Taganpg

Xornadas de loita: atrevemento e visión estratéxica

O pasado 27 de xaneiro cumpríronse 40 anos da primeira Xornada de Loita que convocaron o sindicato nacionalista ING (Intersindical Nacional Galega) e as CC.LL. (Comisiós Labregas-SLG), co apoio da organización estudantil ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega). Esta xornada de loita e a que se realizou o 27 de xuño do mesmo ano, tiveron como finalidade opoñerse aos acordos dos Pactos da Moncloa e á política económica e social do goberno da UCD, presidido por Adolfo Suárez.

Continue reading

Historias e debates do pasado?

O próximo ano vén ateigado de lembranzas. Benvidas sexan, se valen pra coñecer mellor a historia e recoñecer as/os que destacaron pola súa entrega, na maioría das veces, milleiros de persoas anónimas. Estas datas deben valer asemade pra aprender delas, dos acertos e dos erros. Polo seu significado, terá un lugar sobranceiro a lembranza do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo e do seu Manifesto, que reclamaba unha autonomía integral pra Galiza e propuña un programa moi avanzado no económico e social. Estiveron representadas 67 sociedades agrarias e cinco centros culturais. Mandaron adhesións, cinco federacións agrarias, once concellos, e 40 asociacións. Hai outras efemérides a non esquecer, como o 50 aniversario da revolta estudantil e obreira de maio en Paris. E que meses antes, o 15 de xaneiro, comezou a folga universitaria de Santiago de Compostela, iniciada en Ciencias e que se alargara a outras facultades, prolongándose as mobilizacións e paros masivos ate o 2 de maio, desafiando a ditadura franquista.

Continue reading

Non Xove Nuclear! Cando Fenosa recuou ante o povo

O 10 de abril de 1977, un domingo, hai agora corenta anos, realizouse a marcha contra o proxecto de Fenosa de construír unha central nuclear en Regodela, no concello de Xove, na Mariña luguesa. A convocatoria da mobilización foi asumida polas Comisións Labregas (que despois se denominarían Sindicato Labrego Galego). A marcha contou asemade co apoio activo dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), así como do conxunto do “movemento nacional popular galego (MNPG)”, ou sexa: ANPG, ERGA, SOG, etc.

Continue reading

Un debate histórico, ruptura ou transición

Sen dúbida 2016 é un ano ateigado de novas que dan para facer unha extensa reflexión e un bo artigo. Neste curto período podemos destacar: a pequena guerra mundial en Siria, que a esta altura xa ten gañadores, e non precisamente o imperialismo hexemónico; o retroceso dos governos progresistas na América Latina; as convulsións internas do capitalismo que marcan un cambio de tendencia no proceso de globalización (Brexit, triunfo de Trump, resultado do referendo en Italia); os múltiples indicios de que a crise volve; e uns resultados nas eleccións galegas que dan unha nova oportunidade ao BNG. Agora ben, como coido que estes temas foron abondo tratados e seguirémolos debatendo o vindeiro ano, permítame o lector/a que retroceda catro décadas e lembre algúns acontecementos na Galiza daquel tempo. 1976 foi, xunto con 1977, un ano chave, de conxuntura. Entendendo como tal un período de forte disputa no que estaba morrendo unha etapa e nacendo outra que responde mellor á correlación de forzas do momento, polo que pode implicar tanto un avance como un recuar social e democrático. Do pasado sempre se aprende, especialmente cando se refuga reproducir mecanicamente as alternativas para enriquecer a análise.

Continue reading

Fronte e interclasismo

Acotío escoitamos a moitos analistas, xornalistas, e mesmo activistas da esquerda marxista, dar por certo que as frontes son organizacións interclasistas. Esquecen que as frontes xurdiron como alianzas entre clases e camadas sociais en situacións extremas e con obxectivos moi concretos, por exemplo, para acadar a liberación nacional en China e Viet-Nam, ou para evitar o avance do fascismo en Europa. A súa necesidade é táctica ou para unha determinada etapa, durante a cal os partidos aliados (e activistas individuais) converxen nuns obxectivos comúns, mais sen facer deixazon do seu programa estratéxico; dándose as chamadas contradicións no seo do pobo que analizaba Mao. Os partidos da fronte representan as distintas clases sociais ou fraccións destas. Lembremos que as clases e camadas populares, para alén da súa importancia, só existen como suxeito político se contan con partidos de seu que representen os seus intereses estratéxicos.
Continue reading

Enquisas, rupturas evitábeis e liberación nacional e social

Vexo como positiva a incorporación de Xesús Veiga como columnista de Sermos Galiza dixital, xa que sen dúbida é unha persoa con argumentos e que leva moitos anos activo na política galega. Tamén debo dicir que non sempre coincido con el nos obxectivos e no camiño que propón para acadar unha Galiza soberana e con xustiza social. Nomeadamente discrepo na proposta que fai nun artigo da pasada semana, para que o nacionalismo anticolonial supere a negativa deriva electoral da última década e consiga unha maior complicidade social. Asemade, coido que as conclusións que realiza da enquisa do CIS (do ano 2009 e posterior ás eleccións autonómicas) non son as correctas ou, cando menos, pódense tirar tamén outras  ben diferentes.
Continue reading

Vigo e a punta do iceberg

Hai agora trinta anos que a ING, daquela unha organización sindical que practicamente acababa de nacer, se atrevía a convocar dúas xornadas de loita que foron un éxito. Convén lembrar que moitos dos seus militantes estaban curtidos na loita clandestina contra o franquismo, había xente moi moza na súa dirección, poucos tiñan máis de 30 anos, e deles a grande maioría eran obreiros. A primeira destas xornadas foi o 27 de xaneiro e a segunda o mesmo día do mes de xuño. Eran unha resposta ao Pacto da Moncloa, que limitaba os aumentos salariais, e a esixencia dunha solución solidaria fronte á crise económica. Non houbo un seguimento masivo, máxime cando CCOO fixo o imposíbel pra que fracasase, converxendo neste obxectivo cos herdeiros do franquismo; porén, aínda así, fixéronse centos de asembleas, actos e manifestacións en cidades e vilas. Houbo debate, confrontación de ideas, e o nacionalismo polarizou a sociedade. Sementou conciencia de pobo oprimido e explotado que despois recollería. A convocatoria contou co apoio de ERGA, as CCLL (SLG), da ANPG e da UPG.
Continue reading