Tageleccions

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading

Orde de prioridades: a abstención ou a base do PP?

Cando se afirma que o PP é maioritario na Galiza, pártese dunha visión da realidade socio-política restrinxida exclusivamente aos resultados electorais. Esta valoración ignora a abstención e os/as novos votantes. Tamén obvia o feito de que a abstención comprende persoas que o son de xeito permanente e outras que, segundo a conxuntura, deixan de participar. Por exemplo, porque se senten defraudadas polo partido ao que votaban, ou non se ven representadas por ningún dos existentes. E esta actitude de afastamento da política institucional afecta hoxe, por distintas razóns, tanto á dereita, como aos social-liberais, socialdemócratas e nacionalistas. Falamos dunha porcentaxe significativa do censo electoral, aínda que varía segundo o tipo de elección e a conxuntura socio-política.

Continue reading

A fraude instálase en Honduras

Os acontecementos en Honduras amosan que se quere torcer a vontade electoral da poboación, mediante a modificación dos resultados da votación para presidente da República. Esta manobra ten como beneficiarios directos a burguesía dependente e os Estados Unidos, a potencia que exerce un verdadeiro protectorado sobre este pequeno país centroamericano.

Continue reading

O medio prazo

Pedro Sánchez desapareceu de escena, despois de apoiar o PP con armas e bagaxes, coa escusa de que estaba en perigo a unidade de España. Mentres, a portavoz do PSOE, Margarita Robles, xustificaba que os membros da Generalitat ingresasen en prisión preventiva, dando azos á postura da xuíz. E Felipe González, o dos pactos do 78, o da entrada na OTAN, o dos contratos temporais e da privatización das empresas públicas, sentenciaba que Carles Puigdemont era un covarde por marchar a Bruxelas. El non é precisamente o que pode dar leccións. Ademais, a viaxe ten máis de internacionalización do conflito que de fuga.

Continue reading

Novos retos para o independentismo catalán

É moi cedo para facérmonos unha idea definitiva sobre o panorama político que se vai consolidar nos vindeiros anos en Cataluña. Podemos prever que a aplicación do artigo 155 pode acelerar este proceso, xa que será visto por unha maioría como unha ocupación ou inxerencia exterior. Polo tanto, non se pode desbotar que nun futuro próximo podan conquistar a independencia. Mais tampouco, que se intensifique a recentralización, ou que se impoña unha saída federal cosmética, se o independentismo fica ensimesmado no declarativo e testemuñal, ignorando a desfavorábel correlación de forzas actual (que vai para alén do institucional e da capacidade mobilizadora), e se non responde con acerto ao atranco das eleccións autonómicas do vindeiro 21 de decembro.

Continue reading

Lusco e fusco das municipais portuguesas

Os resultados das eleccións municipais en Portugal veñen ratificar a corrección das políticas anti-austeridade, que o Partido Socialista (PS) se vira forzado a pactar co Partido Comunista Portugués (PCP) e máis o Bloco de Esquerda (BE). As concesións que fixo garantíronlle a Antonio Costa ser nomeado Primeiro Ministro en decembro 2016, impedindo que Passos Coelho, de centro dereita (PDS) se mantivese no cargo. Téñase en consideración que o actual Presidente do país, Marcelo Rebelo de Sousa (elixido en marzo 2016), está ligado ideoloxicamente ao PDS, polo que existe unha cohabitación, ou reparto do poder. Ademais, cómpre lembrar que durante o governo de José Sócrates (2005-2011), o PS aplicou todas as receitas de axuste propostas pola Comisión Europea e máis o BCE, e tendo finalmente que dimitir por unhas acusacións de corrupción, polas que foi condenado.

Continue reading

Retorna CFK ¿marchou algunha vez?

A ex-presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner (CFK), despois de moitas idas e voltas, terminou por se presentar o último día nas listas da Unidade Cidadán, unha agrupación construída arredor da seu liderado. Que adiase ate o último momento a presentación da candidatura puido ter algo de escenificación, porén tamén estivo condicionada pola busca da unidade con Florencio Randazzo, que encabezaba a lista da Fronte Xusticialista. Non foi posíbel.

Continue reading