traballo

O FMI e as pensións

Xullo 27th, 2017  |  Published in| the_category neoliberalismo, sociedade, traballo

O informe do FMI sobre o Estado español recoméndalle ao Goberno que non actualice as pensións, e que limite o incremento nun 0,25% anual, co argumento do déficit. Unha situación que calculan seguirá ate o ano 2022. Isto implicaría unha perda de 7% para os/as pensionistas, por mor da inflación acumulada. Esta institución internacional reforza así a liña regresiva que o PP vén aplicando dende que se impuxo o Índice de Revalorización. Na mesma postura defensora dos intereses do capital, o FMI aposta pola prolongación da vida laboral e porque se incentiven métodos de aforro complementario, léase plans privados de xubilación.

Read the rest of this entry »

Conflitividade laboral, loita e traizóns

Xullo 15th, 2017  |  Published in| the_category mov.obreiro, traballo

Dicíame un dirixente sindical do transporte da CIG, que hai seis anos que non se negocia o convenio do sector da provincia de Pontevedra. Como consecuencia, un condutor/ra gaña 900 euros brutos ao mes. Ese mesmo día, un condutor de camións de mercadorías comentábame nun bar do barrio, que o seu salario era algo superior polos pluses de perigosidade. Porén, non deixaba de ser insuficiente para facer fronte aos gastos. Mais onde ía ir el con máis de 55 anos? Deseguido preguntábase onde estaban os sindicatos. Eu respondíalle que non todos eran iguais. E el recoñecía que moitos traballadores e traballadoras non denunciaban e aceptaban condicións laborais indignas, por medo a non conseguir emprego ou temor a perdelo, freando así a acción sindical.

Read the rest of this entry »

A conflitividade laboral colle folgos

Xullo 11th, 2017  |  Published in| the_category economía, mov.obreiro, traballo

Aínda que a actual vaga de conflitos laborais comezou o pasado xuño, todo indica que están a acadar a súa maior extensión no mes actual. É algo que chama a atención, xa que coas vacacións reláxanse as tensións derivadas das relacións dentro da empresa. Este ano non é así, o que reflicte a agudización das contradicións traballo-capital, malia que as estatísticas amosen unha caída do desemprego, así como unha mellora entre as familias que teñen atrancos pra chegar a final de mes. O medre da conflitividade pon en cuestión estes dados. Ou cando menos, deixa en evidencia que non reflicten correctamente a situación dunha boa parte da sociedade, e que a precarización nas súas diversas variantes está a abranguer todos as actividades.

Read the rest of this entry »

Auxe da mobilización obreira

Xuño 29th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, mov.obreiro, neoliberalismo, traballo

Hai cuestións que afectan todos os aspectos da vida das persoas, como as relativas ás condicións laborais, o desemprego, as pensións, os servizos públicos, e os ecosistemas, a cultura e lingua. Mais, ás veces son colocadas nun segundo plano. Especialmente cando a noticia vai para alén do problema, e se teme que sirva de exemplo e dea pulo á mobilización. Nas últimas semanas resulta difícil obviar o aumento das accións reivindicativas da clase obreira, a prol de traballo digno e do aumento dos salarios.

Read the rest of this entry »

Solidariedade, xustiza e esforzo

Xuño 13th, 2017  |  Published in| the_category economía, publico, traballo

Foi noticia destacada, que se vai conceder unha renda básica universal a mil persoas nun barrio de Barcelona, con fundos achegados pola Unión Europea. Experiencias igual de reducidas estanse a realizar noutros países da UE, por exemplo en Finlandia. A contía total sería duns cinco millóns de euros, ou sexa rente de 400 euros por persoa ao mes. Chama a atención o reducido que é o colectivo “beneficiado” así como a subvención recibida, tendo en conta que ademais se lle descontarían as outras axudas que reciban.

Read the rest of this entry »

A unidade, para que e con quen?

