Tagerga

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Historias e debates do pasado?

O próximo ano vén ateigado de lembranzas. Benvidas sexan, se valen pra coñecer mellor a historia e recoñecer as/os que destacaron pola súa entrega, na maioría das veces, milleiros de persoas anónimas. Estas datas deben valer asemade pra aprender delas, dos acertos e dos erros. Polo seu significado, terá un lugar sobranceiro a lembranza do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo e do seu Manifesto, que reclamaba unha autonomía integral pra Galiza e propuña un programa moi avanzado no económico e social. Estiveron representadas 67 sociedades agrarias e cinco centros culturais. Mandaron adhesións, cinco federacións agrarias, once concellos, e 40 asociacións. Hai outras efemérides a non esquecer, como o 50 aniversario da revolta estudantil e obreira de maio en Paris. E que meses antes, o 15 de xaneiro, comezou a folga universitaria de Santiago de Compostela, iniciada en Ciencias e que se alargara a outras facultades, prolongándose as mobilizacións e paros masivos ate o 2 de maio, desafiando a ditadura franquista.

Continue reading

Tempos revolucionarios

Hai corenta e cinco anos, nacía ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). Unha organización nacionalista que, durante toda unha década, acadou unha gran implantación na Universidade e no Ensino Secundario do país. Foi a predecesora do que logo foron os CAF e os CAE. ERGA tiña como obxectivo ser o xermolo dunha organización de masas, dun sindicato de estudantes. Considerábase que o estudantado constituía un grupo social con reivindicacións propias: un ensino nacional, popular e científico.

Continue reading

Non Xove Nuclear! Cando Fenosa recuou ante o povo

O 10 de abril de 1977, un domingo, hai agora corenta anos, realizouse a marcha contra o proxecto de Fenosa de construír unha central nuclear en Regodela, no concello de Xove, na Mariña luguesa. A convocatoria da mobilización foi asumida polas Comisións Labregas (que despois se denominarían Sindicato Labrego Galego). A marcha contou asemade co apoio activo dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), así como do conxunto do “movemento nacional popular galego (MNPG)”, ou sexa: ANPG, ERGA, SOG, etc.

Continue reading

1977, un ano de conquistas populares

A loita do movemento obreiro obrigou a ditadura de Franco (morto en 1975) a crear novos marcos legais cos que procurar conter a protesta social ascendente. Tamén empurrou no mesmo sentido na etapa posterior da Transición. Deste período temos a Lei de Convenios Colectivos de 1973, o Decreto Lei de Conflitos Colectivos de 1975, a liberdade de organización de sindicatos e a lei que eliminaba as restricións ao dereito de folga no ano 1977. A abertura destes espazos de legalidade pra expresar as reivindicacións da clase traballadora non estivo exenta de accións represivas contra as mobilizacións. Por exemplo, as manifestacións do 1º de maio de 1977 non foron permitidas, e as concentracións foron reprimidas, producíndose máis de 50 detencións.

Continue reading

En política hai sumas que restan

1980 07 25 dia da patria bnpg psg0537Hai quen fai sumas aritméticas sobre a incidencia política, considerando exclusivamente o cúmulo de siglas, ou de sectores afectados por cuestións moi diversas. Mais logo, a maior parte das veces, os resultados en organización, mobilización e votos, fican moi por debaixo das expectativas. Cando se trata da unidade de partidos, os motivos poden ser máis evidentes. Por exemplo, porque se pode diluír ou modificar a liña política, afastándose de parte ou da maioría do celeiro de simpatizantes e votantes, ou porque o conflito interno atranca tarefas e iniciativa. Mais, nalgunhas forzas con incidencia social e política os cativos resultados ou o retroceso pódense deber esencialmente a outras razóns, máis ligadas a non ter en consideración como se forma a conciencia.

Continue reading

Non hai cambio sen atrevemento

1985 03 -eixo 06-px 24, contratapa, 10 de marzossqEste dez de marzo conmemórase o 44 aniversario do Día da Clase Obreira Galega. Unha data na que a ditadura franquista matou no Ferrol dous operarios da Bazán e feriu varias ducias máis. Nos días seguintes, 160 persoas foron despedidas e o estaleiro militarizado. Porén este intre tráxico tamén reflectiu o espírito combativo e o nivel de conciencia de clase do momento, xa que pararon en solidariedade moitas empresas na comarca, en Vigo, na Coruña, así como o estudantado na Universidade de Compostela.

Continue reading