Tagcorporacions

Empresa pública ou privada?

Lendo hai uns días un artigo de Michael Roberts, sobre as empresas de propiedade pública, este daba un dato que contradí a idea dominante, cando menos nos países occidentais, a respecto de que estas son sinónimo de mala xestión. O economista británico afirma que “a industria estatal en realidade é un modelo económico de éxito” (http://www.sinpermiso.info/textos/modelos-de-propiedad-publica-para-un-futuro-cercano). Destaca que entre as cincocentas empresas internacionais de maior rendibilidade, a proporción de empresas públicas pasou do 9% en 2005 ao 23% en 2015. Dinos que isto é resultado en boa medida do éxito das empresas estatais chinas.

Continue reading

Apostando polo precipicio

15-04-18 TTIP Compostela 001.grandeCon moito acerto, o TTIP, ou sexa o tratado de libre comercio entre os Estados Unidos e a Unión Europea, foi definido como a OTAN económica. Este tratado estase a negociar oficialmente dende o ano 2013, en segredo, cunha importante presenza e incidencia dos lobbys empresariais. As filtracións que hai uns días fixo Greenpeace sobre os acordos e diverxencias, e os pactos acadados, colocaron de novo o tema nos titulares dos medios, e obrigaron a algúns pronunciamentos públicos de governos e partidos.

Continue reading

Promesas baleiras nun contexto incerto

2010 05 01 vigo manifestacions P1170601Se facemos caso ao teimoso discurso de Rajoy e Núñez Feijóo, e se mantén no goberno o Partido Popular, seica en catro anos o desemprego reducirase á metade, abranguendo o 10% da poboación. E poñen como exemplo o emprego xerado o ano pasado, fronte ás promesas da oposición que non son contrastábeis. Agora ben, en realidade, na pasada lexislatura a iniciativa do Goberno centrouse en tomar medidas que deterioraron as condicións de traballo, rebaixaron as prestacións e servizos públicos, e axudaron a redistribuír a renda mediante reformas fiscais en beneficio do capital e dos territorios máis poderosos (especialmente Madrid). Mentres que o medre do PIB e do emprego se debe en gran medida á situación internacional.

Continue reading

Precarios e traballando por migallas

As institucións económicas internacionais sempre dan a mesma receita diante dos atrancos e eivas que podan afectar a un país: precarización das condicións laborais, rebaixa de salarios, diminución de prestacións públicas, presión fiscal sobre o consumo e privatizacións. Todo isto co argumento da recuperación da actividade económica e do emprego, mais cuns resultados que aumentaron a concentración e centralización da renda en beneficio das grandes corporacións empresariais (e fortunas) e dos países máis poderosos. Foron as receitas que afundiron a moitas nacións da América Latina.
Continue reading