Sen clasificar

60 anos dunha unión cuestionada

Marzo 30th, 2017  |  Published in| the_category Sen clasificar

Por máis que o intente a burocracia de Bruxelas, tan ben pagada, e tan esencial para que as grandes corporacións e fortunas manteñan a hexemonía, a celebración do 60 aniversario do Tratado de Roma, do que naceu a Unión Europea, non dará máis folgos á globalización neoliberal. Tanto porque as previsións de medre do PIB son modestas, como porque as diverxencias entre os estados que a integran, son cada vez fortes. O triunfo do Brexit é unha demostración práctica, máxime tratándose dun socio tan importante da Unión (e o primeiro no eido financeiro).

Read the rest of this entry »

Brasil, golpe sen armas

Setembro 6th, 2016  |  Published in| the_category américa latina, Internacional, neoliberalismo, Sen clasificar

Dilma_LulaMalia que a globalización neoliberal aumentou a desigualdade social e entre países, a desfeita da natureza, as guerras e a violencia, as migracións masivas, e vai de crise en crise, as clases dominantes seguen tendo a iniciativa, e polo tanto unha correlación de forzas moi favorábel. E iso acaba de se reflectir máis unha vez co golpe parlamentar que destituíu Dilma Rousseff no Brasil. Non é un caso único, procesos semellantes xa se deron en Honduras e Paraguai, e todo amosa que se está desenvolvendo un guión semellante en Venezuela. Noutras partes do mundo, nos estados que formaron parte no seu día do chamado socialismo real, o golpe adquire a forma de revolución de cores, como en Xeorxia e na Ucraína.

Read the rest of this entry »

Superar as eivas para avanzar

Xaneiro 9th, 2016  |  Published in| the_category militarismo, país, política, Sen clasificar, soberania

2008 07 25 compostela manifestacion dia da patria 1000209Se hai algo das pasadas eleccións xerais do que debería tomar nota a dirección do BNG, é que o descenso electoral desta fronte non é por mor das siglas, nen por non presentar candidaturas “unitarias” feitas á medida da conxuntura. Tampouco semella que sexa consecuencia da actitude da militancia. Abonda con ollar para os resultados das municipais, onde o traballo de base foi fundamental (aínda que o batacazo nas cidades, agás Pontevedra e algunha vila importante, reflectía un problema de imaxe da fronte). Nestas xerais hai mesmo quen lle bota a culpa ao povo (que seica está moi españolizado). Mais, se non houbo receptividade, sería por razóns que a dirección debe considerar e solucionar. Non hai tanto tempo que o BNG superaba o 20% dos votos. Daquela facíase unha valoración moi distinta. Por outra banda, hai década e media que a fronte retrocede en votos. Cómpre logo considerar todo o período, e para alén do electoral.

Read the rest of this entry »

No governo de Rajoy fortaleceuse a explotación

Decembro 17th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

2012 10 04 vigo cig P1150845Facer unha fotografía do que supuxeron para a clase traballadora estes catro anos de Governo do PP implica analizarmos, tanto a evolución das condicións laborais, como da presión fiscal e dos servizos e prestacións públicos, porque todos eles forman parte dos ingresos líquidos dos asalariados e asalariadas, directa ou indirectamente. A cuestión laboral é central. Especialmente, como se reparte o valor engadido entre o traballo e o capital, xa que se trata da cerna da explotación e do control do poder político. Vexamos pois cal é o resultado para as condicións laborais nestes catro anos de governo de Mariano Rajoy (e Núñez Feijóo).

Read the rest of this entry »

Contextualizar as eleccións

Novembro 24th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

galiza_nacion_logo800Os procesos electorais sempre teñen importancia, aínda que os partidos que fan do institucional o esencial normalmente dramatizan máis o próximo no calendario, co obxectivo de obter a atención social e mobilizar o voto a prol das súas propostas. Non hai dúbida que estas consultas son fundamentais porque a cidadanía ten nas súas maus a posibilidade de mudar a correlación de forzas institucional, pra fortalecer ou cambiar a situación. Polo tanto, sendo esencial a mobilización social e a loita das ideas pra que se teñan en consideración os intereses da maioría, ou sexa das clases populares, esta postura ten que se ver despois reflectida nas institucións políticas. E neste contexto, o único instrumento pra que sexa así é o voto. Mais, tampouco se poden ignorar os límites, xa que os procesos lectorais están condicionados polos donos do diñeiro e outros poderes fácticos.

