Tagdependencia

Máis debate, máis análise de fondo

Algúns dos organismos económicos internacionais que apostan pola globalización, como o FMI, revisaron á alza o medre do PIB no Estado español pra este e máis o vindeiro ano. Con tal motivo, tanto o Governo central como a Xunta de Galiza botan peito, e reafírmanse nas súas políticas de axuste pra os de abaixo. En realidade, trátase dunha rectificación dunhas décimas, que depende máis do contexto internacional, que das dinámicas económicas internas. Tanto o Governo central como a Xunta, especialmente esta última, teñen pouca ou ningunha iniciativa, aplican as decisións que se toman en Bruxelas, que só cuestionan en casos moi específicos. Só mostran os dentes cando atinxen aos grandes grupos económicos privados, como a banca, a enerxía e as telecomunicacións, con fortes intereses no Estado español e no exterior, como por exemplo na América Latina. En fin, como o papel de socios menores de Alemaña e Francia élles funcional, ceden en determinadas áreas pra garantir noutras a expansión exterior con privilexios. Non é unha cuestión de soberanía.

Continue reading

Vixencia da Teoría da Dependencia

Considero de moito interese o recente traballo do sociólogo mexicano Adrián Sotelo Valencia “Teoría da Dependencia; unha revalorización do pensamento de Marini para o século XXI”. O seu autor ten unha extensa produción de textos nos que analiza a cuestión do traballo nas economías dependentes. Varios dos seus libros foron publicados en galego pola Fundación Moncho Reboiras. Neste novo texto, despois de expoñer as distintas correntes económico-filosóficas, Sotelo detense máis de vagar a realizar dende a periferia, unha lectura marxista da dependencia. Argumenta polo miúdo as diferencias que esta corrente tiña co “desenvolvementismo (desarrollismo)” promovido dende a CEPALi por Raúl Prebich, na década dos cincuenta e sesenta do século pasadoii. Sobre este aspecto destaca Adrián Sotelo: A maioría dos autores entendía a “dependencia”, no espírito da concepción etapista e lineal de Rostow, como unha etapa máis na “sucesión lineal” para atinxir a fase plena do capitalismo e poñía o énfases na industrialización, o melloramento da distribución do ingreso e na posibilidade de acadar o desenvolvemento “autónomo” do capitalismo, tese esencial da CEPAL que nunca se cumpriu”. (https://www.lahaine.org/mundo.php/teoria-de-la-dependencia-una)

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Vidas hipotecadas

Unha das cargas máis pesada e inxusta, que afecta especialmente ás mulleres das clases populares, é aquela relacionada co coidado das persoas maiores. É unha tarefa solidaria que en moitos casos hipoteca anos de vida, xa que significa sacrificar moitas horas de lecer ou as necesarias para as relacións sociais e sentimentais. Sei que hai casos nos que está actividade recae nos homes, mais resulta evidente que son unha minoría (entre un 16% e 20%). A atención das persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade recae sobre todo nas fillas, nais e esposas, nas mulleres.

Continue reading

O trato da dependencia é só a punta do iceberg

Sen dúbida algunha, un dos grandes problemas das sociedades “avanzadas” é o das persoas maiores e dependentes. Unha responsabilidade que no noso país recae en boa medida na familia, e sobre todo nas mulleres. E isto significa en moitos casos unha hipoteca por anos, tanto do tempo de lecer como daquel necesario para manter relacións con persoas da súa mesma idade ou co resto da familia. Semella unha sobrecarga inxusta, ligada a situacións de idade, enfermidade, incapacidade e aos recursos económicos que posúan os/as directamente afectados e a familia. Na práctica, castíganse dobremente as clases populares.

Continue reading

A fraude instálase en Honduras

Os acontecementos en Honduras amosan que se quere torcer a vontade electoral da poboación, mediante a modificación dos resultados da votación para presidente da República. Esta manobra ten como beneficiarios directos a burguesía dependente e os Estados Unidos, a potencia que exerce un verdadeiro protectorado sobre este pequeno país centroamericano.

Continue reading

Hai colonias en Europa?

Durante os últimos meses, no Estado español e especialmente dende algúns sectores auto-proclamados de esquerda, ao fío do proceso de independencia na Cataluña, déronse todo tipo de argumentos para demostrar que o dereito de autodeterminación non é valido (nen posíbel) no contexto actual, e sobre todo no marco da Unión Europea. Neste senso, hai quen considera que este dereito só é aplicábel cando se trata de territorios moi afastados xeograficamente, ou cando se reproducen as condicións de relación centro/periferia, propias do período previo á Segunda Guerra Mundial.

Continue reading