Page 2 of 257

Un debate que vai alén das pensións

Resulta difícil de entender que, coas eleccións municipais tan próximas, o PP non fixese un intento serio de neutralizar as protestas dos/as pensionistas. Por exemplo, comprometéndose Rajoy no debate parlamentar a un aumento das pensións igual ao IPC, e e algo maior nas que son máis baixas. Non foi así e reafirmouse nos seus argumentos tradicionais. Sobre todo en que na creación de máis emprego está a solución.

Continue reading

Salarios, xénero e desigualdade

Non hai dúbida ningunha que a convocatoria do pasado 8 de marzo, da folga de mulleres a nivel mundial, tivo a virtude de colocar o debate sobre a desigualdade entre xéneros e da violencia contra a muller en primeiro plano. Neste aspecto, a xornada foi un éxito e marca un pulo cualitativo histórico en relación a este tema. Ademais, resulta evidente que o paro chegou a moitas empresas por efecto da convocatoria sindical (neste aspecto debo destacar o papel da CIG). A folga foi superior ao esperado, mais non foi un paro xeral; semellouse máis ás xornadas de loita, como as que convocaba a ING hai catro décadas. Estas accións combinaban paros, concentracións e mobilizacións, xa que tiñan como finalidade axitar e centrar o debate no aspecto laboral, e situar o nacionalismo como alternativa. Neste caso, a convocatoria conseguiu dar un salto cualitativo na divulgación da problemática de xénero e de que se debe tratar como unha cuestión prioritaria.

Continue reading

Ensinanzas do 8 de marzo

A xornada de mobilización co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora foi todo un éxito no noso país. O paro superou o esperado, e as manifestacións foron masivas. Os medios, que tiveron un papel importante na difusión da convocatoria, tiñan razón ao dicir que a desigualdade salarial e a violencia contra a muller xa estaba colocada no centro do debate antes da data, garantindo o éxito. É verdade, mais o fundamental é que as reivindicacións son xustas. Realizouse unha intensa campaña polo feminismo, e especialmente polos sindicatos e partidos de esquerda (destacando o ámbito do nacionalismo na Galiza), que foron as que levaron a acción de protesta a todas as empresas e vilas.

Continue reading

O Catecismo do labrego

Hai agora 130 anos que se publicou en sete entregas o Catecismo do Labrego, en Ourense, no xornal O Tío Marcos d’A Portela. Este libriño, obra do escritor e xornalista Valentín Lamas Carvajal, nado nesta cidade en 1849, tivo unha grande repercusión na época, como reflicte o feito das múltiples reedicións do mesmo. Para min tivo un gran valor, porque foi o primeiro libro en galego que lin de pequeno, logo de chegar con cinco anos a Bos Aires en 1951, coa miña nai e unha irmá, onde nos reuníramos co meu pai que emigrara uns anos antes.

Continue reading

Hai moito que aprender deste oito de marzo

A xornada de mobilización a nivel mundial do pasado 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, e que tan importante eco tivo no noso país, merece máis dunha análise e comentario. Para alén de que os medios lle deron unha cobertura importante, tanto previamente como o propio día, non hai dúbida de que as organizacións feministas, e especialmente as centrais sindicais e partidos de esquerda, fixeron un gran esforzo para asegurar o éxito da xornada. Destacando ademais na Galiza o papel neste aspecto do nacionalismo sindical e político. Mais o aspecto principal que non se pode obviar, é que son reivindicacións xustas, que denuncian e buscan rematar con situacións de desigualdade e violencia de xénero que son inadmisíbeis.

Continue reading

Lois Obelleiro: Lembranza dun camarada excepcional

Cúmprese unha década do falecemento de Lois Obelleiro Piñón. No acto organizado daquela na súa homenaxe, mentres os gaiteiros tocaban o antigo himno do Reino de Galiza, escoitei numerosas verbas de agarimo e dor. Mesmo a moitos caeunos algunha bagoa pola emoción do momento, polo camarada co que compartíramos anos de loita contra a ditadura e desexos de cambios profundos que non chegaron coa democracia, e polos que seguimos loitando. Era a tristeza que causa a perda dun compañeiro e amigo, aínda que el foi dos que deixou semente. O aprecio e respecto por Lois Obelleiro amosouse no milleiro de persoas que acudiron a aquel acto de recoñecemento e despedida (máis do primeiro que do segundo), tanto por parte de familiares, como de veciños/as e persoas do ámbito do nacionalismo, vidos de todos os recunchos da Nación Galega.

Continue reading

Que foi da iniciativa e da política de masas?

Non hai dúbida ningunha que o capital, ademais de ter a hexemonía no Estado español, tamén posúe a iniciativa, xa que a clase traballadora e os movementos de liberación nacional están á defensiva. Asemade, o independentismo catalán, tendo a virtude de propoñer cambios sistémicos necesarios, a medida que afondou no procés foi perdendo forza, xa que a folla de ruta que escolleu deixou en evidencia que non se daban as condicións para concretar os obxectivos ao ritmo que se propuña (correlación de forzas insuficiente e eivas do suxeito para dirixir a ruptura, como teño analizado en artigos anteriores). En todo caso, o resultado do procés, aínda que siga mantendo a súa pegada, tal como se está a desenvolver contribúe a que o imperialismo reforce a iniciativa en todos os planos.

Continue reading