Tagcentralismo

Unha iniciativa acertada en Catalunya

Son dos que pensa que o nacionalismo catalán, cando menos os partidos con maior peso electoral, valoraron incorrectamente o carácter do capitalismo na súa fase imperialista. Polo tanto, tamén o fixeron co papel máis simbólico que real dos mecanismos democráticos, e sobre cal era a correlación de forzas na práctica, tanto en Cataluña, como no Estado español e na Unión Europea. Ademais, nesta conxuntura, no contexto mundial, a confrontación entre potencias pola distribución da riqueza e do poder acadou unha intensidade que non deixa moita marxe ao diálogo, á negociación, en case ningún ámbito, a menos que ao imperialismo non lle quede outra alternativa. Así o amosan as guerras de Oriente Medio, e as sancións económicas cada vez máis comúns contra as potencias e países que desafían a orde imperial, ou que procuran manter políticas soberanas.

Continue reading

Ou te axeonllas ou plantas cara

2012 09 11 cataluña barcelona diada P1140208O arroupe de Artur Mas por milleiros de persoas, entre as cales máis de 400 alcaldes, diante da cita xudicial por mor do referendo do 9-N, representa un pulo cualitativo na loita do povo catalán a prol da soberanía. Dende os medios hexemónicos, non podendo negar a evidencia do apoio popular, optaron por destacar que a manifestación foi un espectáculo preparado, como se os partidos sistémicos e os grupos de poder, comezando polos de comunicación, non organizasen os actos nos que participan. Asemade, acúsase os soberanistas de ameazar a xustiza, seica un poder independente, como se isto fose críbel nesta altura. Deste xeito négase o dereito a se opoñer á criminalización das consultas populares. Mentres, dende o Goberno central, como se fose algo normal, refórmanse as leis para quitar dereitos de protesta e expresión, fanse declaracións sobre a intervención da autonomía con todos os medios de que dispón se o considerasen necesario.

Continue reading

A emigración como síntoma

1918 12 10 00 vida gallega penzol P1000730Segundo o PERE, hai 493.970 galegos e galegas fóra do Estado español, mais só 158.133 naceron na Galiza. O que non din estas cifras é que no Estado español viven outros 352.000 galegos/as máis, nacidos aquí; aos que se deberían engadir os emigrantes temporais. Ou sexa, que este país ten 510.000 emigrantes, malia o envellecemento da poboación. O que resulta paradoxal é que haxa tantos emigrantes galegos/as residindo no Estado español como inmigrantes na Galiza; aínda que o saldo é moi negativo, de ter en conta os que viven no resto do mundo.

Continue reading

A lingua que nos dá identidade

Non coincido con aquelas persoas que fan unha análise dramática da situación da lingua galega sen diferenciar o papel antagónico que neste aspecto teñen, por unha banda, os poderes fácticos, e pola outra, as clases populares. É un feito que o galego está en inferioridade de condicións, e  que por cada caso que se poda dar de discriminación dos castelán falantes hai centos que se producen contra os que utilizan o galego; a maioría como se fose algo normal. Ficamos nun contexto que impón o castelán nas empresas, nas relacións comerciais, no ámbito relixioso, xudicial e educativo, así como na maioría dos medios de información e na cultura de masas.
Continue reading

Réditos do pasado

Segundo os datos do INE, no relativo á renda por persoa para o ano 2013, o noso país ten un diferencial negativo de 8,4% con respecto á media do Estado español. Dirase que este é un bo dato, e que amosa que nas últimas décadas as cousas foron ben para Galiza. Mais, estas avaliacións ignoran que o achegamento faise a costa dunha regresión demográfica, especialmente do mundo rural, ao que non se lle ofreceron e ofrecen máis saídas que a emigración. Polo que o medre da renda por persoa é consecuencia sobre todo dunha economía agarrotada, que bota fóra da casa a unha parte da poboación e deste xeito mellora a renda media por persoa e ten unha taxa de desemprego menor. Mais, en contrapartida, Galiza esta eivada pola carga das pensións e a falta de mocidade. Xa non semellan tan positivos os datos ¿verdade?
Continue reading

A teima catalá de Núñez Feijóo

O Presidente da Xunta de Galiza non desaproveita oportunidade para  destacar que o seu goberno faino moito mellor en Galiza que a Generalitat en Cataluña, baseando o ataque en dous argumentos simplistas: que eles teñen unha débeda publica maior e que fixeron maiores recortes nos servizos esenciais. Aínda sendo certo, esquece (intencionadamente?…), que en todos os demais aspectos as diferenzas son abismais a prol de Cataluña. Por algo cada ano emigran máis de 2.000 mozos e mozas galegos a ese país, mentres algunhas das nosas empresas punteiras caen en mans catalás (Unión Fenosa; Pescanova, etc.)
Continue reading

Lei de Unidade de Mercado, un novo ataque centralista

No BOE do pasado 10 de decembro saíu publicada a Lei de Garantía da Unidade de Mercado (20/2013), que foi emendada no debate parlamentar no Congreso por toda a oposición. Tamén foi rexeitada por catro autonomías (Cataluña, País Vasco, Canarias e Andalucía), que argumentan con razón que invade competencias que lle son propias, e pode supoñer unha relaxación nos requisitos para a fabricación de produtos e a prestación de servizos. A Generalitat de Cataluña indicou que pensa recorrela diante do Tribunal Constitucional xa que invade competencias autonómicas. O Goberno vasco sostén que “invade o ámbito competencial das comunidades autónomas e, en concreto, nas competencias relacionadas co comercio e a actividade económica, que son fundamentais para o desenvolvemento dos territorios”. Chama a atención que a Xunta de Galiza non dixera ren nun tema de tanta importancia, aínda que non se pode ignorar que a submisión é a norma dende que é presidida por Núñez Feijóo. O texto foi aprobado exclusivamente polo Partido Popular.
Continue reading