publico

Solidariedade, xustiza e esforzo

Xuño 13th, 2017  |  Published in| the_category economía, publico, traballo

Foi noticia destacada, que se vai conceder unha renda básica universal a mil persoas nun barrio de Barcelona, con fundos achegados pola Unión Europea. Experiencias igual de reducidas estanse a realizar noutros países da UE, por exemplo en Finlandia. A contía total sería duns cinco millóns de euros, ou sexa rente de 400 euros por persoa ao mes. Chama a atención o reducido que é o colectivo “beneficiado” así como a subvención recibida, tendo en conta que ademais se lle descontarían as outras axudas que reciban.

Read the rest of this entry »

Orzamento e salario mínimo

Decembro 9th, 2016  |  Published in| the_category economía, publico, traballo

Aumentar o salario mínimo nun 8%, incrementar unha milésima máis do previsto a capacidade de gasto para as nacionalidades e autonomías, e con seguridade, algunha outra “cesión” menor do PP, son as escusas que necesitaba o PSOE. E deste xeito poder cumprir a súa parte dos compromisos do axuste coa Unión Europea e as grandes corporacións empresariais. Non é unha novidade, este foi o guión que seguiu con González e Zapatero cando exerceron o governo, e a razón para botar a Pedro Sánchez da dirección do partido. Seguramente tamén lle darán algunha compensación a Ciudadanos, para que se gabe da súa capacidade de presión diante dos seus seguidores e asegurar o apoio incondicional que lle vén prestando ao PP. Polo tanto, a dereita ten garantida a aprobación das contas globais dos orzamentos para 2017.

Read the rest of this entry »

Podemos súmase ao tacticismo

Abril 23rd, 2016  |  Published in| the_category publico, sociedade

reunion-iglesias-y-garzonDicía hai varios meses que a opción dun acordo entre o PSOE e Podemos tiña iguais posibilidades que unhas novas eleccións. Mais tal como van as cousas, semella que este último será o escenario definitivo, e que en xuño se volva votar. Mais, a menos que mude moito o estado de ánimo da xente, e polo tanto a inclinación do voto, a media das enquisas non augura cambios significativos no Congreso. Se así fose, as eleccións non resolverían ren. A menos que a suma do PP e Ciudadanos permitan a constitución dun goberno continuísta. Neste caso, as novidades serían algunhas medidas contra a corrupción. O problema é: como se pode conseguir isto, para alén do que digan os acordos, mentres se alenta a preeminencia do privado sobre o público, e se ceden ou eliminan os controis sobre a economía? Tampouco se poden desbotar algunhas medidas contra a emerxencia social, que sirvan de escusa para continuar coa regresión laboral, a privatización da sanidade e ensino, e rebaixar as pensións a un carácter asistencial, e reducir as competencias reais das autonomías e nacionalidades.

Read the rest of this entry »

O público é máis xusto, e barato

Abril 2nd, 2015  |  Published in| the_category economía, publico

2007 04 02 vigo servizos1138Segundo os medios, o BNG acordou que os eixos do seu programa nas eleccións municipais sexan: garantir un carácter universal aos servizos públicos e re-municipalizar os que teñan xestión privada. É unha decisión positiva, xa que a privatización non implicou un aforro económico e moito menos garantiu unha mellora. Segundo o informe de fiscalización do sector público, elaborado polo Tribunal de Contas, no ano 2011 o servizo de limpeza viaria en pobos e cidades no Estado español tiña un custe medio de 27,83 euros por habitante cando está privatizado, e de 16,23 cando se xestiona directamente polos concellos. Na recollida do lixo, o custe era de 53,9 euros/habitante na xestión privada, e de 37,54 euros cando esta era pública. As diferencias entre a xestión privada e pública son máis grandes canto maior é a poboación afectada.

Read the rest of this entry »

Matar o mensaxeiro

Marzo 3rd, 2015  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, publico

congreso españaO debate do “estado da nación”, a española, non deu moito de si, cun Governo amurallado na mellora dalgúns datos macro-económicos e prometendo tres millóns de empregos máis se repite na próxima lexislatura (como xa fixo e non cumpriu na anterior campaña, garantindo 3,5 millóns). Na outra banda, a oposición criticando as eivas da xestión e, especialmente, a situación dramática na que se atopan millóns de familias, por mor dunhas políticas feitas á medida do capital, e unha corrupción que atinxe sectores moi amplos dos partidos sistémicos e do mundo empresarial.

