CategorySen clasificar

Moncho Reboiras, morto porque Galiza viva

1977 08 12 cartaz upg, moncho reboiras q(ver)Moncho Reboiras Noia criárase en Teis, un dos barrios máis populares de Vigo, moi preto da factoría Vulcano. Polo seu traballo de electricista, durante a década dos 70 viviu tamén noutras cidades galegas. O 12 de Agosto de 1975, foi asasinado pola policía franquista nun portal da rúa da Terra en Ferrol, a poucos metros do edificio do Concello, despois dunha persecución polos tellados de varios edificios. Reboiras era unha persoa nova, tiña 25 anos, de face sorrinte, cun engado persoal evidente, sempre disposto a traballar polo país, a escoitar máis que falar, e que sabía o que quería.

Continue reading

Poñer vinte mil mulleres a parir

A esta conclusión, amplamente divulgada polos medios, chegou o Foro Económico de Galicia, como saída máxica á dramática situación demográfica na Galiza, onde morre moita máis xente que nace. A solución sería “importar” 20.000 mulleres inmigrantes por ano ate o 2050 (700.000 en total), que dende o primeiro intre se adiquen a ter fillos e fillas (non se di como se garante que así sexa, e se asemade contemplan que veñan homes e familia). Como se a cuestión fose tan sinxela e se tratase de algo semellante a ir ao mercado e adquirir galiñas poñedoras. A conclusión é tan ofensiva, tanto para a muller como en particular para as inmigrantes e para a xente do país, e ao mesmo tempo tan simplista e mercantilista, así como de desleixo a respeito das mudanzas de todo tipo que implicaría, que un non pode menos que sentir xenreira. Este Foro con ideas “tan brillantes” seica está integrado por profesores universitarios e investigadores, empresarios e altos directivos, así como xornalistas, segundo informa a páxina web da entidade.
Continue reading

Lingua, identidade e futuro

Malia todos atrancos e a crise, hai en Galiza centos de asociacións culturais e sociais que recrean a música, os cantos, os oficios antigos, a historia, a lingua do país, etc. Existen especialmente nas áreas rurais e nos barrios das cidades. A súa importancia para manter acesa a identidade nacional non ten dúbida. Que sería da nosa cultura sen estas asociacións xurdidas das clases populares? Porén, malia ao inmenso labor que desenvolven, as achegas públicas que reciben son cativas. Aínda máis, as institucións teñen con elas unha actitude cada vez máis remisa, que contrasta coa que hai con outras organizacións de tipo humanitario ou solidario, e que contrasta tamén coas de tipo económico, ou coas da cultura dirixida ás elites.
Continue reading

Abrindo a porta á privatización sanitaria

De xeito silandeiro, estase encetando unha profunda modificación da xestión sanitaria que terá consecuencias gravísimas sobre a calidade da atención aos usuarios. A reforma vai na liña das que xa se fixeron en Valencia, Cataluña e Madrid. As ferramentas para esta modificación son as chamadas Unidades de Xestión Clínica (UXC) que terán sustento nun decreto que está a preparar o SERGAS e que todo indica será aprobado polo Executivo de Núñez Feijóo. Serve de base para esta regresión a modificación da Lei que rexe o uso dos medicamentos, xa que sen ter ningunha ligazón co tema, na disposición adicional quinta o PP inseriu reformas do Estatuto Marco do persoal estatutario, de xeito que se abre a porta á laboralización do persoal sanitario.
Continue reading

A represión como saída

Para os gobernantes da Unión Europea, dentro da gravidade, todo vai normal. Opinan deste xeito aínda que moitos países da Unión están en recesión. E, malia que deixan caer bagoas de crocodilo, semella que pouco lles preocupa que medre o desemprego, a precariedade laboral e a pobreza. Bótanse ás culpas os uns aos outros, mais ningún racha coa dependencia perversa da que se laian. Semella un teatro planificado. Para o único que teñen unha sensibilidade especial e para os bancos e as grandes empresas que cotizan en Bolsa. Para estes últimos hai todos os cartos do mundo, porque seica  “beneficia ao conxunto da sociedade”.
Continue reading

A loita de clases nesta conxuntura

A folga xeral do 29 de marzo non deixa a ninguén á marxe, tampouco a aqueles que apoian as medidas do Goberno da dereita. Hainos que afirman que esta folga vai afectar gravemente a economía, e que hai que dar tempo a Rajoy para ver as consecuencias da medida (malia que el mesmo recoñeza que este ano vai a medrar o desemprego en máis de 600.000 persoas). Outros manexan os argumentos contrarios, para conseguir o mesmo fin, e afirman que a folga vai fortalecer aínda máis o Goberno central. En realidade, ambas valoracións non teñen base.
Continue reading

A folga xeral no proceso de cambio

Semella lóxico e coherente que as centrais sindicais convoquen unha folga xeral pra o 29 de marzo, porque o ronsel de medidas que debilitan as condicións de vida das clases populares, ademais de esmagadoras parecen non ter fin. Todo se xustifica coa gravidade da situación económica, porén se comparamos os retrocesos sociais co axuste económico óllase que os primeiros son moito maiores que os segundos. En realidade estase utilizando a diferenza pra pagar as débedas privadas dos bancos e grandes empresas co exterior (por mor da especulación financeira e dos excesos inmobiliarios), mais tamén pra aumentar sen límite os lucros dos grandes patrimonios e os ingresos dos altos executivos. Que no ano 2010, en plena crise, a merca de bens de luxo medrase nun 25% é un exemplo diso.
Continue reading