Read the rest of this entry »

Moncho Reboiras, morto porque Galiza viva

Agosto 12th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

1977 08 12 cartaz upg, moncho reboiras q(ver)Moncho Reboiras Noia criárase en Teis, un dos barrios máis populares de Vigo, moi preto da factoría Vulcano. Polo seu traballo de electricista, durante a década dos 70 viviu tamén noutras cidades galegas. O 12 de Agosto de 1975, foi asasinado pola policía franquista nun portal da rúa da Terra en Ferrol, a poucos metros do edificio do Concello, despois dunha persecución polos tellados de varios edificios. Reboiras era unha persoa nova, tiña 25 anos, de face sorrinte, cun engado persoal evidente, sempre disposto a traballar polo país, a escoitar máis que falar, e que sabía o que quería.

Read the rest of this entry »

Poñer vinte mil mulleres a parir

Xullo 11th, 2014  |  Published in| the_category Sen clasificar

A esta conclusión, amplamente divulgada polos medios, chegou o Foro Económico de Galicia, como saída máxica á dramática situación demográfica na Galiza, onde morre moita máis xente que nace. A solución sería “importar” 20.000 mulleres inmigrantes por ano ate o 2050 (700.000 en total), que dende o primeiro intre se adiquen a ter fillos e fillas (non se di como se garante que así sexa, e se asemade contemplan que veñan homes e familia). Como se a cuestión fose tan sinxela e se tratase de algo semellante a ir ao mercado e adquirir galiñas poñedoras. A conclusión é tan ofensiva, tanto para a muller como en particular para as inmigrantes e para a xente do país, e ao mesmo tempo tan simplista e mercantilista, así como de desleixo a respeito das mudanzas de todo tipo que implicaría, que un non pode menos que sentir xenreira. Este Foro con ideas “tan brillantes” seica está integrado por profesores universitarios e investigadores, empresarios e altos directivos, así como xornalistas, segundo informa a páxina web da entidade.
Read the rest of this entry »

Lingua, identidade e futuro

Maio 16th, 2014  |  Published in| the_category Sen clasificar

Malia todos atrancos e a crise, hai en Galiza centos de asociacións culturais e sociais que recrean a música, os cantos, os oficios antigos, a historia, a lingua do país, etc. Existen especialmente nas áreas rurais e nos barrios das cidades. A súa importancia para manter acesa a identidade nacional non ten dúbida. Que sería da nosa cultura sen estas asociacións xurdidas das clases populares? Porén, malia ao inmenso labor que desenvolven, as achegas públicas que reciben son cativas. Aínda máis, as institucións teñen con elas unha actitude cada vez máis remisa, que contrasta coa que hai con outras organizacións de tipo humanitario ou solidario, e que contrasta tamén coas de tipo económico, ou coas da cultura dirixida ás elites.
Read the rest of this entry »

Abrindo a porta á privatización sanitaria

Novembro 13th, 2013  |  Published in| the_category Sen clasificar

De xeito silandeiro, estase encetando unha profunda modificación da xestión sanitaria que terá consecuencias gravísimas sobre a calidade da atención aos usuarios. A reforma vai na liña das que xa se fixeron en Valencia, Cataluña e Madrid. As ferramentas para esta modificación son as chamadas Unidades de Xestión Clínica (UXC) que terán sustento nun decreto que está a preparar o SERGAS e que todo indica será aprobado polo Executivo de Núñez Feijóo. Serve de base para esta regresión a modificación da Lei que rexe o uso dos medicamentos, xa que sen ter ningunha ligazón co tema, na disposición adicional quinta o PP inseriu reformas do Estatuto Marco do persoal estatutario, de xeito que se abre a porta á laboralización do persoal sanitario.
Read the rest of this entry »

Idioma e igualdade de trato

Maio 24th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

De pouco valen os dereitos se despois non se garanten na sociedade, e iso é o que acontece co idioma galego, malia ser a lingua propia de Galiza. Por esta razón as verbas de Feijóo, afirmando que defende un galego amábel (como fixo o Día das Letras Galegas), non son máis que palabras baleiras de contido que se empregan como escudo pra agochar a realidade, xa que esquece intencionadamente o proceso histórico e o contexto no que sempre está mergullada toda linguaxe.
Read the rest of this entry »

Salarios e competencia

Maio 6th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Cunha teimosía nunca vista a patronal e os xeradores de opinión repiten a cotío que hai que baixar os salarios para facer competitiva a economía e daquela voltar a crear emprego. Mesmo botan a culpa da situación actual ao excesivo consumismo das familias (por suposto da clase traballadora) e a uns gastos públicos que vía impostos encarecen os produtos en relación aos nosos competidores. Se fora deste xeito terían razón, e as propostas que fan serian correctas, para poder competir con éxito nun mercado globalizado no que o recurso á devaluación da moeda para baixar os prezos é imposíbel desde a entrada na eurozona.
Read the rest of this entry »