Xuño 2nd, 2017  |  Published in| the_category mov.obreiro, traballo

Dáse a coincidencia de que as tres grandes centrais sindicais de Galiza están nestes días realizando congresos, nos que renovan en boa medida as súas direccións. Así e todo, o que máis chama a atención é que dende as fileiras de CC.OO. e UGT, nas roldas de prensa se poña o acento na cuestión da unidade sindical, en claro ton de reproche á CIG. Lembremos que entre as dúas centrais estatais existe dende hai décadas unha alianza no fundamental, para alén dalgunhas diverxencias conxunturais ou circunscritas ao ámbito das empresas ou ao sectorial.

Read the rest of this entry »

1977: os 25 días de folga de PLANOSA

Xuño 1st, 2017  |  Published in| the_category Historia, mov.obreiro, traballo

Planosa era unha empresa do sector químico, pertencente ao grupo Rumasa, que producía elementos plásticos para vehículos, desde volantes e salpicadeiros até mangueiras. Ficaba en Vigo, na rúa Bailén, na zona da Travesía de Vigo. O cadro de persoal da fábrica era de 120 persoas, cun número de homes algo superior ao de mulleres.

Read the rest of this entry »

A loita obreira segue viva

Maio 23rd, 2017  |  Published in| the_category américa latina, mov.obreiro, traballo

Na información, os grandes medios dánlle pouca importancia aos conflitos laborais e reivindicacións sindicais. Porén, na práctica as protestas ligadas ás condicións de traballo van en aumento coa globalización neoliberal. E no caso concreto de Galiza, constitúen máis da metade das mobilizacións rexistradas. Pode que non conten co mesmo arroupe político que hai unhas décadas, e que as protestas non estean tan ligadas a un proxecto político e a unha folla de ruta común da clase traballadora. Mais, aínda sendo accións defensivas e pouco estruturadas, non deixan de ser transcendentes. Máxime se temos en consideración o seu número, o grao de participación, e que reflicten problemas que atinxen a máis do 80% da povoación activa, así como indirectamente a pensionistas, dependentes, desempregados, e afectan á demografía.

Read the rest of this entry »

Pleno parlamentar: o ovo e a galiña

Maio 19th, 2017  |  Published in| the_category mov.obreiro, política, traballo

Visualicei o vídeo do último debate do Pleno do Parlamento Galego, como facía habitualmente hai anos cando tiña responsabilidades políticas-sindicais, para analizar, rectificar, mellorar. Neste Pleno, o presidente da Xunta respostou ás diversas preguntas que lle fixeron os grupos da oposición. Foi unha discusión tensa, centrada nunha primeira parte na cuestión do emprego. Un debate co PSOE, e en menor medida co BNG, e na que se tratou unha cuestión que é prioritaria para o 80% da povoación galega, tanto a activa como a pasiva. Diante da evidencia da alta taxa de desemprego no país, Núñez Feijóo usou, para se defender, unha ringleira de dados estatísticos, tanto da EPA como das afiliacións á Seguridade Social. Nomeadamente, destacou como algo positivo termos un ritmo de crecemento do PIB igual ou superior á media do Estado español, unha taxa de paro inferior, e que se o comportamento non foi mellor, seica se debeu ao decrecemento da povoación activa por mor das políticas realizadas durante a década dos 90 do século pasado, que esmagaron a natalidade.

Read the rest of this entry »

Non chega cunha moción de censura

Maio 5th, 2017  |  Published in| the_category democracia, neoliberalismo, sociedade, traballo

A presentación por parte de Unidos-Podemos dunha moción de censura contra o Governo central puxo nerviosos a todos os partidos sistémicos, a comezar polo PP. Este, a través dos medios de comunicación que controla, quixo desviar os tiros sabendo que será un trago amargo para Rajoy. Quere evitar que se deteriore aínda máis a imaxe dos “populares” diante da sociedade, mesmo que non saia adiante a censura. Por esta razón, os moitos opinadores da súa órbita e dirixentes do partido saíron en tropel e están a utilizar como argumento que se trata dunha “OPA” hostil contra o PSOE e Ciudadanos, dando a entender que o PP é unha vítima colateral e circunstancial. Como base para esta hipótese, axúdalles que tanto o PSOE como Ciudadanos desbotaron axiña unha moción de censura, que ademais cualifican como unha teatralización de Pablo Iglesias que ten como única finalidade gañar protagonismo nos medios. Para eles sería abondo cunha comparecencia de Rajoy en comisión parlamentar con esta finalidade.

