Tagalemaña

A Unión Europea e as súas contradicións

As dúas cabezas da Unión Europea andan revoltas. Alemaña, que é a maior economía da UE, xa que ten un PIB de nada menos que 3,263 mil millóns de euros en 2017 (3,934 PPA 2016), conseguiu, despois de moitos atrancos, formar un governo favorábel aos intereses do capital. Mais faino sacrificando o bipartidismo sistémico, que tanto axudou á dar aires de pluralidade a unha democracia formal. O novo governo de Merkel é máis feble que o anterior.

Continue reading

Democracia e governabilidade

Analizando os resultados das eleccións francesas resulta evidente que algo funciona mal no sistema electoral. Esta é a única conclusión á que se pode chegar, tendo un mínimo de sentido crítico, cando a representación parlamentar non expresa fielmente a vontade popular. Un feito moi grave, especialmente cando se comproba que a abstención (57,4%) supera os que votaron, e que un partido obtén o 61% da Asemblea Nacional co 16% dos censados. Non se trata dunha eiva sen transcendencia, xa que afectará á povoación de Francia nos vindeiros anos en todos os aspectos da súa vida, e dado a importancia dese país, a todos os países que integran a Unión Europea.

Continue reading

Crecemento aparente

O economista portugués Carlos Carvalhas deixaba ao descuberto nun artigo, como as estatísticas neste tempo histórico non son moitas veces un espello da realidade, cando se analizan desde unha óptica tradicional. Poñía o exemplo de Irlanda, que ten un dos maiores excedentes comerciais do mundo. Segundo a información sobre o tema, este país exportou en 2016 por valor de 115.479 millóns de euros e importou por 67.251 millóns. Son cifras excepcionais, que se converten nun verdadeiro milagre cando, en plena crise, o PIB foi quen de medrar dende 210 mil millóns de euros en 2012, a 307 mil millóns en 2016. Un aumento do 46% en catro anos! Mais Carvalhas destaca que malia ter Irlanda un PIB por persoa de 65.870 euros (triplica o galego), existe un saldo negativo en materia migratoria.

Continue reading

Dúas ou máis velocidades na UE?

Chama a atención que os partidos de esquerda opinen tan pouco sobre as rectificacións que se lle queren facer aos tratados da Unión Europea, cando están a debater o futuro da Unión os seus máximos representantes políticos. As decisións que se tomen serán da máxima transcendencia en todos os ámbitos. O Acordo de Versalles hai uns días entre Merkel, Hollande, Gentiloni e Rajoy, no que se decidiron por unha saída a dúas ou máis velocidades, de entre as cinco propostas que fixo Juncker, foi axiña rexeitado polo Grupo Visegrád (formado por Polonia, Chequia, Hungría e Eslovaquia). Repito que diante dun choque frontal tan importante, máxime despois do Brexit, da actitude con Grecia e do auxe da extrema dereita populista, non se entende esta pasividade. Unha actitude moi distinta da rapidez coa que se respondeu no seu día ao pacto de Maastricht ou ao acordo de Lisboa, por poñer dous exemplos.

Continue reading

Cando a UE é unha lousa

O pasado venres Grecia viviu a súa terceira folga xeral no que vai de ano. Houbo manifestacións nas principais cidades. O paro foi convocado tanto polos sindicatos do sector privado (GSEE) como público (ADEDY), próximos ao Goberno, así como pola forte corrente sindical PAME, dirixida polo Partido Comunista; sumáronse tamén outras forzas de esquerda. A folga rexeitaba a esixencia da Unión Europea de novas medidas de flexibilidade laboral, e rebaixas nas pensións (que representan o ingreso principal no 51,8% dos fogares) e o aumento das cotizacións para os autónomos. Ademais, o FMI, como parte da Troika, preme para que se manteña a desregulación laboral así como impedir a negociación colectiva despois de que remate o terceiro resgate no ano 2018. Estes requisitos son parte da concesión dunha nova partida monetaria correspondente a este último resgate da economía grega (de 86 mil millóns de euros en total).

Continue reading

Leningrado, o custe do heroísmo

leningrado-guerraO vindeiro oito de setembro, hai agora setenta e cinco anos, as forzas armadas alemás mandadas polo mariscal Ritter von Lebb cercaron a cidade de Leningrado (actualmente só conserva ese nome o distrito próximo a San Petersburgo). Na que fora capital rusa cos zares ficaban asediadas tres millóns de persoas. Mais sería un oso duro de roer para o exército máis poderoso da época, aínda que previamente invadise nun tempo mínimo Bélxica, Holanda e mesmo derrotase unha potencia como era Francia.

Continue reading

A UE non é reformábel

erdogan merkel 1200x-1Reabríronse as negociacións entre Bruxelas e Ancara para a incorporación de Turquía á Unión Europea. Dise que era parte do pacto que asinaran hai uns meses como compensación pola peneira dos refuxiados/as. Mais todo parece indicar que se acelerou como resposta á saída do Reino Unido da UE, para deixar claro diante dunha poboación cansa de axustes, que segue firme a alternativa da Unión. Lembremos que o acordo en materia de visados foi freado en maio, xa que estaba condicionado á derrogación dunha lei antiterrorista que restrinxe dereitos básicos, mesmo de liberdade de información. Varios xornalistas foron detidos por denunciar a colaboración de Ancara coa Fronte Al Nusra e pola importación de petróleo das zonas controladas polo Daesh.

Continue reading