Read the rest of this entry »

Rebaixa fiscal: a quen beneficia?

Xullo 1st, 2014  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, publico

Cristóbal Montoro acaba de anunciar unha reforma fiscal que presentou como unha rebaixa impositiva pra maioría das familias. Resulta evidente que esta medida ten como finalidade procurar a complicidade das persoas beneficiadas pola modificación, coa vista posta nos procesos electorais do ano 2015. Pra alén de cal sexa a razón pra esta reforma, e que en realidade se poda considerar como tal, xa que non son máis que rectificacións do actual sistema, o realmente importante é se ten un carácter progresista, ou sexa, se favorece as clases populares, ou máis unha vez é funcional aos que acumulan riqueza e poder.
Read the rest of this entry »

Privatización e recortes no SERGAS

Abril 15th, 2014  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

A Xunta de Galiza aprobou o 24 de marzo o Decreto de Xestión Clínica, sen atender á oposición das centrais sindicais con representación na sanidade, nen o Informe do Consello Consultivo que coida que o texto “está cheo de ambigüidades e de aspectos claramente negativos (…) que son especialmente rechamantes no relativo a Recursos Humanos, ao manexo de recursos económicos e nos sistemas de avaliación”. Deste xeito a Xunta bota adiante as Áreas de Xestión Clínica (AXC), malia o rexeitamento dos traballadores e traballadoras, que ficara demostrado no importante apoio á folga de dous días no mes de decembro, e na morea de manifestacións que se desenvolven dende hai meses.
Read the rest of this entry »

O triunfo da teimosía

Febreiro 4th, 2014  |  Published in| the_category europa, neoliberalismo, publico, sociedade

Que o Governo de Madrid tivese que desistir da privatización dos hospitais e centros de saúde é sen dubida unha vitoria para o conxunto dos pobos que integran o Estado español. Outro tanto cómpre dicir do acontecido no barrio do Gamonal en Burgos. Ten importancia, porque se dá no centro xeográfico do poder político das clases dominantes, e porque ademais atranca unha vía esencial no proceso de concentración e centralización da riqueza para aumentar as taxas de lucro: a privatización dos servizos públicos.
Read the rest of this entry »

Privatización no SERGAS

Xaneiro 22nd, 2014  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

Por se non abondase coa futura privatización de certos servizos pola porta de atrás, por exemplo no novo hospital de Vigo, co argumento de que non son atención sanitaria directa, ou no intento de abrir ese camiño coa creación das Areas de Xestión Sanitaria, súmaselle agora a privatización do servizo de esterilización hospitalaria. O concurso saíu publicado no Diario Oficial da Unión Europea o pasado 2 de xaneiro. Neste caso, co agravante que se fai con nocturnidade, por segunda vez; ou sexa, con total descoñecemento do persoal sanitario, das centrais sindicais e da sociedade, e á marxe de calquera consulta aos profesionais e de debate político. Unha información e debate previo necesario dada a importancia da medida pra o futuro dun servizo público esencial.
Read the rest of this entry »

Privatización sanitaria con nocturnidade

Xaneiro 21st, 2014  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

Malia que unha e outra vez Núñez Feijóo nega que se vaia privatizar, total ou parcialmente, o sistema sanitario galego, o certo é que de vagar vanse dando pasos neste sentido. Un exemplo é o novo hospital de Vigo, no que as empresas privadas que o constrúen xestionaran despois certos servizos. Segundo a Conselleira de Sanidade, como estes non atinxen a atención sanitaria directa, non se trata dunha privatización, aínda que hoxe sexan prestados polo SERGAS e se trate de servizos necesarios pra atención sanitaria. Ademais, o custe final máis que dobra o que tiña en principio sendo toda a xestión pública. En resumo, xógase coas palabras pra disfrazar a entrega de servizos públicos á empresa privada, coa única finalidade de utilizar as necesidades humanas máis esenciais pra obtención de lucro.
Read the rest of this entry »

