Tagaranceis

O fin da globalización?

A decisión de Trump de aumentar os aranceis a produtos chinos, que representan un 12% do seu comercio exterior con Estados Unidos, formaba parte do seu discurso electoral. Porén, ninguén esperaba que chegase tan pronto e de xeito tan contundente, xa que non houbo negociacións previas. Aínda que a ruptura do tratado de comercio transpacífico, e a renegociación do NAFTA, así como o constante recurso as sancións económicas, deixaban en evidencia que este era un tema que seguía na recámara.

Continue reading

A eurozona sen saídas

A Unión Europea quere solucionar os seus graves atrancos cunha constante expansión ao leste, como se quixese imitar o proceso estadounidense de conquista do oeste. Mais este non é o século XIX, como amosa o feito de que a eurozona non camiña, nen pode facelo, porque reúne a países con desenvolvementos económicos moi desiguais e realidades moi distintas. Os novos mercados do leste son unha oportunidade, mais tamén implican a deslocalización de empresas por mor do dumping laboral, que castigará máis unha vez os territorios máis débiles.
Continue reading