Tagciudadanos

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading

Orde de prioridades: a abstención ou a base do PP?

Cando se afirma que o PP é maioritario na Galiza, pártese dunha visión da realidade socio-política restrinxida exclusivamente aos resultados electorais. Esta valoración ignora a abstención e os/as novos votantes. Tamén obvia o feito de que a abstención comprende persoas que o son de xeito permanente e outras que, segundo a conxuntura, deixan de participar. Por exemplo, porque se senten defraudadas polo partido ao que votaban, ou non se ven representadas por ningún dos existentes. E esta actitude de afastamento da política institucional afecta hoxe, por distintas razóns, tanto á dereita, como aos social-liberais, socialdemócratas e nacionalistas. Falamos dunha porcentaxe significativa do censo electoral, aínda que varía segundo o tipo de elección e a conxuntura socio-política.

Continue reading

Ollo coa nova dereita

Neste intre, para alén de que os focos estean localizados nos conflitos armados, na desfeita ecolóxica e na violencia de xénero, todos eles temas sen dúbida moi graves, asistimos ao mesmo tempo e de xeito silandeiro a unha nova vaga de grandes transformacións económicas e sociais, coas que o capitalismo pretende superar a súa etapa senil. Entre elas, cabe destacar un aumento da explotación laboral, unha maior opresión das nacións dependentes, unha restrición dos dereitos democráticos, e un aumento da economía especulativa e delituosa a través de novas iniciativas.

Continue reading

Falsas saídas

Rajoy conseguiu a través da aplicación do 155, e sen a esperada confrontación na rúa coa base do independentismo, recuperar o control das institucións catalás. Sendo isto un éxito diante do seu electorado e dun amplo sector da sociedade do Estado español (EE), que rexeitan calquera cesión de capacidade de decisión ás nacionalidades históricas, non é menos certo que se trata dunha solución con moi pouco percorrido. Os motivos disto: a diferente conformación partidaria no Estado español e en Cataluña; o auxe da centralización e concentración da riqueza e do poder; os problemas ecolóxicos e a depredación de recursos; e a aguda confrontación en todos os ámbitos entre as grandes potencias.

Continue reading

O 155: dinamitar as pontes

Algúns medios destacaban estes días que Cataluña perdeu 6.700 millóns de PIB pola fuga de empresas. Ou sexa, que a actividade produtiva reduciuse polo peche, traslado, ou redución das vendas. Este recuar sería en beneficio de Madrid que, deste xeito, pasaría a ser a autonomía ou nacionalidade con maior peso no PIB do Estado. Algo que por outra banda non sería unha novidade, xa que no ano 2016, Cataluña representaba o 19% e Madrid o 18,9%. E se collemos as últimas catro décadas, Madrid medrou en poboación e PIB por riba de Cataluña e Euskadi.

Continue reading

O referendo abriu camiños de futuro

O aspecto máis salientábel do referendo catalán é que o Governo español utilizou a forza para impedir que o povo manifestase a súa opinión, e non o conseguiu. Tamén ten moito valor político, que na súa prepotencia o Estado escenificou con toda claridade que a integración de Catalunya fundaméntase na imposición (así como doutras nacionalidades). Habería que retroceder aos “estados de excepción” de Franco para termos imaxes comparábeis as do referendo. Unhas 900 persoas feridas e mancadas polas cargas da policía española e da garda civil, colexios pechados, urnas e papeletas requisadas, cidadáns ameazados polo poder xudicial (asumindo o papel da dereita centralista). Esa é a imaxe que queda no povo catalán e en todo o mundo do valor da “democracia” de Rajoy, e do Estado español. Por se non abondase, o grupo de choque estaba constituído por 4.000 policías e máis de 800 garda civís traídos de fóra de Catalunya, comportándose como forzas de ocupación.

Continue reading

Estado de sitio e o día despois do referendo

O secuestro pola Facenda española das transferencias que lle corresponde realizar para a Generalitat, a imputación de 23 de cargos do Govern e do Parlament, a chamada a declarar a 948 alcaldes e alcaldesas que decidiron facilitar locais municipais para realizar o referendo, a posta a disposición da fiscalía dos mossos, e o envío de numerosos reforzos policiais e da garda civil, parécense máis a un estado de sitio que a un estado de excepción. Máxime cando se lle suma: a persecución de todo acto político, web e medio que emita referencias favorábeis ao referendo, en calquera lugar do Estado español (EE), así como das empresas ou persoas que colaboren dalgún xeito con estes actos democráticos. Non funciona así cando se trata dunha postura contraria. Neste caso, pode ocupar páxinas enteiras nos xornais, como as publicadas en El País esta fin de semana. Na práctica é un verdadeiro estado de sitio, con cobertura civil (como en tantos casos anteriores), onde o único que falta é o exército e os tanques nas rúas. Se cadra, coidan que aínda non os necesitan para impedir o referendo, ou sexa, para evitar que se exerza o dereito democrático do povo catalán a votar, a decidir.

Continue reading