O cobiza quere devorar a sanidade pública

Novembro 25th, 2013  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

No mes de maio do ano 2012, segundo recollían os xornais, o presidente da Xunta de Galiza manifestaba que estaba disposto a privatizar na sanidade todo aquilo que non fose o “núcleo duro”, de xeito que nos hospitais, só a xestión clínica se realizase con medios públicos. Agora, coa  proposta de constituír Unidades de Xestión Clínica ((UXC) pódese dicir que tamén para ese “núcleo duro” estanse dando pasos para a súa privatización. E o primeiro paso, para alén do copago dos remedios que castiga as familias con menos ingresos e os enfermos crónicos, todo indica que é fragmentar o servizo sanitario en unidades autónomas, as UXC. Estas unidades non só xestionarán a actividade sanitaria; tamén uns determinados fondos económicos. Do aforro na xestión dependerán os incentivos dos profesionais da saúde, en poucas palabras: canto menos persoal e gasto en pacientes, máis incentivos.
Read the rest of this entry »

Reforma sanitaria, aforro contra saúde

Novembro 19th, 2013  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

Ao mesmo tempo que se afirma que a crise rematou, aínda que outros menos optimistas falan de que só terminou a recesión económica, xa que os efectos negativos sobre o emprego, salarios e consumo vanse manter “por algúns anos”, o Governo anuncia novas medidas de axuste. Entre elas, algunhas que atinxen a un colectivo tan importante e indefenso como é o dos/das pensionistas. Trátase dunha nova reforma que afecta tanto aos actuais como aos futuros pensionistas, que se suma á xa realizada polo PSOE, e ao copago e á exclusión de moitos remedios esenciais decididos polo Governo do PP. Estas medidas regresivas, que teñen intencionalidade de continuidade, dígase o que se diga hoxe, pretenden converter as pensións nun negocio, alentando ademais os fundos privados e unha maior redución de servizos e prestacións publicas esenciais (polo resto deberase pagar). Ou sexa, un novo paso na transferencia de recursos das clases populares aos grandes grupos económicos e fortunas.
Read the rest of this entry »

Pensionistas na tixola

Setembro 19th, 2013  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

Todos os organismos internacionais do ámbito económico abrazan as teses da globalización neoliberal, ou sexa, están acelerando o proceso de centralización e concentración da riqueza en beneficio da alta burguesía e dos Estados máis poderosos. Nunca como durante este axuste (porque iso é a crise) entre clases sociais e entre países medraron tanto as desigualdades e se enriqueceron as grandes fortunas. A globalización neoliberal permitiu afondar o saqueo de materias primas e enerxía, e coa presión da deslocalización e dunha man de obra de reserva mundial impúxose o dumping social tamén nos países que contaban cun alto nivel de benestar.
Read the rest of this entry »

A saúde no punto de mira

Marzo 29th, 2013  |  Published in| the_category neoliberalismo, publico, sociedade

Ficamos inmersos nun duro reaxuste económico, social e político entre territorios e clases sociais, cuxas consecuencias son unha enorme centralización da riqueza e o poder nos países máis fortes e unha concentración paralela na oligarquía. Para acadar estes obxectivos empréganse todos os medios, como a vía militar, a perda de dereitos laborais e sociais, e a especulación. Tamén se utiliza a corrupción e a economía delituosa, mediante unha asociación perversa entre grandes fortunas e partidos sistémicos. As preferentes, os impostos indirectos, a economía en negro e a enxeñería fiscal consentida aos ricos, ás grandes empresas e altos directivos, xeran un círculo de ferro que afoga a maioría social.
Read the rest of this entry »

De brincadeiras coas contas públicas

Febreiro 21st, 2013  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, publico

O déficit do conxunto das administracións e a débeda pública son moi altos no Estado español, aínda que a débeda privada dobra esta última contía. Polo que o Partido Popular mete presión para rebaixar servizos e prestacións, privatiza a xestión (resultando máis cara a medio prazo) ou sinxelamente as suprime, deixando como único recurso pagar polo servizo. Segundo os resultados do ano pasado reduciuse o déficit público, mais aumenta a débeda, especialmente polos custes do burato bancario. O problema non é polo tanto que existan servizos que están por riba das posibilidades, xa que só cubrir a especulación bancaria tivo un custe de 40 mil millóns. Consecuencias, só no ano 2012 a débeda pública medrou en 145.871 millóns de euros, sumando un total de 882.339 millóns, un 83% do PIB.
Read the rest of this entry »