Tagdesemprego

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

A desigualdade é reversíbel

A Comisión Europea sitúa o Estado español como o de maior desigualdade en ingresos da Unión Europea, no pelotón de cola xunto a Grecia, Bulgaria e Lituania. Indican que o 20% do tope máis alto ten unhas rendas seis veces e media superiores ao 20% do chanzo inferior, en niveis moi superiores ao período de antes da crise, malia que esta xa se superase no relativo ao PIB. O goberno argumenta que está a diminuír o desemprego e que a mellora dos salarios chegará axiña. Mais esquece, intencionadamente, que o retroceso se debe ás sucesivas reformas laborais contra a clase traballadora, e que os dados amosan que o medre dos salarios é inferior á inflación, como tendencia dominante. En 2017, un ano de forte avance da economía e exportacións, os salarios levan tres trimestres caendo, marcando a tendencia do período pos-crise.

Continue reading

Que provoca o déficit nas pensións?

O informe do FMI sobre o Estado español recoméndalle ao Goberno que retarde a idade de xubilación, que non actualice as pensións, e que limite o seu incremento nun 0,25% anual. O pretexto: o déficit do sistema. Este organismo internacional entende que esas medidas deberían manterse cando menos ate o ano 2022. Isto implicaría un retroceso importante nos ingresos das persoas pensionistas, xa que só nos últimos dous anos, co medre da inflación e un aumento limitado a 0,25% nas pensións, estas perderon este ano e os dous anteriores un total de 5% de poder adquisitivo. Este retroceso súmase ao 3% que minguaron durante a crise.

Continue reading

O problema está no sistema

Estudosos do mundo do traballo, como o mexicano Adrián Sotelo Valencia e o brasileiro Ricardo Antunes, veñen alertando hai décadas sobre o medre da precarización laboral. Ambos ou dous argumentan que esta é unha tendencia mundial, aínda que máis forte nos países da periferia. Adrián Sotelo dinos no seu último libro, que a precariedade sempre existiu, que o seu retroceso relativo dependeu da correlación de forzas, da fortaleza da clase traballadora. Pola súa banda, Antunes destaca nunha recente entrevista, que na escravitude o traballador era vendido e na terciarización é alugado.

Continue reading

As trampas da dependencia

O Presidente Mariano Rajoy apresentou en rolda de prensa os últimos dados da EPA. Na mesma, lembrou asemade os do PIB e do comercio exterior, coa asistencia da totalidade do Goberno. A escenificación foi a propia dun momento transcendental, no que seica se demostraba na práctica o acerto das políticas do PP, tanto en relación co axuste no gasto social, como na regresiva reforma laboral. Medidas que el considera foron alicerce para o aumento do PIB de máis do 3% anual, para que crezan as exportacións, e para un forte medre da poboación ocupada.

Continue reading

Retorna CFK ¿marchou algunha vez?

A ex-presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner (CFK), despois de moitas idas e voltas, terminou por se presentar o último día nas listas da Unidade Cidadán, unha agrupación construída arredor da seu liderado. Que adiase ate o último momento a presentación da candidatura puido ter algo de escenificación, porén tamén estivo condicionada pola busca da unidade con Florencio Randazzo, que encabezaba a lista da Fronte Xusticialista. Non foi posíbel.

Continue reading

Solidariedade, xustiza e esforzo

Foi noticia destacada, que se vai conceder unha renda básica universal a mil persoas nun barrio de Barcelona, con fundos achegados pola Unión Europea. Experiencias igual de reducidas estanse a realizar noutros países da UE, por exemplo en Finlandia. A contía total sería duns cinco millóns de euros, ou sexa rente de 400 euros por persoa ao mes. Chama a atención o reducido que é o colectivo “beneficiado” así como a subvención recibida, tendo en conta que ademais se lle descontarían as outras axudas que reciban.

Continue reading