Tagcomercio

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

Un pulo á desigualdade e á dependencia

2015 04 18 ManifaTTIPVigo09.previewO aumento do comercio de bens e servizos entre países, tanto pode axudar ao desenvolvemento como alentar a dependencia e a desigualdade, segundo sexan os obxectivos. Daquela que, malia o medre do comercio exterior ser o máis alto da historia, o crecemento do PIB hoxe no mundo é inferior ao da década dos sesenta do século pasado, en pleno auxe dos procesos de liberación nacional e das políticas que apostaban por un desenvolvemento autocentrado. E asemade, as desigualdades entre clases sociais e entre países non deixan de aumentar, en beneficio das grandes corporacións, fortunas, e potencias imperialistas. É así porque o mundo chegou a certos limites, nos que o aumento do consumo e do lucro dependen en exclusiva dunha maior explotación da man de obra e da simple imposición dos Estados máis fortes.

Continue reading

O espellismo exportador e o mito da globalización

Segundo a Troica, e practicamente todos os organismos internacionais, para garantir o desenvolvemento, o emprego e salarios dignos, a única solución existente, neste contexto histórico, é o aumento das exportacións e a internacionalización da economía e das empresas. Ou sexa, abrazar a globalización neoliberal. E seica esta receita vale tanto para as potencias imperialistas como para os países dependentes e periféricos, para as corporacións e para as pemes. Agora ben ¿realmente é así?
Continue reading

Baixar salarios, crear emprego

Segundo Fátima Báñez, Ministra de Emprego, a moderación salarial ten un efecto saudábel para o benestar de todos os cidadáns. Mais, en realidade pouco hai de certo nesta afirmación. Primeiro, porque os salarios non se están moderando, senón que perderon poder adquisitivo nos últimos anos. Segundo, porque os beneficiarios deste recuar salarial non son todos os cidadáns, só unha franxa estreita de grandes empresarios e directivos, que viron aumentar os seus patrimonios e retribucións vertixinosamente polo axuste.
Continue reading

Novo apertón neoliberal

Dende hai máis de dúas semanas o agro colombiano está en pe de guerra. Unhas mobilizacións ás que se sumaron outros sectores populares, como o transportista e mineiro, os estudantes, etc. A protesta do sector agrario, especialmente do lácteo, dos produtores de pataca e cebola, está centrada na oposición ao Tratado de Libre Comercio (TLC) asinado entre ese país e Estados Unidos (USA), que foi aprobado por Washington o 15 de maio de 2012. Malia o pouco tempo transcorrido os seus efectos negativos xa se fixeron sentir, dando lugar a esta revolta social. Non é unha novidade, lembremos que un tratado semellante de México cos USA e Canadá acelerou hai unha década a rebelión Zapatista; e hoxe México é un importador neto de produtos como o millo, do que antes se autoabastecía.
Continue reading

TLC cos Estados Unidos ¿ulo as vantaxes?

Co gallo da pasada reunión do G-8 en Londres, os Estados Unidos e a Unión Europea decidiron seguir as negociacións do Tratado de Libre Comercio (TLC), agora de modo oficial, despois de eliminar dos acordos a industria audiovisual, como quería Francia. Na práctica é o último paso para que a UE forme parte dun xeito definitivo da área de control de Washington; aínda que en realidade hai tempo que falar dun proxecto propio europeo é pura fantasía. Non é casual que malia a espionaxe masiva dos Estados Unidos aos seus aliados na OTAN, para alén dalgún anoxo nos medios, co obxectivo de manter a dignidade, a cousa non fose a máis. As complicidades son cada vez máis evidentes, sen que houbese ningún debate serio ao respecto (como exemplos temos Libia e a retención do presidente Evo Morales).
Continue reading

Consecuencias pra Galiza do tratado USA-UE

Hollande acaba de pedir que se adíe quince días o inicio das negociacións pra un Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e a Unión Europea, que ían encetar o 8 de xullo, por mor da espionaxe de Washington e así poder contar coa información solicitada. Pola súa banda Merkel destacou a importancia dun acordo comercial deste tipo, amosando o interese alemán polo tema. Hai tempo que encetaron os contactos, porén o acordo formal pra o inicio das negociacións tomouse durante o cumio do G-8 en Londres. Demorouse o comezo porque Francia opúxose a que se incluíse a industria audiovisual.
Continue reading