Read the rest of this entry »

A crise é cousa do pasado?

Abril 11th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

Que se manteña a creación de emprego é un dado positivo. Mais non se pode ignorar que en boa medida é traballo temporal, ou a tempo parcial, e con salarios moi baixos. Daquela que o Estado español, e Galiza, teñan o triste mérito de seren un dos territorios con maior desigualdade de Europa. Como dado alarmante, un 13,1% dos asalariados/as e un terzo dos nenos e nenas están en risco de pobreza. Razón pola que Bruxelas alertou o Governo central de que este crecemento non é o máis axeitado. Claro que, pra ser equilibrado na análise, non se pode ignorar que a UE por unha banda recoñece estas eivas, e pola outra, impón medidas que contribúen á concentración e centralización da riqueza e do poder.

Read the rest of this entry »

A diferenza cualitativa (tamén na política) está na soberanía e no reparto

Abril 7th, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, neoliberalismo, traballo

A primeiros deste ano, o PIB do Estado español e da Galiza recuperou os valores de antes da crise. Daquela que o Governo central considere que a crise é parte do pasado. Segundo esta análise só quedarían algúns flocos, como a alta taxa de desemprego. O aumento da desigualdade, por mor das medidas neoliberais, asúmese coma un custe engadido nunha economía máis competitiva, máis produtiva. Daquela que consideren a expansión da precariedade como necesaria para manter o emprego nos sectores “menos competitivos”, e polo tanto que o PP defenda con unllas e dentes a efectividade da contra-reforma laboral que aprobou no inicio da lexislatura anterior.

Read the rest of this entry »

As estatísticas confirman a desigualdade

Abril 6th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

O PP goberna na Xunta sen maiores problemas. A oposición institucional non é quen de recoller totalmente o descontente e a protesta social e laboral. Non será porque a esquerda se afastou da clase traballadora? Para alén de como responda cada quen a esta pregunta, o certo é que a cuestión do desemprego e da economía familiar son centrais en todas as enquisas. E que malia o medre do PIB, a precariedade non deixa de medrar, os salarios de baixar, e a xornada laboral real de aumentar. As estatísticas avalan esta percepción, que calquera pode constatar no seu círculo máis próximo.

Read the rest of this entry »

Algunhas consideracións encol da robotización

Marzo 24th, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, neoliberalismo, traballo

Sendo verdade que se están a acelerar os cambios na produción, non se pode ignorar que o avance tecnolóxico, a chamada revolución da información e da robotización, hai tempo que comezou, e xa podemos tirar algunhas ensinanzas deste período. Lembremos que cando se iniciou había quen teorizaba sobre o fin do traballo, e desde a socialdemocracia europea, augurábase un mundo de lecer. Porén, nunca traballou tanta xente. E ademais, a xornada laboral media, segundo o sector e o país, ou se estancou ou se ampliou. Non chegou o fin do traballo. Outra cuestión é como se reparte este no mundo, e dentro de cada nación.

Read the rest of this entry »

Economía e igualdade de xénero

Marzo 23rd, 2017  |  Published in| the_category economía, sociedade, traballo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un documento do Fundo Monetario Internacional (FMI) destaca que a igualdade entre homes e mulleres fortalece a economía. Aporta un argumento máis para rexeitar todo tipo de discriminación de xénero. Aínda que, para alén desta valoración, tampouco pode existir un trato desigual por motivos de raza, orixe, etc. Isto é o fundamental, o xusto. No traballo só se deben considerar os aspectos profesionais. Engade o FMI que a incorporación da muller á empresa compensa o avellentamento da poboación, algo obvio.

Read the rest of this entry »