, na baixa natalidade, na precariedade e nos baixos salarios, na destrución da nosa cultura e lingua, o importante e urxente non é discutir se o máis axeitado é a fronte ou o partido, se os debe dirixir un líder ou unha dirección máis colectiva. O esencial para as clases populares é conquistar un modelo económico e social máis xusto, gañar en soberanía, e en situacións como a nosa, defender ademais a identidade nacional, a soberanía popular.

Continue reading

Ensinanzas das eleccións galegas

2016-08-19-vigo-acto-presentacion-candidatura-bng-p1020603Non coincido con aqueles que din que as eleccións galegas xa estaban decididas antes da campaña. Se fose así, non se comprendería que Núñez Feijóo se implicase tanto, deixase as siglas do PP na mínima expresión, diminuíse ao anecdótico a presenza de dirixentes estatais, e se envolvese na bandeira galega . O certo é que foi gañando terreo na campaña, é verdade que co inestimábel apoio dos medios de comunicación, algo que non é unha novidade, mais tamén grazas aos erros e eivas da oposición con máis opcións de substituílo, o PSOE e En Marea. Estes partidos careceron de propostas rupturistas, que se visen como un cambio real pras clases populares. Ademais a Villares e Leiceaga fáltalles carisma, forza, aínda que teñan entrega e formación política.

Continue reading