Tagcataluña

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading

Cal é o papel do poder xudicial?

A decisión do Tribunal Supremo (TS) de manter Oriol Junqueras en prisión preventiva, malia ser reelixido nas eleccións catalás do 21-D, e non ter marchado ao exterior para evitar a actuación da xustiza española, amosa a politización das máximas instancias do poder xudicial. Asemade, converte en acertada a postura de Puigdemont de se asilar en Bélxica, e dálle valor á desconfianza da xustiza daquel país en relación coa súa extradición. Outro tanto se pode dicir da detención de Jordí Sánchez e Jordí Cuixart, lideres da Assemblea Nacional Catalana e de Ómnium respectivamente, polos mesmos motivos e iguais argumentos. As resolucións da Audiencia e do TS, e a postura do fiscal, suman atrancos a unha saída dialogada en Cataluña. Tamén quitan credibilidade ao argumento das forzas hexemónicas, segundo o cal o independentismo tería os mesmos dereitos que as opcións políticas que defenden a unidade.

Continue reading

Cataluña como escusa

Todos os partidos do arco parlamentar criticaron o discurso de fin de ano do Presidente da Xunta Núñez Feijóo, que destacou polo seu esaxerado optimismo no económico e polo ataque a Cataluña. Sen dúbida esta mensaxe era esperada polos sectores máis reaccionarios da sociedade galega, e recolleu unha morea de aplausos na España profunda. Semella que a súa perspectiva estivese condicionada por ter un papel en Madrid, que ofrecer alternativas pra Galiza. Por exemplo, contra alta taxa de desemprego, a emigración da mocidade, os baixos salarios e a precariedade, o reto das pensións e da dependencia, a desfeita do rural e os atrancos do sector pesqueiro, etc. E como síntese de todas estas eivas e atrancos: a caída demográfica constante.

Continue reading

A xustiza en mans de “seres superiores”?

Resulta evidente que o poder económico é o determinante. A Bolsa condiciona máis o poder executivo e lexislativo que as mobilizacións e os votos das clases populares. A primeira vota cada día, o povo só de cando en vez. Na loita de clases vai gañando o capital. Daquela que só se produzan algúns avances progresistas nuns poucos temas sociais, como nos dereitos individuais e de xénero. A cuestión é, se nestes casos, pesa máis a xustiza ou o feito de que non afectan a taxa de lucro, e se pretenden utilizar para fragmentar a oposición ao sistema? Se cadra é por ambas as razóns. Iso non lle resta valor e importancia a estes avances en aspectos inxustamente relegados ou non recoñecidos. Mais o que realmente chama a atención nesta etapa, ademais do aumento da explotación capitalista, é o crecemento da desigualdade entre clases e territorios, e como medrou a opresión nacional, ben sexa esmagando dereitos soberanos ou non recoñecéndoos. Outro tanto se pode dicir da acelerada destrución da maior parte do mundo rural, aquel tradicionalmente ligado á produción local, como consecuencia da globalización.

Continue reading

Reflexións sobre o procés catalán

Durante o procés catalán, houbo unha morea de artigos analizando a situación. Chamaban especialmente a atención, aqueles nos que se anunciaba a conquista da liberación a través dos votos e de manifestacións cunha participación masiva, nunca vista en Cataluña e no Estado español. Mais, despois da aplicación do 155, e para alén dalgúns artigos en relación co carácter autoritario da intervención da autonomía e da arbitrariedade da detención preventiva de dirixentes políticos cataláns por parte da xudicatura española, poucas foron as análises sobre os acertos e erros do independentismo. Amósase así unha falta de autocrítica que axuda moi pouco aos procesos de liberación nacional e social.

Continue reading

Falsas saídas

Rajoy conseguiu a través da aplicación do 155, e sen a esperada confrontación na rúa coa base do independentismo, recuperar o control das institucións catalás. Sendo isto un éxito diante do seu electorado e dun amplo sector da sociedade do Estado español (EE), que rexeitan calquera cesión de capacidade de decisión ás nacionalidades históricas, non é menos certo que se trata dunha solución con moi pouco percorrido. Os motivos disto: a diferente conformación partidaria no Estado español e en Cataluña; o auxe da centralización e concentración da riqueza e do poder; os problemas ecolóxicos e a depredación de recursos; e a aguda confrontación en todos os ámbitos entre as grandes potencias.

Continue reading

A chave está na abstención

Non se pode dicir que exista unha única razón para que creza a abstención. Unha parte da sociedade sempre “pasará” da política. Porén, segundo o momento, súmanselle amplos sectores da esquerda ou da dereita política, ou de ambas. Nesta etapa, como consecuencia do avance da globalización neoliberal, son sobre todo persoas das clases populares as máis afectadas por este fenómeno.

Continue reading